Xosé Manuel Domínguez Prieto

escritor español, Profesor(Educación superior)

Xosé Manuel Domínguez Prieto, nado en Madrid en 1962, é un escritor galego de ensaio e doutor en filosofía.

Infotaula de personaXosé Manuel Domínguez Prieto
Biografía
Nacemento1962 Editar o valor em Wikidata (61/62 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía, psicoloxía e familia Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Pontificia de Salamanca
Universidad Nacional de Educación a Distancia
Universidad Francisco de Vitoria (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

AELG: 129 Dialnet: 923019

Traxectoria editar

Licenciado e Doutor en Filosofía pola Universidade Complutense de Madrid, foi profesor de ensino medio no IES Eduardo Blanco Amor de Ourense, profesor-titor de Psicoloxía, de Antropoloxía filosófica e de Historia da Filosofía Antiga, Medieval, Moderna e Contemporánea na UNED e mais na Universidade Pontificia de Salamanca. Tamén foi profesor invitado da Universidade Católica Nuestra Señora de la Asunción (Asunción, Paraguai) e profesor de Filosofía no Instituto Superior de Ciencias Relixiosas San Agustín. Foi investigador do "Instituto de Investigaciones económicas y sociales" da Universidade Francisco de Vitoria de Madrid.

Colaborou con artigos de contido filosófico en La Región, Galicia Hoxe, Encrucillada ou La Voz de Galicia. É membro do Instituto Emmanuel Mounier e da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.

Actualmente dirixe o Instituto da Familia en Ourense, fundación benéfico-social de ámbito galego vencellada ao bispado de Ourense e centrada, entre outros, na formación e acompañamento relacionado co que se coñece como «coaching familiar». Nesta institución, dirixe o Máster en Acompañamento e coaching familiar e matrimonial, avalado pola Universidade Francisco de Vitoria e pola Universidade Católica de Ávila.

Ademais, dirixe o Centro de Acompañamento Familiar Edith Stein, tamén na cidade de Ourense, e o Instituto Internacional de Acompañamento.

Obras en galego editar

Ensaio editar

Obras colectivas editar

Obras en castelán editar

Ensaio editar

  • Joaquina de Vedruna, 1999, Editorial Monte Carmelo.
  • Viktor Frankl, 2000, IEM, Indosoc.
  • La familia y sus retos, 2002, Editorial Mounier.
  • La revolución personalista y comunitaria en Mounier, 2002, Editorial Mounier.
  • Para ser persona, 2002, Editorial Mounier.
  • Ética del docente, 2003, Editorial Mounier.
  • Historia de la Filosofía, 2003, Editorial Mc Graw Hill.
  • Llamada y proyecto de vida 2005, PPC Editorial.
  • El profesor cristiano: identidad y misión, 2012, PPC Editorial.
  • Despierta y alégrate 2016, PPC Editorial.
  • El arte de acompañar 2017, PPC Editorial.
  • Veinticinco lecciones para ser infeliz 2018, PPC Editorial.

Obras colectivas editar

  • Diccionario de Pensamiento Contemporáneo, 1995, Ediciones San Pablo.
  • Historia de la Filosofía, 2001, Editorial Mc Graw Hill.
  • Blonde, Nédoncelle, Zubiri, 2002, Editorial Mounier.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar