Xun (instrumento)

O xun (en chinés simplificado: 埙; en chinés tradicional: 塤; pinyin: xūn; Cantonés= hyun); en Cantonés = hyun1) é unha frauta globular de vaso procedente de China. É un dos instrumentos musicais máis antigos da China e estivo en uso durante aproximadamente sete mil anos.

Xun
Xun ou frauta Gu Xun, considerado o instrumento musical máis antigo da China]]
Información
ClasificaciónInstrumento de vento
Tesitura[Depende do modelo e tamaño do xun]
Instrumentos relacionadosOcarina, instrumentos de vento de barro
A parte frontal dun xun de cerámica esmaltada, que mostra un burato de vento e seis buratos para os dedos
A parte traseira dun xun mostrando un burato de vento e dous buratos para o polgar

O xun estaba feito inicialmente de pedra, barro cocido ou óso, e máis tarde de barro ou cerámica; ás veces o instrumento está feito con bambú. É o único exemplo que se conserva dun instrumento de terra ou "de arxila" das clasificacións tradicionais chineses de "oito tons" (bayin).

Un xun de cerámica moderna decorado cun gravado dun dragón.
Gravación dunha escala ascendente tocada con Xun.

Compoñentes editar

O xun é un aerófono en forma de ovo, que contén polo menos tres orificios para os dedos diante e dous orificios para o polgar detrás.

Ten un burato de soplado na parte superior e pode ter até dez buratos máis pequenos para os dedos, un para cada dedo.

É semellante a unha ocarina pero non contén unha peza de boca, a diferenza doutros instrumentos chinés parecidos a frautas, como o Wudu e o Taodi.

O xun pode vir nunha variedade de tamaños.

A entrada para o Xun na enciclopedia chinesa máis antiga que se conserva, Erya (c. século III a. C.), descríbeo como de dous tipos:

  1. grande, con forma de ovo de ganso, co fondo aplanado e seis buratos (abaixo);
  2. pequeno, con forma de ovo de galiña (ton máis alto).[1]

Historia e desenvolvemento editar

A orixe deste único instrumento de vento remóntase á Idade de Pedra e, segundo unha teoría, ten que ver coas prácticas de caza do Paleolítico, sendo que algunhas das pedras para as tirafondas eran ocas e facían un son parecido.[2]

Os arqueólogos descubriron frautas de vaso como o xun en fosas comúns da dinastía Xia. Aquelas tiñan tres buratos para os dedos e podían producir as notas do, mi, so, la e fa. A forma do instrumento e o número de orificios para os dedos do xun tal e como o coñecemos hoxe foron estandarizados durante a dinastía Shang. A maioría dos xun daquela época tiñan cinco buratos para os dedos e producían un son de boa calidade, sendo capaces de producir todos os tons e medios tons nunha oitava.

Na dinastía Zhou, era un instrumento común e era tocado nas cortes imperiais. O deseño variaba segundo se tocase para gozar ou para celebracións.

Importancia cultural editar

O uso de xun na historia chinesa atopouse principalmente na interpretación da música de palacio.[3] Porén, o son do xun tamén se asocia como símbolo dos eremitas, de damas entristecidas ou dos heroes ao final das súas forzas, e considérase o mellor instrumento para interpretar un ton desgarrador ou para facer música solemne dentro da corte real.[2]

O son de xun representa unha beleza particular, que combina coa soidade, a desolación e a elegancia. É a encarnación das concepcións estéticas únicas chinesas. Nunha orquestra chinesa tradicional, o xun interpreta a parte importante da voz de alto e representa tamén a idea de harmonía.

Na literatura editar

  • O Erya (爾雅): "Un xun grande é como un ovo de ganso, cun fondo aplanado e seis buratos; un pequeno é como un ovo de galiña" (nótese que a etimoloxía de ocarina remite tamén a "ganso", e pola raíz preindoeuropea, a "ovo".[4]

Notas

  1. "Xun". chinamedley.com. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2012. Consultado o 20 de agosto de 2023. 
  2. 2,0 2,1 Chinese Musical Instruments. 2000. p. 16. ISBN 0-19--590777-9. 
  3. "chinaWH; Arts". www.cultural-china.com. Consultado o 2023-08-20. 
  4. "Etymology, origin and meaning of ocarina". www.etymonline.com (en inglés). Consultado o 2023-08-20. 
  5. Thrasher, Alan (2007). Xun. Oxford University Press. 

Véxase tamén editar