Tour de Francia 2013

O Tour de Francia 2013 foi a 100ª edición da carreira ciclista máis importante do mundo. O seu percorrido comezou o 29 de xuño na cidade corsa de Porto-Vecchio e rematou o 21 de xullo en París.

Modelo:Competición deportivaTour de Francia 2013
Imaxe
TipoTour de Francia Editar o valor em Wikidata
Deporteciclismo en ruta Editar o valor em Wikidata
Parte deUCI World Tour 2013 Editar o valor em Wikidata
Distancia do evento3.403,5 km Editar o valor em Wikidata
Lugar de saídaPorto-Vecchio Editar o valor em Wikidata
Liña de metaParís Editar o valor em Wikidata
Número de participantes198, inicio
169, final Editar o valor em Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
PaísFrancia Editar o valor em Wikidata
Intervalo de tempo29 de xuño de 2013 – 21 de xullo de 2013 Editar o valor em Wikidata
Número de edición100 Editar o valor em Wikidata
Competición

Gañador da clasificación xeral Christopher Froome
Vencedora da classificação por equipas Tinkoff-Saxo
Segundo da clasificación xeral Nairo Quintana
Terceiro da clasificación xeral Joaquim Rodríguez
Gañador da clasificación por puntos Peter Sagan
Gañador da clasificación da montaña Nairo Quintana
Vencedor da classificação dos jovens Nairo Quintana
Winner of the most combative rider Christophe Riblon
Editar o valor em Wikidata
Outro
Páxina web oficialletour.fr… Editar o valor em Wikidata

2012 Editar o valor em Wikidata
2014 Editar o valor em Wikidata

Os equipos participantes foron 22, 19 deles de categoría UCI ProTour (primeira división do ciclismo) e os outros 3 de categoría UCI Profesional Continental, convidados pola organización da carreira. O número de ciclistas participantes foi polo tanto de 198 (9 por equipo).

A carreira presentou as ausencias salientables do vixente gañador Bradley Wiggins, e Vincenzo Nibali que viña de gañar no Giro de Italia. Ningún ciclista galego participou nesta edición.

Entre os principais favoritos estaban Alberto Contador e Cadel Evans, gañadores de edicións anteriores, e Chris Froome segundo na anterior edición. Tamén participaban importantes corredores como Andy Schleck, Alejandro Valverde e Joaquim Rodríguez. O británico Chris Froome acadou o seu primeiro triunfo nun Tour de Francia e nunha das grandes voltas, dominando na montaña e na contra o reloxo. Segundo foi Nairo Quintana e terceiro Joaquim Rodríguez.

Etapas editar

Etapa Data Percorrido km Gañador Líder
1.ª 29 de xuño Porto Vecchio-Bastia 213   Marcel Kittel   Marcel Kittel
2.ª 30 de xuño Bastia-Ajaccio   156   Jan Bakelants   Jan Bakelants
3.ª 1 de xullo Ajaccio-Calvi   145,5   Simon Gerrans   Jan Bakelants
4.ª 2 de xullo Niza-Niza   25 (CRE)   Orica GreenEDGE   Simon Gerrans
5.ª 3 de xullo Cagnes-sur-Mer-Marsella 228,5   Mark Cavendish   Simon Gerrans
6.ª 4 de xullo Aix-en-Provence-Montpellier 176,5   André Greipel   Daryl Impey
7.ª 5 de xullo Montpellier-Albi 205,5   Peter Sagan   Daryl Impey
8.ª 6 de xullo Castres-Ax 3 Domaines   195   Chris Froome   Chris Froome
9.ª 7 de xullo Saint Girons-Bagnères-de-Bigorre   168,5   Daniel Martin   Chris Froome
10.ª 9 de xullo Saint-Gildas-des-Bois-Saint-Malo 197   Marcel Kittel   Chris Froome
11.ª 10 de xullo Avranches-Mont-Saint-Michel   33 (CRI)   Tony Martin   Chris Froome
12.ª 11 de xullo Fougères-Tours 218   Marcel Kittel   Chris Froome
13.ª 12 de xullo Tours-Saint-Amand-Montrond 173   Mark Cavendish   Chris Froome
14.ª 13 de xullo Saint-Pourçain-sur-Sioule-Lión 191   Matteo Trentin   Chris Froome
15.ª 14 de xullo Givors-Mont Ventoux   242,5   Chris Froome   Chris Froome
16.ª 16 de xullo Vaison-la-Romaine-Gap   168   Rui Costa   Chris Froome
17.ª 17 de xullo Embrun-Chorges     32 (CRI)   Chris Froome   Chris Froome
18.ª 18 de xullo Gap-Alpe d'Huez   172,5   Christophe Riblon   Chris Froome
19.ª 19 de xullo Le Bourg d'Oisans-Le Grand Bornand   204,5   Rui Costa   Chris Froome
20.ª 20 de xullo Annecy-Annecy   125   Nairo Quintana   Chris Froome
21.ª 21 de xullo Versalles-París 133,5   Marcel Kittel   Chris Froome
Total 3.403   Chris Froome

Clasificación xeral editar

 
Chris Froome.

A seguinte táboa amosa as dez primeiras posicións da clásificación xeral tralo remate do Tour 2013:

Posición Ciclista Equipo Tempo
    Chris Froome Sky Procycling 83h 56' 40"
2   Nairo Quintana Movistar Team + 4' 20"
3   Joaquim Rodríguez Katusha + 5' 04"
4   Alberto Contador Team Saxo-Tinkoff + 6' 27"
5   Roman Kreuziger Team Saxo-Tinkoff + 7' 27"
6   Bauke Mollema Belkin Pro Cycling Team + 11' 42"
7   Jakob Fuglsang Astana Pro Team + 12' 17"
8   Alejandro Valverde Movistar Team + 15' 26"
9   Dani Navarro Cofidis + 15' 52"
10   Andrew Talansky Garmin Sharp + 17' 39"

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar