Ultimate Success Today

Ultimate Success Today é o quinto álbum de estudio da banda estadounidense de post-punk Protomartyr, publicado o 17 de xullo de 2020 a través do selo Domino Recording Company. Tematicmante inspirado na crise dos 40 do vocalista Joe Casey, o disco foi concibido como unha "despedida" da primeira década da banda e foi gravado en 2019 nos Dreamland Recording Studios de Hurley, Nova York, coa axuda do produtor David Tolomei. Nas sesións a banda comportouse como unha unidade, incluso ata o punto de seguir rutinas semellantes cada día. O álbum conta con destacadas colaboracións de músicos como Jemeel Moondoc e Fred Lonberg-Holm. As letras foron descritas como escuras e apocalípticas, mentres que a música resulta máis sutil e dinámica que nos seus anteriores lanzamentos.

Ultimate Success Today
Álbum de Protomartyr
Publicado17 de xullo de 2020
Gravación2019
Estudio(s)Dreamland Recording Studios en Hurley, Nova York
Duración40:07
Xénero(s)post-punk, noise rock, art rock
Selo(s)Domino
Producido porProtomartyr, David Tolomei
Cronoloxía
Consolation
(2018)
Ultimate Success Today Formal Growth in the Desert
(2023)

Titulado polos infocomerciais de tipo "fágase rico rapidamente" (a tradución do título viría a ser algo como "éxito final hoxe"), o álbum debería ser publicado no mes de maio, pero adiouse ata xullo debido á pandemia por coronavirus.[1] Lanzáronse tres sinxelos acompañados dos seus respectivos vídeos, e unha versión visual do álbum estivo dispoñible dous días despois da súa edición. O traballo foi aclamado pola crítica,[2] e moitos críticos atoparon que reflectía o estado do mundo en xeral no ano 2020, a pesar de estar escrito o anos anterior, ademais de loubar a súa evolución estilística.

Listaxe de cancións editar

CD editar

N.º Título Duración
1. "Day Without End"   3:16
2. "Processed by the Boys"   5:05
3. "I Am You Now"   3:12
4. "The Aphorist"   3:43
5. "June 21"   4:36
6. "Michigan Hammers"   4:00
7. "Tranquilizer"   3:09
8. "Modern Business Hymns"   4:14
9. "Bridge & Crown"   4:22
10. "Worm in Heaven"   4:30
40:07

LP editar

Cara A
N.º Título Duración
1. "Day Without End"   3:16
2. "Processed by the Boys"   5:05
3. "I Am You Now"   3:12
4. "The Aphorist"   3:43
5. "June 21"   4:36
19:52
Cara B
N.º Título Duración
1. "Michigan Hammers"   4:00
2. "Tranquilizer"   3:09
3. "Modern Business Hymns"   4:14
4. "Bridge & Crown"   4:22
5. "Worm in Heaven"   4:30
20:15

Notas editar

  1. Roberts, Christopher. "Protomartyr Share Video for New Song “Worm in Heaven” and Postpone New Album Due to COVID-19". undertheradarmag.com (en inglés). Consultado o 2020-09-24. 
  2. "Ultimate Success Today by Protomartyr" (en inglés). Consultado o 2020-09-24.