Wikipedia:O que é un artigo bo

Criterios dos Artigos bos na Galipedia

Considerarase un artigo bo da Galipedia ao que reúna as seguintes características:

  1. Debe estar correctamente redactado, ser completo, entendible, preciso, neutral e estable.
    1. Correctamente redactado significa que a súa redacción ten que ser clara, con ton enciclopédico e sen erros gramaticais (ortográficos, sintácticos ou semánticos).
    2. Completo quere dicir que trate o tema de forma completa, sen omitir elementos esenciais nin detalles relevantes, pero sen chegar ó detalle e extensión dun artigo de calidade.
    3. Entendible quere dicir que o artigo poida ser comprendido por persoas que non dominan o tema tratado. Os artigos non deben ser tratados como se os fosen ler especialistas, senón que deben enfocarse cara á xente que queira aprender léndoos.
    4. Preciso e concreto quere dicir que os temas que trate han de ser avalados con probas e citas específicas e externas que indiquen, de ser posible, a pasaxe ou a fonte da cal se obtivo. O artigo debe posuír referencias bibliográficas ou outras (ligazóns a páxinas da internet) que lle permitan ó lector confirmar as informacións.
    5. Neutral quere dicir que o artigo siga o punto de vista neutral e non ofreza dúbidas sobre a exactitude da información.
    6. Estable quere dicir que o artigo non mude constantemente de edición como resultado de desputas e guerras de edicións.
  2. O artigo debe estar en concordancia cos patróns definidos polo libro de estilo.
    1. Débese evitar empregar formas dialectais.
    2. O artigo debe posuír unha pequena introdución que resuma o contido que se vai desenvolver.
    3. Ter unha clara división en seccións e subseccións, de xeito consecuente.
    4. Unha táboa de contidos (sumario) significativa, mais non excesiva.
  3. O artigo debe posuír imaxes relacionadas co asunto, de xeito que completen o artigo sen estragar a estética e sen dificultar a súa lectura (como engadir imaxes), seguindo a política de uso de imaxes.

O vieiro cara a un artigo bo

  1. Creación dunha nova entrada
  2. Edición da páxina
  3. Redacción dun artigo brillante
  4. Exame dos criterios de avaliación
  5. Presentación da proposta
  6. Inclusión do artigo aquí

Artigos bos na Galipedia: