Tyson Pérez

xogador de baloncesto galego-dominicano

José Miguel Pérez Balbuena, máis coñecido como Tyson Pérez, nado o 29 de xaneiro de 1996 en Santo Domingo, é un xogador de baloncesto galego-dominicano, que milita no MoraBanc Andorra da liga ACB. Con 2,02 de estatura, xoga na posición de ala-pivote. É internacional coa selección española.

Tyson Pérez
BAXI Manresa  – No. 4
Información persoal
Nacemento 29 de xaneiro de 1996 (28 anos)
Santo Domingo, R. Dominicana
Altura 2,02 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 97 kg (214 lb)
Posición Ala-pivote
Liga ACB
Información da carreira
Canteira Santo Domingo Betanzos
Internacional España
Carreira 2014−presente
Historial de equipos
Santo Domingo Betanzos (2014−2016)
Eurocolegio Casvi (2016−2017)
Real Canoe Natación (2017−2019)
MoraBanc Andorra (2019−2022)
BAXI Manresa (2022−presente)
Premios e galardóns
MVP LEB Prata (2017−18)
MVP LEB Ouro (2018−19)

Traxectoria editar

Naceu en Santo Domingo, capital da República Dominicana. O alcume de "Tyson" é un apelativo que recibiu por parte do seu pai, co que xogaba moito ao boxeo de pequeno, e que fai referencia a Mike Tyson.[1] En 2005, aos 9 anos, instalouse en Galicia, na vila de Sada.[2] No seu país natal xogaba ao béisbol, mentres que en Galicia probou varios deportes como o fútbol ata que comezou a xogar ao baloncesto aos 15 anos, sen saber nin as regras.[3]

Debutou na liga EBA en 2014, nas filas do Santo Domingo Betanzos, co que disputou as dúas seguintes tempadas, e onde chamou a atención de Pepe Laso, que o levou para Madrid.[3] Alí xogou nas filas do Eurocolegio Casvi de Villaviciosa de Odón, onde realizou unha boa tempada, o que lle permitiu asinar en 2017 polo Real Canoe Natación.[4] Na súa primeira tempada converteuse nunha das pezas chaves do conxunto madrileño que logrou o ascenso á LEB Ouro, e foi elixido MVP.[5][6] No verán de 2018, renovou co Canoe por unha tempada máis, debutando así na LEB Ouro, e conseguindo ser nomeado de novo MVP da tempada.[7][8] En xullo de 2019 deu o salto á liga ACB ao asinar polo Bàsquet Club Andorra.[9] Após o descenso do club andorrano, en 2022 asina polo Bàsquet Manresa.

Selección española editar

Tras pasar polas categorías inferiores da selección española, debutou coa selección absoluta o 11 de novembro de 2020, nun partido fronte á selección de Israel.[10]

Notas editar

  1. "'Tyson' Pérez: "Hasta llegar a España no había jugado nunca al baloncesto"". Marca (en castelán). 14 de decembro de 2017. Consultado o 1 de decembro de 2020. 
  2. "Tyson Pérez: Hago tortilla de patatas al estilo gallego". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de abril de 2020. Consultado o 1 de decembro de 2020. 
  3. 3,0 3,1 Sáez-Bravo, Lucas. "El meteórico ascenso de Tyson Pérez: "Tuve que mirar en wikipedia quién era Pablo Laso"". El Mundo (en castelán). Consultado o 1 de decembro de 2020. 
  4. Clausín, Luis (10 de agosto de 2017). "Tyson Pérez: "He elegido Canoe para seguir trabajando individualmente con Pepe Laso"". Muevetebasket (en castelán). Consultado o 1 de decembro de 2020. 
  5. "Real Canoe culmina su cuento de hadas con el ascenso a LEB Oro". Federación Española de Baloncesto (en castelán). 5 de xuño de 2018. Consultado o 1 de decembro de 2020. 
  6. "Tyson Pérez (29+16) lidera el histórico ascenso del Canoe a LEB Oro". Marca (en castelán). 5 de xuño de 2018. Consultado o 1 de decembro de 2020. 
  7. "‘Tyson’ Pérez, MVP de la LEB Oro; Curro Segura, el mejor entrenador". Gigantes del Basket (en castelán). 29 de xuño de 2019. Consultado o 1 de decembro de 2020. 
  8. "El MVP Tyson Pérez cumplirá su segunda temporada en el ZTE Real Canoe". Federación Española de Baloncesto (en castelán). Consultado o 1 de decembro de 2020. 
  9. "Tyson Pérez, un MVP para las filas de MoraBanc Andorra". ABC (en castelán). 29 de xullo de 2019. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2019. Consultado o 1 de decembro de 2020. 
  10. "Israel remonta 18 puntos de la mano de Tamir Blatt (95-87)" (en castelán). 28 de novembro de 2011. Consultado o 1 de decembro de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar