Válvula ileocecal

A válvula ileocecal[1][2] (papila ileal, válvula de Tulp ou Tulpius,[2] válvula de Bauhin,[2] válvula de Varolio[2] ou válvula cólica) é un válvula de músculo esfínter que separa o intestino delgado do groso, situada na comunicación entre o íleo e o cego.[3] A súa función é limitar o refluxo dos contidos do colon cara ao íleo.[4] Normalmente está pechada e só abre para deixar pasar os alimentos. Aproximadamente entran dous litros de fluído no colon cada día a través da válvula ileocecal.

Válvula ileocecal
Interior do cego e extremo inferior do colon ascendente coa válvula íleocecal etiquetada como "colic valve" (válvula cólica)
Imaxe endoscópica do cego coa frecha apuntando á valva íleocecal en primeiro plano
Latín Valva ileocaecalis s. papilla ilealis
Sistema Sistema dixestivo
Arteria Arteria ileocólica
Vea Vea ileocólica

Microanatomía editar

A histoloxía da válvula ileocecal mostra un cambio abrupto desde a mucosa vilosa propia do íleo a unha mucosa de tipo colónico. Presenta un engrosamento da capa de músculo liso que forma o esfínter. Tamén se observa un engrosamento da capa muscular externa.[3] O esfínter reláxase despois das comidas de modo reflexo á vez que se activa o peristaltismo.[5] No orificio ileocecal hai pregamentos da mucosa que penetran no cego e funcionan como unha válvula de dúas valvas, que se pecha cando o colon está cheo, impedindo o refluxo.[5]

Na válvula hai tamén unha cantidade variable de tecido linfático.[6]

A válvula ileocecal ten unha estrutura papilosa.

Importancia clínica editar

Colonoscopia editar

Durante unha colonoscopia, utilízase a válvula ileocecal, xunto co orificio do apéndice vermiforme, para a identificación do cego. Isto é importante xa que indica que se realizou unha colonoscopia completa. A válvula ileocecal está situada no último pregamento antes da entrada ao cego e pode localizarse pola dirección da curvatura do orificio do apéndice, no que se chama signo do arco e a frecha.[7]

A intubación da válvula ileocecal realízase nas colonoscopias para avaliar a parte distal (final) do íleo. Unha pequena endoscopia pode tamén realizarse por enteroscopia de dobre globo por intubaión da válvla ileocecal.[8]

Lesións editar

Os tumores da válvula ileocecal son raros, pero hai casos descritos na literatura.[9][10] Poden darse outras lesións benignas darse nesta válvula, que adoitan ser difíciles de diagnosticar e tratar cirurxicamente.[11]

Historia editar

A válvula ileocecal foi descrita polo médico holandés Nicolaes Tulp (1593–1674), polo que ás veces se lle chama válvula de Tulp ou de Tulpius. Tulp foi pintado por Rembrandt no seu cadro Lección de anatomía do Dr. Nicolaes Tulp (1632).

A válvula ileocecal foi tamén descrita en 1588 polo suízo Gaspard Bauhin no limiar da súa primeira obra De corporis humani partibus externis tractatus, hactenus non editus., de aí o nome de válvula de Bauhin que tamén se lle dá.

Galería editar

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ileocecal.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Diccionario Galego de Termos Médicos. Real Academia Galefa de Medicina e Cirurxía. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Santiago de Compostgela 2002. Páxina 811-812.
  3. 3,0 3,1 Pollard, MF; Thompson-Fawcett, MW; Stringer, MD (2012). "The human ileocaecal junction: anatomical evidence of a sphincter". Surgical and Radiologic Anatomy 34 (1): 21–9. PMID 21863224. doi:10.1007/s00276-011-0865-z. 
  4. Barret KE. "Lange Gastrointestinal Physiology". The McGraw-Hill Companies, 2006.
  5. 5,0 5,1 Bloom-Fawcett. Tratado de Histología. 11ª edición. Interamericana-McGraw Hill. Páxina 665. ISBN 84-7605-361-4 .
  6. Burkitt HG, Young B, Heath JW. Wheater's Functional Histology: a text and colour atlas. Churchill Livingstone, Londres, 1993.
  7. Cotton PB, Williams CB. Practical Gastrointestinal Endoscopy Blackwell Publishers, Londres, 1996
  8. Ross, AS; Waxman, I; Semrad, C; Dye, C (2005). "Balloon-assisted intubation of the ileocecal valve to facilitate retrograde double-balloon enteroscopy". Gastrointestinal Endoscopy 62 (6): 987–8. PMID 16301054. doi:10.1016/j.gie.2005.09.002. 
  9. Yörük, G; Aksöz, K; Buyraç, Z; Unsal, B; Nazli, O; Ekinci, N (2004). "Adenocarcinoma of the ileocecal valve: report of a case". The Turkish Journal of Gastroenterology 15 (4): 268–9. PMID 16249985. 
  10. Song, HJ; Ko, BM; Cheon, YK; Ryu, CB; Lee, JS; Lee, MS; Shim, CS (2005). "Isolated ileocecal lymphoma". Gastrointestinal Endoscopy 61 (2): 293–4. PMID 15729248. doi:10.1016/S0016-5107(04)02548-9. 
  11. Lasser, Elliott C.; Rigler, Leo G. (1955-01-01). "Ileocecal Valve Syndrome". Gastroenterology (en inglés) 28 (1): 1–16. ISSN 0016-5085. PMID 13232170. doi:10.1016/S0016-5085(55)80060-1. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar