Universidade de Würzburg

A Universidade Julius Maximilians de Würzburg (en alemán: Julius-Maximilians-Universität Würzburg ) é unha universidade pública alemá situada en Würzburg e unha das máis prestixiosas do país.

Universidade de Würzburg
Julius-Maximilians-Universität Würzburg
Datos xerais
LocalizaciónWürtzburg, Baviera
Fundación1402 (refundación 1582)
FundadorJohann von Egloffstein
Datos actuais
Alumnos28277[1]
Datos de contacto
Facebook: uniwue Twitter: Uni_WUE Instagram: uniwuerzburg Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Foi fundada o 10 de decembro de 1402 polo príncipe bispo Johann von Egloffstein como "Escola Superior de Würzburg". Foi a sexta universidade fundada no ámbito xermánico (despois da Universidade Carolina de Praga, Universidade de Viena, Universidade de Heidelberg, Universidade de Colonia e Universidade de Erfurt), e a primeira de Baviera.

Orixe do nome editar

O seu nome oficial é Universidade Julius-Maximilians-Universität Würzburg), pero coñécese comunmente como Universidade de Würzburg. Este nome tómao de Julius Echter von Mespelbrunn, príncipe-bispo de Würzburg, que restableceu a universidade hai 426 anos, e do príncipe elector Maximilian Joseph, baixo o cal se produciu a secularización a principios do século XIX.

Actualidade editar

A universidade é membro do grupo Coimbra.

Destacados premios Nobel estudaron e traballaron nesta prestixiosa universidade ao longo dos anos.

Campus editar

A sede da administración central da universidade, a oficina de estudantes estranxeiros e varios institutos de investigación están situadas na zona histórica da cidade, mentres que o Campus de Artes Liberais está situado na parte leste da cidade.

Alumnos editar

A súa poboación estudantil ascende a máis de 28.000, dos cales máis de 1.000 proceden doutros países.

Facultades editar

Na refundación de 1582 establecéronse as facultades de Teoloxía e Filosofía, ás que seguiron Dereito e Medicina . En 1937 xurdiu a Facultade de Filosofía da Facultade de Matemáticas e Ciencias Naturais, en 1968 a de Económicas e en 1972 a de Pedagoxía. Na reforma de 1974 a estrutura foi totalmente alterada.

A orde actual é a seguinte

  1. Facultade de Teoloxía Católica
  2. Facultade de Dereito
  3. Facultade de Medicina
  4. Facultade de Filosofía I (Ciencias Históricas, Filolóxicas, Culturais e Xeográficas)
  5. Facultade de Filosofía II (Filosofía, Psicoloxía, Ciencias da Educación e Sociais)
  6. Facultade de Bioloxía
  7. Facultade de Química e Farmacia
  8. Facultade de Matemáticas e Informática
  9. Facultade de Física e Astronomía
  10. Facultade de Economía

Membros destacados editar

Profesores editar

Premios Nobel editar

Galería editar

Sostibilidade editar

A Comisión de Sostibilidade (Nachhaltigkeitskommission) asesora á dirección da universidade sobre cuestións relacionadas co funcionamento ambiental, consciente e sustentábel. Participa significativamente na preparación, coordinación e posta en marcha dunha estratexia de sostibilidade universitaria. A Vicerreitora de Sostibilidade é a profesora Anja Schlömerkemper.[2]

Notas editar

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2021. Consultado o 06 de maio de 2022. 
  2. "Nachhaltigkeitskommission - Universität Würzburg". www.uni-wuerzburg.de. Consultado o 2022-05-06. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar