Xosé Miguel Pérez Blecua
Xosé Miguel Pérez Blecua, nado en San Xoán de Río en 1985, é un enxeñeiro e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1985 (38/39 anos) San Xoán de Río, España |
Alcalde | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Vigo |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeiro , político |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria editar
Enxeñeiro de telecomunicacións pola Universidade de Vigo. Militou en AMI. Foi fundador e presidente da Asociación Cultural RíoMola, e da Asociación Xuvenil Río. Foi elixido concelleiro de San Xoán de Río polo BNG nas eleccións municipais de 2007 e foi concelleiro de Cultura, Deporte e Benestar Social nese mandato.[1] Despois pasou a militar en Anova-Irmandade Nacionalista. Nas municipais de 2019 encabezou a candidatura da Agrupación de Electores de San Xoán de Río (RIO) e foi elixido alcalde con maioría absoluta.[2] O 25 de agosto de 2020 afiliouse ao PPdeG pero manténdose como alcalde da Agrupación de Electores RIO.[3] Nas municipais de 2023 encabezou a candidatura do PPdeG e foi reelixido alcalde con maioría absoluta. Nese mandato pasou a formar parte do goberno da Deputación de Ourense.
Predecesor: Luís Castro Álvarez |
Alcalde de San Xoán de Río 2019 - actualidade |
Sucesor: no cargo
|