Tumor

alteración patolóxica dos tecidos que deriva nun aumento de volume destes

Un tumor[1] é unha alteración patolóxica dos tecidos que deriva nun aumento de volume destes. É un agrandamento anormal dunha parte do corpo, que aparece inchado ou distendido. En sentido restrinxido, un tumor é calquera vulto que se deba a un aumento no número de células que o compoñen, independentemente de que sexan de carácter benigno ou maligno. Cando un tumor é maligno, ten capacidade de invasión ou infiltración e de metástase a lugares distantes do tumor primario, e entón cando pasa a ser coñecido como cancro. O tumor, xunto co rubor, a dor e a calor forman a tétrade clásica dos síntomas e signos da inflamación.

Tumor benigno nunha fazula coñecido co nome de hidradenoma.

Causas dos tumores editar

Os tumores son alteracións debidas diversos factores causantes. Deste xeito, existe un marcado compoñente xenético nos cancros e un importante compoñente ambiental. Os xenes involucrados nestes procesos son varios, algúns deles característicos de determinados cancros (BRCA 1 e 2 no cancro de mama ou o APC no adenocarcinoma de colon). Outros, coma o xene p53 aparecen mutados en moi diversos cancros. As funcións destes xenes son múltiples, pero un grupo importante regula o ciclo celular, directa ou directamente. É o caso do p53, que ao detectar anomalías xenéticas irreparables debe iniciar a apoptose (a morte da célula tumoral). O p53 é un xene moi susceptible ás substancias do tabaco, aínda que tamén pode ser defectuoso dende o nacemento.

O compoñente ambiental é aínda máis importante caos xenes nalgúns tumores. É o caso dos mesoteliomas, que se producen debido a contactos longos con asbesto. Unha mala dieta, pobre en fibra tamén é un factor favorecedor do cancro de colon. Algúns tumores están causados por infeccións, é o caso do cancro de estómago, que está relacionado pola infección por Helicobacter pylori, o mesmo mecrobio que causa a úlcera gástrica. Algunhas infeccións víricas tamén poden producir tumores, é o caso de infeccións do virus de Epstein-Barr.

Notas editar