Wikipedia:Wikiproxecto Categorías

Votacións
Artigos e imaxes destacados

Artigos de calidade (Propor · Votar)
Artigos bos (Propor · Votar)
Artigo destacado (Propor · Votar)
Artigo sobre Galicia (Propor · Votar)
Imaxe do día (Propor · Votar)

Políticas e normas

Votacións en curso
Resultados de votacións

Votacións para borrar

Artigos propostos para borrar (Votar)
Ficheiros propostos para borrar

Permisos de usuarios

Votacións á administración
Peticións de aprobación de bots

O Wikiproxecto Categorías ten como obxectivo completar a clasificación en categorías da Galipedia, reseñando as políticas sobre creación e mantemento de categorías e reunindo materiais que sirvan de axuda para elixir as categorías idóneas para unha mellor clasificación das páxinas.

Obxectivo editar

  • Debate e propostas da árbore de categorías.
  • Crear os materiais de axuda cos criterios para a clasificación en categorías.
  • Establecer as políticas sobre creación, clasificación e mantemento das categorías.

Procedemento editar

Ata agora no desenvolvemento da Galipedia a clasificación en categorías foi un proceso de consenso e debate, e ese é o camiño que pretende seguir este wikiproxecto. Para unha correcta clasificación en categorías resulta fundamental a análise previa e o exame pola comunidade das alternativas máis axeitadas. (Isto implica que só se poden crear polos usuarios categorías -sen necesidade de aprobación- que sexan resultado natural das propostas aprobadas -ex.: dentro de Xeografía -> Países -> Europa -> Calquera dos países que a integran-.)

As ramas debatidas e aprobadas poden consultarse en Wikipedia:Categorías.

Pasos a seguir:

  1. Sinalar a rama de categorías de traballo
  2. Comezar a debater na páxina de conversa as mellores solucións a esa rama
  3. Unha vez chegado ao consenso someter a votación a proposta na Taberna (propostas)
  4. Cando estean aprobadas comézase a aplicar

Para exercer o teu voto, sempre e cando cumpras os requisitos necesarios, podes empregar o modelo que exprese a túa opinión:

  •   Concordo ({{Concordo}}). Se estás de acordo coa proposta.
  •   Discordo ({{Discordo}}). Se non estás de acordo ou en oposición.
  •   Neutro ({{Neutro}}). Se non está nin en acordo nin desacordo.

Ademais diso, tamén podes usar:

  •   Comentario ({{Comentario}}). Para facer comentarios.
  •   Información: ({{Info}}). Para achegar calquera tipo de información.
  •   Pregunta: ({{Pregunta}}). Para formular unha pregunta.
  •   Agardar ({{Agardar}}). Para tomar un tempo de reflexión e decidir se cambiar ou non o voto actual.

Por favor, trata de argumentar a túa postura engadindo algunhas palabras que fundamenten o acordo ou desacordo coa proposta, en particular cando te opoñas. Ten en conta que a votación non é necesariamente sempre unha mera suma de votos; e non esquezas asinar (co botón   da caixa de edición ou engadindo ~~~~).

Participantes editar

(Engada o seu nome aquí se vai participar no proceso de elaboración da clasificación en categorías.)

Categorías en proceso de debate editar

Para crear un novo debate sobre unha rama de categorías engadir á páxina (nesta sección) o seguinte código: [[Wikipedia talk:Wikiproxecto Categorías/nomedacategoría]] substituíndo nomedacategoría pola categoría de que se trate.

Pode ver todas as discusións agrupadas na páxina de conversa deste artigo, non obstante edite as súas mensaxes nas páxinas individuais citadas arriba.

Categorías sobre as que xa se decidiu editar

    • A realida hoxe xa non é conforme a rama da categoría aprobada. Deberíase cavilar a necesidade de volver abrir o debate ? Non penso que sexa esto urxente, digóo porque eu ando cavilando no tema e cando teña elementos abrirei unha nova sección nesta páxina, agás o fago antes outro usuario (o que me gustaría moito). Deixei unha mensaxe na Taberna Saúdos ElviraConversa comigo 11:58, 22 setembro 2009 (UTC)

Árbore completa de categorías na Galipedia editar

http://en.wikipedia.org/wikistats/EN/CategoryOverview_GL_Complete.htm (no ano 2009)

Recursos editar

Na Galipedia editar

Noutras wikipedias editar