Noise rock

estilo do post-punk dos anos 1980

O noise rock (tamén coñecido coma noise punk)[1] describe un estilo do post-punk que comezou a destacar nos anos 80. O noise rock fai uso da instrumentación tradicional e da iconografía do rock, pero incorpora atonalidade e sobre todo disonancia, e frecuentemente rexeita a convencións habituais á hora de compoñer.[2]

Noise rock
e
Orixe musicalmúsica noise, punk rock, música de vangarda, no wave, rock psicodélico, jazz de vangarda
Orixe culturalfinais dos 70 nos Estados Unidos, Australia, Inglaterra e o Xapón
Instrumentos típicosvoz, guitarra eléctrica, baixo, batería, instrumentos electrónicos
Derivadosgrunge - shoegazing - grindcore - powerviolence - crust punk
Xéneros de fusión
noise pop

Noise rock é un termo que se ven utilizando para abarcar unha ampla gama de bandas que son partidarias da disonancia, dos feedbacks esaxerados e das distorsións extremas no contexto da música rock. O noise rock é unha consecuencia do punk rock, e aínda que hai antecedentes nos anos 60 con bandas de proto-punk coma The Velvet Underground, The Monks e Godz, o noise rock coma xénero apareceu nos anos 80.

Unha das bandas pioneiras foi Sonic Youth, que axudou a que o xénero chegase a unha audiencia máis ampla dentro do rock alternativo cando comearon a incorporar melodías ao seu son ruidoso. Moitas bandas a partir de entón imitaron a Sonic Youth,[3] pero non todos os grupos do xénero os imitan no son; artistas dos 80 como Swans ou Big Black colleron un enfoque moito máis escuro e ameazante. A finais dos 80 e nos 90 o selo Touch and Go Records converteríase nunha peza importante para o noise rock xurdido nesa época.[3]

Historia editar

Precursores editar

As orixes do noise rock están nos primeiros músicos de rock que exploraron as disonancias extremas e a retroalimanteción electrónica. Entre as figuras máis famosas destes comezos destacan Jimi Hendrix, The Who e Neil Young. Músicos do underground coma The Stooges, The Velvet Underground e MC5 incorporaron elementos do free jazz e do minimalismo. Artistas máis escuros coma The Monks, Fifty Foot Hose e Les Rallizes Dénudés tamén incorporaron os efectos da disonancia. As bandas alemás descritas coma Krautrock son unha influencia significativa para os grupos de noise rock posteriores, destacando Can e Faust. O álbum de 1975 de Lou Reed Metal Machine Music, que na súa totalidade esquiva as estruturas convencionais en favor dun son minimalista, tamén anticipou e influención o desenvolvemento posterior do noise rock. As bandas clásicas de punk rock (Sex Pistols, The Clash e Ramones) evitaron a disonancia extrema, preferindo un son máis tradicional, mais próximo ao rock'n'roll. Unha excepción foi a banda dos Ánxeles The Germs, que facía un punk rock de xeito máis libre. Os grupos de post-punk posteriores afondaron máis no ruído. A banda de Míchigan Destroy All Monsters está considerada un dos pais do noise rock.

Anos 70 editar

A escena neoiorquina do No Wave, que contaba con artistas coma Mars ou Teenage Jesus and the Jerks, que comezou a coller forma cara 1978, foi tamén esencial no desenvolvemento do noise rock. Mentres que o no wave incluía unha gran variedade de tendencias post-punk e experimentais (incluso incorporando elementos free jazz, soul e disco), os grupos máis abrasivos farían as súas innovacións dentro da tradición do noise rock. Chrome, dende San Francisco, elaborou o seu propio estilo de punk psicodélico, que tiña algún punto en común cos conxuntos No Wave.

O noise rock australiano tamén se desenvolveu a finais dos 70. The Birthday Party tivo unha grande influencia do rockabilly, e tamén é unha banda esencial no xénero deathrock, mentres que The Scientists anticiparon o grunge.

Anos 80 editar

Un bo número de bandas de noise rock xurdiron nos anos 80 dende distintas escenas musicais norteamericanas. Entre elas incluense The Jesus Lizard e Big Black de Chicago; Butthole Surfers e Scratch Acid de Texas; Black Flag dos Ánxeles; The Melvins de Montesano, Washington; Sonic Youth, Live Skull, Swans, White Zombie e Helmet de Nova York; Pixies e Dinosaur Jr. de Boston; e Fugazi, Pussy Galore e Royal Trux de Washington DC entre moitas outras.

 
The Melvins

Entre as bandas británicas están The Birthday Party (que emigraran de Australia), This Heat, The Fall, Joy Division, Gang of Four, Scritti Politti, The Pop Group, Swell Maps e The Jesus and Mary Chain.

Moitas destas bandas templaron a ferocidade inicial e aproximáronse un certo grao á historia do rock. Sonic Youth eloxiou aos Beatles, Pussy Galore versionou a (e foi influenciadapor eles) The Rolling Stones, Black Flag inspirouse en Black Sabbath e The Butthole Surfers traballaron con John Paul Jones e emularon a Jimi Hendrix. Nick Cave, o antigo vocalista de The Birthday Party, continuou o seu traballo co noise rock, pero tamén explorou as baladas e as complexas estruturas ao estilo de Leonard Cohen. The Jesus and Mary Chain foron influenciados en moitos aspectos por The Beach Boys, T. Rex, The Ramones e Phil Spector, ao igual que o foron The Velvet Underground, e incorporaron influencias power pop. Comezaron como unha banda de power pop ao estilo dos Ramones e sentaron un precedente para bandas que mesturaban ese xénero co noise rock, coma The Primitives, The Mint Chicks, The Clean, The Raveonettes ou Crystal Stilts.

White Zombie estivo influenciado por The Cramps e Alice Cooper e foron cara ao heavy metal a principios dos 90. Guitar Wolf tamén debuxou a súa música con son do garage rock dos 60, dos Ramones, MC5 e The Stooges.

Outras bandas de noise rock esforzáronse por distanciarse do rock tradicional. En 1986, o grupo británico Napalm Death creou o "grindcore" mesturando o noise rock de Swans co hardcore punk e o death metal. Mentres que bandas posteriores de grindcore movéronse cara ao death metal, grupos estadounidenses coma Anal Cunt continuaron usando disonancias extremas dun xeito máis libre.

 
Neptune

Unha escena semellante comezou a desenvolverse en Osaka, Xapón, encabezados por Hanatarash and the Boredoms, que facían cancións extremadamente curtas e rápidas, que destacaban polos seus ritmos moi marcados (reflectindo a súa influencia do grindcore), berros e guitarras recargadas. O vocalista dos Boredoms Yamantaka Eye tamén traballou coa banda de jazzcore de Nova York Naked City. The Boredoms finalmente evolucionou cara a un son máis meditabundo, collendo a inspiración do Krautrock. Gore Beyond Necropsy, Ground Zero, Zeni Geva, Guitar Wolf e Melt-Banana expandiron o estilo xaponés do noise rock. Estas bandas tamén reflicten o impacto da escena Japanoise comezada por Merzbow.

As bandas británias de shoegazing desenvolveron unha forma distinta de noise rock. Collendo influencias dos grupos de dream pop e engadíndolle a agresividade do rock de bandas coma The Jesus and Mary Chain, The Telescopes e Sonic Youth, My Bloody Valentine creou un xénero cálido e feminino, pero tamén disonante, sen formas definidas e psicodélico encaixando coa tradición do noise rock.

Outros grupos de noise rock exploraron patróns irregulares de tempos e experimentaron cos ritmos. Esta corrente é coñecida coma math rock. Algunhas bandas de post-hardcore, screamo e riot grrl tamén colleron influencias do noise rock.

Anos 90 editar

 
Steve Albini, unha figura clave no noise rock

Os grupos de noise rock dos 80 foron importantes influencias para Nirvana e Hole, e como resultado tivo un certo grao de éxito no mainstream durante o apoxeo do grunge. No álbum de Nirvana In Utero pode verse claramente esas influencias co nose rock dos 80, sendo ademais producido por un dos iconas do xénero, o líder de Big Black Steve Albini. Grupos de metal industrial coma Ministry, Nine Inch Nails e White Zombie tamén están en débeda co noise rock.

Algunhas banda de hardcore punk da costa leste estadounidense, coma Born Against, tamén estiveron relacionadas co noise rock e a posterior escena powerviolence tamén estivo fortemente relacionada co xénero, coa banda Man Is the Bastard finalmente volcasa a facer desestruturada música noise. The Locust tamén escolleron o camiño de Man Is The Bastard e crearon un son powerviolence onde predominaban os sintetizadores, chegando a un conseguir unha sonoridade máis noise no seu último álbum New Erections. Os seus contemporáneos Neurosis e Today Is the Day comezaron a mesturar o noise co metal extremo. Moitas das innovacións resultantes foron incorporadas polos intérpretes máis experimentais do metalcore, coma Converge, Botch e Dillinger Escape Plan.

A mediados dos anos 90 Providence converteuse no centro dunha nova fornada de bandas de noise rock, fortemente relacionada coa escena da RISD (Escola de deseño de Rhode Island). Estes grupos eran máis minimalistas e alonxábanse aínda máis das estruturas tradicionais do rock. Entre eles incluense a Lightning Bolt, Arab on Radar, Six Finger Satellite, Men's Recovery Project e Pink and Brown. Black Dice orixinalmente formou parte desta escena, pero trasladouse a Brooklyn, onde se relacionaron con grupos coma Gang Gang Dance. Estas bandas tamén están relacionadas en certa medida coa escena de San Diego que xurdiu do screamo, destacando da mesma os grupos The Locust e Wolf Eyes.

O noise rock tamén se estendeu a Suramérica con bandas coma Ed Kemper Trio. Fortemente influenciada polo son dos selos SST e Touch and Go, EK3 foi o eixo central do documental do 2004 People Will Eat Anything.

Mike Patton é tamén unha figura importante na escena do noise rock, co seu selo Ipecac Recordings.

Anos 2000 editar

 
Animal Collective

Despois do ano 2000 as bandas do noise rock apareceron por todo o mundo. Entre as máis noables destas novas bandas están Scarling., These Are Powers, The Death Set, Distressed Infants Society, Mclusky, Oneida, Parts and Labor, Fuck Buttons, Indian Jewelry, Neptune, TWMWK, Fiasco, Aa (Big A Little a), Magik Markers, Mindflayer, Part Chimp, Slicing Grandpa, Japanther, Ex Models e Hella. Nos Ánxeles, Liars (orixinarios de Nova York), No Age, Skeleteen, The Mae Shi e HEALTH practican este estilo. Pre e Action Beat, de Londres, The Intelligence, de Seattle, Dan Deacon, Animal Collective e Ponytail, de Baltimore, e Richmond, Virginia's Bermuda Triangles e Amoeba Men do selo CNP Record tamén son bandas de noise rock desta década.

O luthier Yuri Landman experimentou cunha gran variedade de técnicas, con instrumentos creados para o beneficio de numerosos grupos do xénero coma Sonic Youth, Lightning Bolt, Liars e Jad Fair.

Notas editar

  1. Felix 2010, p. 172
  2. Ben Sisario (2004). Spin, ed. "The Art of Noise". Consultado o 24 de outubro de 2016. 
  3. 3,0 3,1 Allmusic (ed.). "Noise rock en Allmusic". Consultado o 23 de marzo de 2016. 

Bibliografía editar

editar