Zheng Guangzu
Zheng Guangzu (chinés tradicional: 鄭光祖; chinés simplificado: 郑光祖; pinyin: Zhèng Guāngzǔ; Wade-Giles: Cheng4 Kuang1-tsu3), nome de cortesía De Hui 德輝, nado en Pingyang (actual Hongchao, na provincia de Shanxi) no 1260 e finado arredor do 1320, foi un dramaturgo chinés da dinastía Yuan.[1][2] Está considerado un dos catro grandes dramaturgos de Yuan, xunto con Bai Renfu, Guan Hanqing e Ma Zhiyuan.[3]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1260 (Gregoriano) |
Morte | c. 1320 (Gregoriano) (59/60 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Dinastía Yuan |
Actividade | |
Ocupación | dramaturgo |
Obra editar
Zheng Guangzu foi un dos autores máis celebrados do seu tempo. Viviu durante o segundo período de florecemento do zaju 雜劇, a opera chinesa máis popular da dinastía Yuan, e tamén durante o auxe do sanqu 散曲, un xénero poético que destaca polo seu estilo tonal fixo. Xunto con outros dramaturgos, Zheng favoreceu a recuperación do interese polo zaju no sur da China, particularmente en Hangzhou, onde traballou como funcionario.[2]
Atribúenselle dezaoito dramas, dos cales só se conservan oito. Destacan os seguintes:
- Zhougong shezheng 周公攝政 ("A rexencia do duque de Zhou").
- Wang can deng lou 王粲登樓 ("Wang Can ascende a torre").
- Hanlin Fengyue 翰林風月 ("O vento e a lúa na academia de Hanlin").
- Qiannü lihun 倩女離魂 ("O espírito de Qiannü abandona o seu corpo").
O último destes títulos, Qiannü lihun, é o máis coñecido do autor.[2] Inspirou multitude de dramas posteriores, especialmente os da dinastía Ming, como Mudan ting 牡丹亭 ("O pavillón das peonias") de Tang Xianzu.[2]
Notas editar
- ↑ Mair, Victor H. (2001). The Columbia History of Chinese Literature (en inglés). Columbia University Press. ISBN 978-0-231-10984-0.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "鄭光祖". 百度百科. Consultado o 2024-01-31.
- ↑ "Ma Zhiyuan". en.chinaculture.org. Consultado o 2024-01-31.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Zheng Guangzu (La literatura china traducida en España)