Bai Renfu (chinés tradicional e simplificado: 白仁甫; pinyin: Bái Rénfǔ; Wade-Giles: Pai2 Jen2-fu3), tamén coñecido como Bai Pu (chinés tradicional e simplificado: 白朴; pinyin: Bái Pǔ; Wade-Giles: Pai2 P'u3), nado no 1226 e finado no 1306, foi un dramaturgo e poeta chinés da dinastía Yuan.[1] Está considerado un dos catro grandes dramaturgos de Yuan, xunto con Guan Hanqing, Ma Zhiyuan e Zheng Guangzu.[2]

Infotaula de personaBai Renfu

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(zh) 白樸 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1226 Editar o valor em Wikidata
Hequ (Dinastía Jin) Editar o valor em Wikidata
Morte1306 Editar o valor em Wikidata (79/80 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeDinastía Yuan Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , erudito , dramaturgo , autor de poesía ci Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioBai Pu
Paj Pchu Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiBai Hua (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Bai Renfu naceu en Yuzhou, na actual provincia de Shanxi, nunha importante familia da dinastía Jin.[1] O seu avó traballou na influente Oficina de Asuntos Militares, e o seu pai foi amigo íntimo do poeta Yuan Haowen, quen educaría a Bai Renfu.[1][3] Porén, a caída dos Jin a mans do Imperio Mongol produciu un cambio radical na sociedade daquel tempo, e deixaría unha fonda pegada no escritor, que tivo que separarse dos seus pais.[1]

Con todo, Bai Renfu logrou un rango honorífico e póstumo no Ministerio de Protocolo da nova dinastía Yuan, tras rexeitar postos similares durante a súa vida.[1][3]

Obra editar

Obras editar

Escribiu dezaseis obras de teatro, das que se conservan tres:[1]

  • Pei shao jun qiang tou mashang 裴少俊牆頭馬上 ("Sobre o muro").
  • Tang Ming Huang qiu ye wutong yu 唐明皇秋夜梧桐雨 ("Chuvia sobre a paulonia nunha noite de outono").
  • Dong Xiuying hua yue dong qiang ji 董秀英花月東牆記 ("O romance do muro leste").

Tamén se conservan varios dos seus poemas nos xéneros ci e fu, así como fragmentos de outras dúas pezas teatrais.[1]

Tang Ming Huang qiu ye wutong yu editar

Tang Ming Huang qiu ye wutong yu é a máis coñecida das súas pezas.[1] Narra a historia do emperador Xuanzong e a súa consorte Yang Guifei, unha das máis coñecidas de toda a literatura chinesa.[1] A narración remóntase a un poema de Bai Juyi (772-846). Na obra de Bai Renfu, a chuvia do título fai acordar ao emperador, lembrándolle a danza da súa xa falecida amada.[4] A súa melancolía é tan fonda que nin o eunuco Gao logra aliviala coas súas palabras.[4]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 "Bai Pu". www.4-wall.com. Consultado o 2024-01-30. 
  2. "Ma Zhiyuan". en.chinaculture.org. Consultado o 2024-01-30. 
  3. 3,0 3,1 Crump, James Irving (1990). Chinese Theater in the Days of Kublai Khan (en inglés). Center for Chinese Studies, University of Michigan. ISBN 978-0-89264-093-5. 
  4. 4,0 4,1 "Paulownia Rain (Wu-tong yu) (Bai Pu)". www.4-wall.com. Consultado o 2024-01-30. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

  • Bai Renfu (La literatura china traducida en España)