Usuario:Wikiportas/Manuel Buceta del Villar
Biografía | |
---|---|
Cargos | |
Gobernador Militar da Provincia de Málaga | |
Período | 1871 – 1872 |
Monarca | Amadeo I |
71.º y 73.º Gobernador Militar de Melilla | |
Período | 15 de noviembre de 1854 – 12 de noviembre de 1856 |
Antecesor | José Eustaquio de Castro y Méndez |
Sucesor | José Muñoz |
Período | 28 de octubre de 1858 – 19 de febrero de 1860 |
Antecesor | Francisco Ceballos |
Sucesor | Luis Lemni Demandre |
Gobernador Político-Militar de Santiago de los Caballeros | |
Período | Ata – 22 de agosto de 1863 |
Gobernador Político-Militar de Samaná | |
Período | Ata – 10 de noviembre de 1863 |
Sucesor | José Hungría |
Conflictos: | |
Datos persoais | |
Outros nomes | Farruco |
Actividade | |
Ocupación | Militar. Rango: Brigadier |
Manuel Buceta del Villar (15 de abril de 1808, Portas, Galicia - 3 de febreiro de 1882, Málaga) foi un Brigadier español que ocupou os cargos de Gobernador Militar de Málaga e Melilla, tamén estivo na Guerra de Santo Domingo e a Primeira Guerra Carlista.
Fillo natural de María Buceta del Villar, ingresou como cabo primeiro nas Milicias populares e participou na Primeira Guerra Carlista como sarxento primeiro, destacándose desde un principio polo seu talante liberal. Na revolución de 1846 era comandante da Garda Civil e en compañía do xeneral Solís marchou cara á Coruña formando parte da primeira división, integrada polos rexementos provinciais de Xixón e Segovia, un batallón de Infantaría de Zamora, unha compañía de "Guías da Liberdade", 120 carabineros, 20 cabalos e dúas pezas de artillaría. Pero o levantamento fracasou e Miguel Solís Cuetos foi fusilado con outros en Carral o 26 de abril, e Buceta fuxiu disfrazado de muller a Portugal.
Ao ano seguinte está en Madrid participando nos movementos liberais populares que preparaban a revolución de 1848, que dirixe; pero é detido e ten que escoller o camiño do exilio ata que en 1850 é amnistiado e retorna de novo ao servizo activo. Tivo parte moi activa no pronunciamiento militar de xullo de 1854 que determinou o triunfo do Partido Progresista e o regreso de Espartero a España. Buceta é nomeado coronel e é destinado ao cargo de Gobernador Militar da praza de Melilla. Logrou éxitos importantes combatendo aos rifeños, que o coñecían polo sobrenome de "Farruco".
Ascende a brigadier e até 1857 permanece como Gobernador Militar de Melilla, loitando á beira do xeneral O'Donnell. Posteriormente pasa a Cuba e logo, como Gobernador de Samaná na illa Española de Santo Domingo, onde realizou unha moi importante labor entre a poboación indíxena. Alí fundou a poboación "Flechas de Colón", contribuíndo a pacificar a provincia de Santiago dos Cabaleiros que estaba insurreccionada durante a Guerra de Santo Domingo, desempeñando máis tarde o posto de Cabo segundo da Provincia de Santo Domingo.
En 1866 regresa a Madrid e, ao producirse a Revolución de 1868, Buceta está encarcerado en Peñíscola. Unha vez en liberdade é de novo destinado a Cuba, participando en varios feitos de armas para daquela ser nomeado Gobernador militar de Málaga. Cando se achaba destinado en Xirona en 1873, foi arrestado polo Capitán xeral de Cataluña e posto en liberdade a comezos do ano seguinte. En 1879, estando de comandante xeral do Campo de Xibraltar e destinado á reserva, tres veces foi proposto para tenente xeral, pero dada a perseveranza e ardor con que sempre mantiña os seus ideais liberais, o seu nome foi rexeitado.
Manuel Buceta del Villar faleceu en Málaga, lonxe da súa Galicia natal, o 3 de febreiro de 1882.
Bibliografía editar
- Gran Enciclopedia Galega.
- Manuel Buceta del Villar, Historia de Portas.
- El pasado revolucionario del brigadier, surdealboran.blogspot.com.es
- La revolución gallega de 1846, fundaciondomingofontan.es
- Más malo que Buceta. Vicisitudes de un brigadier español durante la Guerra Restauradora, Edwin Espinal Hernández.