You're Living All Over Me

You're Living All Over Me é o segundo álbum da banda estadounidense de rock alternativo Dinosaur Jr., editado o 14 de decembro de 1987 a través do selo SST Records. O disco foi chamado así por unha frase que pronunciou o líder J Mascis mentres estaba de xira coa banda.

You're Living All Over Me
Álbum de Dinosaur Jr.
Publicado14 de decembro de 1987
Gravación1987
Duración36:08
Xénero(s)rock alternativo, noise rock, indie rock
Selo(s)SST Records
Producido porWharton Tiers
Cronoloxía
Dinosaur You're Living All Over Me Bug

No ano 2005 foi colocado no posto 31 da lista da revista Spin dos 100 mellores álbums entre 1985 e 2005. O traballo foi lanzado orixinalmente cando a banda aínda era coñecida como Dinosaur, antes de que unha demanda obrigase a cambiar o nome por Dinosaur Jr. O álbum foi relanzado por SST poucos meses despois da súa publicación, e as novas copias foron impresas xa co nome Dinosaur Jr.

Listaxe de cancións editar

Todos os temas compostos por J Mascis, agás onde se indique.

  1. "Little Fury Things" - 3:05
  2. "Kracked" - 2:51
  3. "Sludgefeast" - 5:14
  4. "The Lung" - 3:51
  5. "Raisans" - 3:48
  6. "Tarpit" - 4:33
  7. "In a Jar" - 3:26
  8. "Lose" (Lou Barlow) - 3:08
  9. "Poledo" Lou Barlow) - 5:40
  10. "Show Me the Way" (canción extra na versión en CD da SST) (Peter Frampton) - 3:45
  11. "Just Like Heaven" (canción extra na reedición do 2005 de Merge Records e de Imperial Records) (Robert Smith, Simon Gallup, Porl Thompson, Boris Williams, Lol Tolhurst) - 2:53
  12. "Throw Down" (canción extra na reedición do 2005 de 2005 Imperial Records) - 0:49
  13. "In a Jar" (Live)