Wikipedia:Artigos bos/Propostas/Arte
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Aprobado
Período de votación: 1 de xullo de 2016 - 31 de xullo de 2016
SI: 5 — NON: 1 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Aprobado |
- Proposto por: Elisardojm (conversa) 1 de xullo de 2016 ás 12:06 (UTC)[responder]
- Período de votación: dende o 01-07-2016 ata o 31-07-2016.
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Artigo moi completo traducido da wiki.es, onde é de calidade, e que forma parte dos dez artigos que toda wikipedia debería ter.--Elisardojm (conversa) 1 de xullo de 2016 ás 12:06 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --Elisardojm (conversa) 1 de xullo de 2016 ás 12:06 (UTC)[responder]
- Concordo. --Chairego apc (conversa) 5 de xullo de 2016 ás 13:14 (UTC)[responder]
- Concordo. --AMPERIO (conversa) 10 de xullo de 2016 ás 10:26 (UTC)[responder]
- Concordo. --Breogan2008 (conversa) 10 de xullo de 2016 ás 17:49 (UTC)[responder]
- Concordo. --Miguelferig (conversa) 13 de xullo de 2016 ás 20:05 (UTC)[responder]
- En contra
- Neutros
- Comentarios
- Comentario sen ler o artigo. Penso que un artigo destas características deberiamos tentar sacalo para artigo de calidade e non para artigo bo. O artigo é de calidade na Wikipedia en castelán e catalán, seguramente con pouco traballo podería gañar a estrela de ouro. Creo que paga a pena, máis aínda sendo de calidade na Wikipedia en castelán... calquera que entre na Wikipedia a consultar o artigo e vexa que ten máis "rango" en castelán que en galego consultará o artigo en castelán. É a miña opinión. Un saúdo! Piquito (conversa) 1 de xullo de 2016 ás 17:49 (UTC)[responder]
- O artigo é unha tradución da versión de calidade que había na wiki.es no seu momento. Tivo moitas revisións posteriores aquí para amañar ligazóns e erros ortográficos co cal a tradución penso que está bastante ben. Eu non o quero propor a calidade porque no seu momento presenteino a destacado, non foi escollido e ademais Xoacas argumentou varias cousas a mellorar, que se indican na conversa do propio artigo, e que eu debido ó meu descoñecemento no tema non podo amañar. Porén, xa que agora temos esta nova categoría de artigos bos penso que ben pode encadrarse nela a pesar deses problemas e por iso o presentei. Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de xullo de 2016 ás 16:57 (UTC)[responder]