Vilaller (pronunciado Virallé no catalán ribagorzano) é un municipio catalán da provincia de Lleida, situado na comarca da Alta Ribagorça, no val de Barravés. Inclúe a entidade municipal descentralizada de Senet, antes coñecido como Senet de Barravés.

Modelo:Xeografía políticaVilaller
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 42°28′36″N 0°43′03″L / 42.476623, 0.717366Coordenadas: 42°28′36″N 0°43′03″L / 42.476623, 0.717366
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
ProvinciaProvincia de Lleida
ComarcaAlta Ribagorça Editar o valor em Wikidata
CapitalVilaller (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Senet (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación505 (2023) Editar o valor em Wikidata (8,53 hab./km²)
Número de fogares46 (1553) Editar o valor em Wikidata
Lingua oficiallingua catalá Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie59,2 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porRío Noguera Ribagorzana Editar o valor em Wikidata
Altitude981 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Mayor of Vilaller (en) Traducir Editar o valor em WikidataMaria José Erta Ruíz (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal25552 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE25245 Editar o valor em Wikidata
Código territorial IDESCAT252458 Editar o valor em Wikidata

Páxina webajuntamentdevilaller.cat Editar o valor em Wikidata
Facebook: 100070121517199 Twitter: ajvilaller Instagram: ajuntamentvilaller Editar o valor em Wikidata

Xeografía editar

Situado no extremo noroccidental da comarca, Vilaller limita ao norte con Vielha e Mijaran, ao nordés con Naut Aran, ao leste con La Vall de Boí, ao sur con El Pont de Suert e ao oeste co municipio aragonés de Montanuy (Huesca).

Historia editar

Os primeiros datos de poboación desta localidade datan do ano 1381 no que estaban censadas 11 casas. O municipio está dividido en dúas partes diferenciadas, unha a cada lado do río Noguera Ribagorzana; por unha banda, o núcleo antigo, situado na montaña e por outro, o barrio novo que se desenvolveu ao abrigo do turismo, preto da estrada que lle une co Val de Arán.

Demografía editar

Evolución demográfica
1900 1930 1950 1981 2000 2012
593 494 1.101 939 578 667

Economía editar

A principal actividade económica é a gandería, principalmente de gando bovino e ovino. Hai moi pouca agricultura, centrada no cultivo de cereais e patacas. O turismo desenvolveuse nos últimos anos aínda que aínda non se converteu na principal fonte de ingresos de Vilaller.

 
Antiga ponte de Vilaller sobre o río Noguera Ribagorzana.

O termo municipal inclúe dúas centrais hidroeléctricas: a de Vilaller, construída en 1952, e a de Valira de Castanesa de 1962.

Cultura editar

A igrexa parroquial está dedicada a San Clemente. Trátase dun edificio barroco, do século XVIII, composta por tres naves e campanario de forma octogonal. Consérvase tamén unha ponte gótica sobre o Noguera Ribagorzana. Na localidade de Senet de Barravés atópase a igrexa de Santa Cecilia de estilo románico, cun ábsida e dúas absidiolas.

Vilaller celebra a súa festa maior a mediados do mes de agosto. Durante o mes de outubro celebra a Feira de Todos os Santos e do Cepo.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar