Zehra Doğan

xornalista turca

Zehra Doğan, nada no distrito de Bağlar (provincia de Diyarbakır, Turquía) en 1989, é unha artista e xornalista kurda. É editora de Jinha, unha axencia kurda de noticias con perspectiva de xénero. Foi encarceada en 2017 por realizar murais na cidade de Nísibis, publicalos nas redes e por escribir un artigo [1][2][3]. A nova do seu arresto tivo moita repercusión propiciando protestas de artistas como Banksy e Ai Weiwei.[4]

Infotaula de personaZehra Doğan

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1989 Editar o valor em Wikidata (34/35 anos)
Diyarbakır, Turquía (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeTurquía Editar o valor em Wikidata
EducaciónDicle University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintora , xornalista , escritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua turca Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webzehradogan.net Editar o valor em Wikidata
Twitter: zehradogan_net Instagram: jinhazehradogan Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Dogan vivía e traballaba en Nísibis, unha vila turca na fronteira con Siria, desde onde facía a súa labor xornalística. Foi arrestada nunha cafetería desta vila o 21 de xullo de 2016. O 2 de marzo de 2017 foi acusada de pertencer a unha organización ilegal e a súa sentenza condeouna a dous anos, 9 meses e 22 días de prisión baixo os cargos de reproducir unha pintura nas súas contas nas redes sociais.[5][6]

“Fun sentenciada a 2 anos e 10 meses de cárcere só porque pintei banderas turcas en escombros de edificios. Eles, [o goberno turco] foron los causantes, eu só o pintei,” declarou Dogan na súa conta de Twitter logo da sentenza. Referíase á pintura que creara e que reproducía a vila kurda de Nusaybin logo de quedar destruída polas forzas de seguirdade turcas, na que as bandeiras turca ondeaban desde as ruínas dos edificios da vila.[6]

En prisión, ela e outras mulleres crearon o diario Özgür Gündem Zindan (Calabozo de Libre Axenda), cuxo nome é un xogo de palabras co termo Özgür Gündem (Axenda Libre), unha publicación con base en Istambul e de audiencia kurda.[7]

A súa axencia de novas, Jinha, foi pechada o 29 de outubro de 2016 polas autoridades turcas, sumándose á lista de máis de 100 medios de comunicación pechados desde o golpe militar de xullo de 2016.[8]

O Estado turco aplicoulle en outubro de 2018 unha medida de dispersión forzosa, trasladándoa ao penal de Tarso.[9]

En novembro de 2017, o artista disidente chinés Ai WeiWei publicou unha carta de solidariedade con Dogan establecendo paralelismos entre a represión á liberdade de expresión dos gobernos chinés e turco.[10]

O 16 de marzo de 2018, Banksy inaugurou un mural en Nova York que representa as marcas dos días en que Dogan estivo encarceada, amosando tras elas o rostro de Dogan mirando cara ao cárcere.[11]

Finalmente saíu de prisión o 24 de febreiro de 2019, tras pasar case vinte meses encarceada.[12][13][14][15]

Premios e recoñecementos editar

No ano 2015 Dogan recibiu o Premio de xornalismo Metin Göktepe (nomeado na honra do xornalista que morrera en custodia policial en Turquía en 1996). Otorgáronlle este premio tras realizar unha reportaxe sobre as mulleres xacedís que escaparan da escravitude do DAESH.[16]

Dogan foi nomeada para os premios 2019 Freedom of Speech.[17]

Notas editar

  1. "Prison sentence given to journalist Zehra Doğan". ANF News (en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2019. 
  2. "Zehra Doğan". cpj.org (en inglés). Consultado o 3 de abril de 2018. 
  3. "Turquía libera a una artista encarcelada por sus dibujos del conflicto kurdo". La Vanguardia (en castelán). 24 de febreiro de 2019. Consultado o 25 de febreiro de 2019. 
  4. "Banksy en NY, a la defensa de la periodista Zehra Dogan". Huffington Post (en castelán). 17 de marzo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2018. Consultado o 25 de febreiro de 2019.  Arquivado 09 de xullo de 2018 en Wayback Machine.
  5. "Free Zehra Doğan" (en inglés). Consultado o 16 de marzo de 2018. 
  6. 6,0 6,1 "Facts to Know About Jailed Turkish Artist Zehra Doğan | artnet News". artnet News (en inglés). 29 de marzo de 2017. Consultado o 16 de marzo de 2018. 
  7. "Zehra Doğan, artist, journalist and activist released pending trial - IFEX". IFEX (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2018. Consultado o 16 de marzo de 2018. 
  8. "Jinha News (English)". Jin News Agency. 22 de outubro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2016. Consultado o 18 de marzo de 2018. 
  9. "Turquía • Zehra Doğan: traslado forzoso a la prisión de Tarso | KEDISTAN". KEDISTAN (en francés). 26 de outubro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2018. Consultado o 27 de outubro de 2018. 
  10. Khalidi, Ari (15 de novembro de 2017). "Ai Weiwei pens letter to Kurdish artist imprisoned in Turkey" (en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2019. 
  11. "Banksy creates mural in New York in support of jailed Turkish artist". The Telegraph (en inglés). 16 de marzo de 2018. ISSN 0307-1235. Consultado o 25 de febreiro de 2019. 
  12. "Turkey frees Banksy-backed Kurdish journalist Zehra Dogan". english.alarabiya.net (en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2019. 
  13. "Banksy-backed Kurdish journalist Zehra Dogan released from Turkish prison following detention over painting". The New Arab (en inglés). 25 de febreiro de 2019. Consultado o 25 de febreiro de 2019. 
  14. Kurdistan24 (25 de febreiro de 2019). "Kurdish artist Zehra Doğan released from Turkish prison after 20-month imprisonment". Kurdistan24 (en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2019. 
  15. "Alliberada Zehra Dogan, periodista i artista kurda condemnada per una pintura crítica amb l’Estat turc". Nationalia (en catalán). 25 de febreiro de 2019. Consultado o 25 de febreiro de 2019. 
  16. Kamer, Hatice (12 dexuño de 2017). "Gazeteci Zehra Doğan tutuklandı" (en turco). Consultado o 18 de marzo de 2018. 
  17. "Freedom of Speech Awards 2019". Index , the voice of expression (en inglés). 15 de xaneiro de 2019. Consultado o 25 de febreiro de 2019.