Wikipedia:Wikiproxecto A Galipedia na aula

Wikiproxecto A Galipedia na aula
Data de inicio24 de agosto de 2006
ObxectivoDar a coñecer e facilitar o uso da Galipedia como ferramenta educativa.
Participantes

O Wikiproxecto a Galipedia na aula pretende difundir o coñecemento da Galipedia no eido educativo e promover o seu uso como ferramenta educativa para os alumnos e profesores.

O proxecto editar

O Wikiproxecto a Galipedia na aula, collendo o nome do parente na Wikipedia en castelán (inactivo), nace como unha ferramenta potente e de fácil acceso e modificación. A comunidade da Wikimedia ten varios Wikiproxectos como a Wikiversity, que están máis orientados á docencia; precisando de dirección e conxunción de esforzos para a maior rendibilidade para obxectivos didácticos.

Obxectivos editar

Co anterior, podemos establecer algúns obxectivos primeiros (a moi longo prazo)

  • Espertar e manter a consciencia da Galipedia como ferramenta educativa.
  • Manter comunicación e coordinación con outros wikiproxectos, como a Wikiversity, para acadar obxectivos comúns (como a consulta ou a achega de contidos e creación deles por parte de alumnos e profesores) conseguindo así, a suma de todo o coñecemento humano, sendo unha referencia na que confiar, tanto polos alumnos coma polos educadores e institucións educativas.

Proposta de achegamento á edición editar

Esta é unha proposta para facilitar o achegamento dos rapaces á edición na Galipedia, consta de tres fases ordenadas de menor a maior complexidade e esforzo necesario. Estas fases non é necesario que se fagan todas na mesma materia, o mellor sistema sería que varias materias se organizaran para levalas adiante de forma coordinada. As fases poderían ser:

  1. Fase Be: Cada participante terá que amañar dez erros ortográficos de calquera tipo, castelanismos, lusismos, hiperenxebrismos, etc.
  1. Fase Water: Cada participante terá que engadir un parágrafo a un artigo traducíndoo doutra Wikipedia. Pode colaborarse coas materias de inglés, francés, castelán e galego.
  1. Fase My friend: Cada participante terá que facer un artigo novo que tería que ser presentado a artigo bo. Esta fase podería integrarse xa nalgunhas das tarefas que se propoñen no seguinte apartado.

Propostas de tarefas na aula editar

  • Corrección de erros ortográficos: na Galipedia hai moitos colaboradores e cada un ten un nivel de galego diferente, hai artigos que teñen partes mal traducidas doutras wikipedias e tamén hai diferentes erros comúns de escritura. Unha tarefa sinxela coa que comezar sería buscar palabras incorrectas e arranxar algúns dos artigos que as conteñan, na Galipedia hai unhas listas con algúns erros comúns, Wikipedia:Erros de ortografía e desviacións e Wikipedia:Erros de ortografía revisados, e tamén poden buscarse castelanismos, lusismos, hiperenxebrismos, hipergaleguismos, etc. Tamén se pode mellorar a ortografía dos artigos que están en Categoría:Wikipedia:Artigos que precisan de revisión ortográfica.
  • Desenvolvemento de artigos en progreso: nesta categoría poden atoparse todos os artigos en progreso agrupados por temas.
  • Traducións doutras Wikipedias: os profesores de idiomas poden propoñer actividades de tradución de artigos noutras linguas, que non existan na Galipedia ou que estean en progreso. En coordinación cos profesores doutras materias, poderían elixirse aqueles temas que se estean desenvolvendo nun momento dado, o que axudaría a un mellor desenvolvemento curricular. Resultan de gran interese a tradución dos artigos de calidade noutras wikipedias, xa que polo xeral son de grande calidade. Desde esta páxina poden atoparse as ligazóns ós artigos de calidade noutras linguas.
  • Creación de novos artigos: aínda que o ideal fose que os alumnos desenvolveran artigos relacionados co seu currículo educativo, é bastante probable que moitos destes artigos xa existan na Galipedia. Polo tanto sería tarefa do profesor revisar se existen ou non os artigos ou se paga a pena amplialos, no caso de que sexan artigos en progreso. Neste caso poden desenvolverse artigos de historia ou xeografía local, biografías de personaxes ilustres do concello (tamén personaxes que aparezan no seu rueiro), fauna e flora, patrimonio arqueolóxico, arquitectónico, cultural e natural local, cidades irmandadas e artigos relacionados con elas, etc.
  • Lectura de artigos: existen artigos que poden ser escoitados, o que resulta interesante para usuarios que non poden ver ou teñen dificultades para facelo, para estudantes de galego, etc. Os artigos de calidade serían os ideais para gravar a súa lectura, aínda que pode facerse con calquera artigo. No proxecto Wikipedia falada pode lerse o proceso a seguir.
  • Deseño de imaxes: son moitos os artigos que gañarían en calidade cunha boa imaxe, xa sexan debuxos, esquemas ou fotografías. Os profesores de debuxo, tanto artístico como técnico, poden propor que os alumnos suban os seus traballos a Wikimedia Commons para ser utilizados nos artigos da Wikipedia. Na Galipedia hai dous proxectos relacionados con isto: a galería de fotos de casas de concello de Galicia e o Wikipedia:Wikiproxecto fotos de parroquias que pretende conseguir que todas as parroquias civís de Galicia, que xa teñen o seu artigo, teñan tamén polo menos unha foto.

Ferramentas editar

Lista de cousas por facer editar

Polo momento, todo, pero pode servir de axuda a lista da páxina en castelán:

Proxectos docentes con interese en Wikimedia editar

Información sobre o tema «Introdución á informática» que pretende deixar constancia do feito na clase con wikis para que os estudantes lean, melloren e acheguen sobre os contidos de compañeiros para crear un produto colectivo de alta calidade.

Xa na Galipedia editar

Hai unha serie de artigos xa na Galipedia dirixidos xa ó mundo educativo, de xeito transversal, creados ou en creación:

Tamén son de utilidade diversos proxectos wiki na rede. En Galicia, por exemplo, un sobre as Feiras de ciencia na Galiza

Proxectos educativos na Galipedia editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

Para información como fonte: