Yvonne Rainer

artista estadounidense

Yvonne Rainer, nada en San Francisco o 24 de novembro de 1934 é unha bailarina, coreógrafa e cineasta experimental estadounidense.[1][2] A súa obra cualificouse como arte minimalista.

Infotaula de personaYvonne Rainer

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de novembro de 1934 Editar o valor em Wikidata (89 anos)
San Francisco, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoDanza, Coreografía, cine e literatura Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Ocupacióndirectora de cinema , videógrafa (pt) Traducir , cineasta , artista conceptual , bailarina , guionista , coreógrafa , artista Editar o valor em Wikidata
Membro de
MovementoArte feminista (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ProfesoresMartha Graham Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
RepresentanteVideo Data Bank (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
16 de xuño de 2007documenta 12 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0707033 Allocine: 4174 Allmovie: p107430
Discogs: 1309754 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Rainer naceu en San Francisco, California. A súa nai era unha estenógrafa de Brooklyn descendente de inmigrantes xudeus de Varsovia, e o seu pai, albanel e pintor de casas, naceu no norte de Italia, de onde emigrou aos Estados Unidos con 21 anos.[3] Despois de estar un ano no San Francisco Junior College e formarse no Martha Graham Center of Contemporary Dance,[2] Rainer deuse a coñecer como unha figura destacada no movemento Judson Dance Theater, un grupo de bailaríns e artistas que facían actuacións que cruzaban con fluidez os campos da danza e das artes visuais.

En 1975, comezou a centrarse principalmente na realización de filmes de media e longa duración, nas que inverte os códigos narrativos. Os seus filmes tomaron despois despois un xiro claramente feminista, explorando temas como o terrorismo (Journeys from Berlin/1971, 1980), a menopausia (Privilege, 1990) e a doenza (MURDER and murder, 1996). Entre 2000 e 2006, Rainer regresou á coreografía e continuou a producir obras provocativas e sorprendentes.[1]

Recoñecemento editar

En 1990, Rainer recibiu un premio do MacArthur Fellows Program polas súas contribucións á danza.[4] En 2015 recibiu o premio Merce Cunningham da Foundation for Contemporary Arts.[5] En 2017 outorgóuselle un USA Grant. Tamén recibiu dous Guggenheim Fellowships (1969,1988).

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Yvonne Rainer". Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona. Consultado o 9 de outubro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Yvonne Rainer" (en inglés). La fondation Daniel Langlise. Consultado o 9 de outubro de 2018. 
  3. Roy, Sanjoy (24 de decembro de 2010). "Step-by-step guide to dance: Yvonne Rainer". The Guardian (en inglés). Consultado o 9 de outubro de 2018. 
  4. "Fellows", MacArthur Foundation, consultado o 3 de novembro de 2014.
  5. "Foundation for Contemporary Arts announces Inaugural Merce Cunningham Award Recipient for 2015" (PDF). Foundation for Contemporary Arts. Consultado o 8 de marzo de 2015. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar