Ai Weiwei

Artista conceptual chinés

Ai Weiwei (en chinés: 艾未未, en pinyin: Ài Wèiwèi), nado en Pequín o 28 de agosto de 1957 é un artista e activista chinés.[1]

Infotaula de personaAi Weiwei

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(zh) 艾未未 Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de maio de 1957 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
Pequín, República Popular da China Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRepública Popular da China Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoChinese (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
EducaciónArt Students League of New York (pt) Traducir (1983–1986)
Parsons School of Design (en) Traducir (1982–1983)
Universidade de Pensilvania (1981–)
Universidade de California en Berkeley (1981–)
Academia de Cinema de Pequim (pt) Traducir (1978–) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoArte, artes visuais, arquitectura, Arte conceptual, Activismo e engajamento cívico (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Berlín
Cambridge
Pequín
Nova York Editar o valor em Wikidata
Ocupacióndeseñador , director de cinema , Activista polos dereitos humanos , fotógrafo , artista , pintor , arquitecto , escultor , activista social , artista visual Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoEscultura, Instalación, Instalación e social-artistic project (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
MovementoArte conceptual Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua chinesa Editar o valor em Wikidata
RepresentanteLisson Gallery (en) Traducir e Mary Boone Gallery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
4 de xaneiro de 2021Dialogue for Catalonia (en) Traducir
16 de xuño de 2007documenta 12 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeLu Qing
PaiAi Qing Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webaiweiwei.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm2675885 Allocine: 556754 Rottentomatoes: celebrity/ai_weiwei Allmovie: p729396 Metacritic: person/ai-weiwei
Twitter: aiww Instagram: aiww Souncloud: aiww Spotify: 1bGV0Bh1sH30DOyit7AODi iTunes: 468062259 Musicbrainz: 6386d3db-cdb2-410c-a6c1-64b8cad39f71 Discogs: 3643190 Deezer: 4784172 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Nado en 1957, é fillo dun poeta chinés comunista, pero logo enfrontado co réxime de Mao e non se lle permitía vivir no mesmo sitio durante moito tempo, polo que tiñan que mudarse cada certo tempo.

Obra editar

Ai colaborou cos arquitectos suízos Herzog & de Meuron como asesor artístico do Estadio Nacional de Pequín para os Xogos Olímpicos de 2008.[2] Como activista político, é abertamente crítico coa postura do Goberno chinés sobre democracia e dereitos humanos. Investigou a corrupción e os encubrimentos do goberno, en particular no escándalo de corrupción das escolas de Sichuan que seguiu ó Terremoto de Sichuan de 2008.[3] No 2011, despois de ser arrestado no Aeroporto Internacional de Pequín-Capital o 3 de abril, estivo detido durante 81 días sen cargos oficiais, aludindo os funcionarios a denuncias de "delitos económicos"[4], tras a devolución do seu pasaporte en 2015, Ai trasladouse a Berlín onde mantivo un grande estudio nunha antiga fábrica de cervexa. Viviu no estudio e utilizouno como base para o seu traballo internacional. Ai forma parte do Consello de Asesores do Comité para a Liberdade de Hong Kong (CFHK).

Foi o autor da película documental Coronation, filmada en Wuhan durante o confinamento[5] debido a ser primeira cidade no mundo en ser atinxida pola pandemia de COVID-19.[6]

Vida en Europa editar

En 2019, anunciou que deixaría Berlín, dicindo que Alemaña non é unha cultura aberta. En setembro de 2019 mudouse a vivir a Cambridge, Inglaterra.[7]

A partir de 2021, Ai Wei Wei vive en Montemor-o-Novo, Portugal. De xullo de 2021 ao 6 de febreiro de 2022 expuxo obra no Museu Serralves do Porto (tamén no Parque, até xullo de 2022).[8]

Aínda mantén unha base en Cambridge, onde o seu fillo asiste á escola, e un estudo en Berlín. Ai dixo que permanecerá en Portugal a longo prazo "a non ser que suceda algo".[9]

Notas editar

  1. Cooper, Rafi (6 de xullo de 2008). The Observer, ed. "Cultural revolutionary". UK. Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2008. Consultado o 6 de xullo de 2008. 
  2. BBC News, ed. (3 de marzo de 2005). "China's New Faces: Ai Weiwei". Consultado o 26 de abril de 2010. 
  3. Osnos, Evan, "It's Not Beautiful", The New Yorker, 24 de maio de 2010 pp.54–63.
  4. Wong, Edward (7 de abril de 2011). The New York Times, ed. "Chinese Defend Detention of Artist on Grounds of ‘Economic Crimes’". Consultado o 22 de setembro de 2013. 
  5. Ai Weiwei em entrevista exclusiva esta sexta-feira ao Ípsilon: “A China é como um vírus”, por Alexandra Prado Coelho, Publico, 2 de Setembro de 2020, 20:12
  6. O novo filme de Ai Weiwei é um retrato da covid-19 em Wuhan, onde tudo começou, por Daniel Dias, Publico, 23 de Agosto de 2020, 17:30
  7. "Ai Weiwei über Berlins Veränderungspläne: Deutschland ist keine offene Gesellschaft (Ai Weiwei sobre plans de mudanza de Berlin: Alemaña non é unha sociedade aberta)". Der Spiegel. 9 de agosto de 2019. Consultado o 9 de agosto de 2019. 
  8. "AI WEIWEI: ENTRELAÇAR". www.serralves.pt (en portugués). Consultado o 2022-04-07. 
  9. Demony, Catarina; Escritt, Thomas (4 marzo 2021). "Do novo A casa portuguesa, Ai Weiwei planea homenaxear ao "visionario" Gorbachov". Reuters. Consultado o 5 de xullo de 2021. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar