Vhembelacerta rupicola

(Redirección desde «Vhembelacerta»)

Vhembelacerta rupicola
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Sauropsida (Réptiles)
Orde: Squamata
Suborde: Lacertilia
Familia: Lacertidae
Subfamilia: Lacertinae
Tribo: Eremiadini
Xénero: Vhembelacerta
Edwards, Herrel, Vanhooydonck, Measey, Tolley, & Branch, 2013
Especie: V. rupicola
Nome binomial
Vhembelacerta rupicola
(FitzSimons, 1933)
Sinonimia
Véxase o texto

Vhembelacerta rupicola é unha especie de lagarto da familia dos lacértidos, subfamilia dos lacertinos, e tribo dos eremiadinos, a única do xénero Vhembelacerta.[2][3]

Taxonomía editar

Descrición editar

Xénero editar

O xénero foi descrito en 2013 por Edwards, Herrel, Vanhooydonck, Measey, Tolley e Branch, que o separaron do xénero Lacerta.

Especie editar

A especie foi descrita inicialmente en 1933 polo herpetólogo surafricano Vivian Frederick Maynard FitzSimons, baixo o nome de Lacerta ripicola.[4]

Etimoloxías editar

O nome científico, do xénero está formado pola unión dos elementos Vhwembe- e -lacerta. O primeiro refírese á rexión de Vhembe da provincia de Limpopo, onde a especie é endémica. O segundo fai referencia a lacerta, nome latino de "lagarto", e conserva o vínculo histórico co xénero Lacerta, no que se describiu orixinarimente a especie.

O epíteto específico, rupicola, significa que habita nas rochas, xa que este lagarto é bastante estritamente saxícola, termo fomado polos elementos saxi- e -cola, do latín saxum, -i, "pena", "rocha", e colere, "habitar",[5] debido a que habita máis nas rochas, en comparación con outras especies da zona.

Sinónimos editar

Ademais de polo seu nome actualmente váliso, a escpecie coñeceuse tamén polos sinónimos:[6]

  • Lacerta rupicola FitzSimons, 1933 (protónimo)
  • Australolacerta rupicola Kirchhof et al., 2010

Caractarterísticas e bioloxía editar

Vhembelacerta rupicola é unha especie de lagarto de corpo aplanado, pequeno (mide entre os 40 e os 50 mm). De hábitos diúrnos, habita en rochas en pedregais e afloramentos rochosos a altitudes de 900 a 1 600 m.[7]

É endémica da provincia de Limpopo, no norte de Suráfrica.[1][6]

Este lagarto é un cazador activo de invertebrados nas ladeiras sur dos outeiros da zona.

Ameazas editar

As plantacións de árbores a grande escala son a principal ameaza para a calidade e extensión do hábitat de Vhembelacerta rupicola. Porén, as áreas onde se producen estas plantacións limítanse á marxe oriental da área de distribución da especie, o que reduce a gravidade da ameaza.[1]

Estado de conservación editar

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais considera que Vhembelacerta rupicola ten unha pequena área de distribución (só uns 2 700 km2), pero non hai ameazas substanciais para o seu hábitat ou poboacións na actualidade. Aínda que houbo un descenso no pasado na extensión e calidade do hábitat axeitado debido ás plantacións de árbores, esta non é unha ameaza activa na actualidade. Se esta ameaza se activase, a especie debería ser reavaliada pero, na actualidade o status da especie considérase como LC (pouco preocupante).[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Tolley, K. & Turner, A. A. (2018): Vhembelacerta rupicola na Lista vermella da UICN. Versión 2022-1. Consultada o 2 de outubro de 2022.
  2. Vhembelacerta Edwards, Herrel, Vanhooydonck, Measey, Tolley & Branch, 2013 no GBIF. Consultado o 2 de outubro de 2022.
  3. Vhembelacerta Edwards, Branch, Herrel, Vanhooydonck, Measey & Tolley, 2013 na BioLib. Consultada o 2 de outubro de 2022.
  4. Lacerta rupicola Fitzsimons, 1933 no GBIF.
  5. Font Quer, P. (1993): Diccionario de botánica. Barcelona: Editorial Labor. ISBN 84-335-0078-3.
  6. 6,0 6,1 Vhembelacerta rupicola en The Reptilia Database.
  7. Kirchhof, S.; Linden, J.; Rodder, D. & Richter, K. (2010): "Daily activity patterns of Australolacerta rupicola (FitzSimons, 1933) (Sauria: Lacertidae) with comments on niche segregation within a syntopic lizard community". North-Western Journal of Zoology 6 : 172–181.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Edwards, Branch, Vanhooydonck, Herrel, Measey & Tolley (2013): "Taxonomic adjustments in the systematics of the southern African lacertid lizards (Sauria: Lacertidae)". Zootaxa 3669 (2): 101–114.
  • FitzSimons, V. (1933): "Description of five new lizards from the Transvaal and Southern Rhodesia". Annals of the Transvaal Museum 15 (2): 273-280.

Outros artigos editar