Ola son unha alumna de 4 de ESO do IES Breamo.

{{EN USO}}

Diego Leanos (Redlands, California, 6 de setembro de 1996) coñecido profesionalmente como Lil Xan, é un rapeiro estadounidense de ascendencia mexicana. É máis coñecido polo seu sinxelo gañador dunha certificación platino "Betrayed", que chegou ao posto número 64 no Billboard Hot 100.

PRIMEIROS ANOS:
Naceu en Redlands, California. Mentres medraba, Leanos era pobre e viviu en moteis na maior parte da súa infancia. Asistiu a Redlands East Valley High School, pero abandonou a escola secundaria no seu primeiro ano e pasou varios anos sen emprego. Leanos traballou como varrendeiro e dedicouse á venda de drogas antes de comezar a rapear. Despois tentou facerse un espazo no mundo da fotografía, apoiado polos seus amigos, que eran rapeiros. Mais, cando alguén lle roubou a súa cámara, decidiu dedicarse ao rap en lugar de investir nunha nova.

Diego era adicto ao Xanax, xunto a opiáceos e outras benzodiazepinas, e puido deixar o medicamento despois de dous anos de rehabilitación e agora fala contra o abuso de Xanax e anima ás persoas a deixar de usar o medicamento completamente .
CARREIRA:
Diego comezou a gañar recoñecemento a través de plataformas como SoundCloud e YouTube. A súa popularidade medrou tras a publicación do videoclip da súa canción "Betrayed" en agosto de 2017. A canción acadou o posto 64 no Billboard Hot 100. Nunha entrevista con XXL, Leanos anunciou o seu álbum debut, Total Xanarchy. O álbum inclúe colaboracións con artistas como Diplo e Swae Lee. En decembro de 2017, Leanos anunciou a súa xira Total Xanarchy, que se esgotou en só cinco horas, segundo Billboard.

En 2018, Leanos anunciou que cambiaría o seu nome artístico a "Diego" para apoiar a súa mensaxe contra as drogas, aínda que máis tarde dixo nunha entrevista que non estaba seguro de se cambiaría o seu nome finalmente.

Estilo musical:
Leanos mencionou a Pharrell Williams e N. E. R. D como as súas primeiras influencias do hip hop, xunto con outras como Arctic Monkeys, Cage the Elephant e Queens of the Stone Age. Leanos tamén describiu a Drake e Mac Miller como inspiracións musicais. 
De acordo con Pigeons & Planes, a música de Leanos comezou como un "trap típico" e máis tarde mudouse a "un son máis escuro e soñador".  The New Yorker describiu a súa música como un "rap triste" máis coñecido como "SAD rap" na industria do rap/trap.