Diocese católica latina de Ourense

diocese galega da igrexa católica

A diocese de Ourense (en latín: Diœcesis Auriensis) é unha sé territorial galega da Igrexa católica latina sufragánea da arquidiocese de Santiago de Compostela. Entre xaneiro de 2010 e febreiro de 2012 a cadeira bispal estivo vacante, sendo a diocese administrada de forma temporal por Luís Quinteiro Fiúza, bispo da diocese de Tui-Vigo e anterior bispo ourensán. Porén, en febreiro de 2012 tomou posesión como bispo José Leonardo Lemos Montanet[1].

Diocese católica latina de Ourense
Escudo
Datos xerais
Erixida433
Sufragánea deSantiago de Compostela
Estatísticas
Parroquias735
Información
Igrexa particularIgrexa latina
IgrexaIgrexa católica
RitosRito romano
Xerarquía
PapaFrancisco
BispoLeonardo Lemos Montanet
Outros datos

Xurisdición editar

A diocese comprende a provincia de Ourense agás a comarca de Valdeorras, pertencente á diocese de Astorga. Abrangue 5.281 km², e a súa sé está na cidade de Ourense, na catedral de San Martiño. Reúne 735 parroquias, agrupadas en 28 arciprestados.

Historia editar

 
Mapa da diocese de 1763 de por Cornide.

Moitos dos seus arciprestados fan referencia a pobos prerromanos, como Nemancos, Céltigos, Entíns ou Posmarcos. A data de creación da diocese é incerta, pero tradicionalmente vénse considerando no ano 433, cando un bispo de Ourense foi consagrado en Lugo. A primeira datación documentada é no ano 572, cando o bispo Vitimiro participa no Segundo Concilio de Braga. Nese momento a diocese era sufragánea de Lugo.

Trala conquista de Ourense por parte dos árabes no 716 a diocese foi suprimida, restablecéndose no 881. Con todo, non se sabe nada desde o ano 986 até o 31 de xullo de 1071, cando foi restablecida por segunda vez co bispo Edoronio, e como sufragánea da arquidiocese de Braga. Pasou a formar parte da arquidiocese de Santiago de Compostela o 27 de febreiro de 1120. A catedral foi consagrada o 4 de xullo dese mesmo ano. En 1804 fundouse o seminario diocesano, baixo a advocación do Divino Mestre.

Administrativamente, a parroquia de Lamadarcos foi anexada a Portugal en 1868 coa entrada en vigor do Tratado de Lisboa de 1864. Porén, seguiría baixo o dominio do bispado ourensán até 1882, cando, co obxectivo de facer coincidir os límites civís cos relixiosos, se executou unha bula do ano anterior pola cal era incorporada á arquidiocese de Braga. Nesta mesma bula tamén lle foi desmembrada a freguesía portuguesa de Tourém, que eclesiasticamente sempre pertenceu á diocese galega.[2] Foi precisamente nesta freguesía do país veciño onde, entre 1812 e 1814, se refuxiou o bispo Pedro de Quevedo y Quintano ó se negar a xurar a Constitución española de 1812. O mesmo fixo o seu sucesor, Dámaso Iglesias Lago, durante o Trienio liberal.[3]

En 1893 o bispo Cesáreo Rodrigo, após ter visitado as parroquias diocesanas todas, levou a cabo unha das máis importantes reformas parroquiais da diocese.[4]

Malia a bula de 1881, aínda restaban dentro dos límites eclesiásticos de Ourense as partes galegas das poboacións promiscuas de Cambedo e Souteliño da Raia, que tamén foran anexadas a Portugal no devandito tratado de Lisboa. Coa entrada do país portugués en 1910 nun novo réxime e as crecentes dificultades dos párrocos para cruzar a fronteira, Souteliño e Cambedo foron tamén incorporados ó arcebispado bracarense en 1914.[5]

Os límites da diocese volveron ser modificados, nas partes que lindaban con outras dioceses, en outubro de 1954 para facelos coincidir supostamente cos da provincia administrativa. Gañou, procedentes do bispado de Tui-Vigo, doce parroquias do arciprestado de Ribadavia e as de Desteriz e Padrenda; do arcebispado de Santiago de Compostela, as de Beariz, Xirazga e Lebozán; do bispado de Lugo, a de San Pedro de Espiñeira; e procedentes do bispado de Astorga, tres parroquias do enclave de Castro Caldelas e a de San Pedro da Gudiña. No entanto, tamén perdeu seis freguesías na provincia de Lugo e once na de Zamora.[6]

Datos editar

A finais de 2015 había 278.909 bautizados, sobre unha poboación de 284.492 persoas, o 98,1 % do total.

ano poboación sacerdotes diáconos relixiosos parroquias
bautizados total % total clero
secular
clero
regular
bautizados por
sacerdote
homes mulleres
1950 408.565 410.260 99,6 572 520 52 714 85 263 684
1970 380.335 381.061 99,8 634 560 74 599 109 504 656
1980 385.200 386.000 99,8 558 480 78 690 124 351 734
1990 316.513 317.628 99,6 482 427 55 656 89 315 737
1999 311.715 312.450 99,8 420 379 41 742 109 358 735
2000 311.670 312.400 99,8 412 372 40 756 117 354 735
2001 310.795 311.530 99,8 404 366 38 769 101 349 735
2002 311.652 312.400 99,8 396 359 37 787 97 346 735
2003 314.107 315.407 99,6 396 360 36 793 97 357 735
2004 314.107 315.407 99,6 393 358 35 799 79 352 735
2013 285.506 294.746 96,9 333 308 25 857 75 318 735
2016 278.909 284.492 98,1 305 266 39 914 85 328 735

Lista de bispos editar

Estes foron os bispos da diocese ao longo da historia:

 
El pontificado gallego. Cronica de los Obispos de Orense. de Benito Fernández Alonso.

Bispos primitivos editar

  • Vitimiro de Ourense ou Güitimiro (ca. 570)
  • Lupato (ca. 589)
  • Theodoro (ca. 610)
  • David (ca. 633 a 638)
  • Gaudisteo (ca. 646 a 650)
  • Somna (ca. 653 a 655)
  • Alario ou Hilario (ca. 675 a 683)
  • Maydo (ca. 802)
  • Adulfo (c. 820)
  • Sebastián (877-881)
  • Genserico (ca. 884)
  • Sumna (886-890)
  • Egila (ca. 900)
  • Estevo (ca. 905)
  • San Asurio (ca. 915-922)
  • Diego I (942-958)
  • Fredulfo (962)
  • Gonzalo (964)
  • Diego II (974-977)
  • Vimarano (ca. 986)

Bispos dependentes da arquidiocese de Braga editar

Bispos dependentes da arquidiocese de Compostela editar

 
Pedro de Quevedo y Quintano.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar