Alberto Contador

ciclista español
Alberto Contador

Información persoal
Nacemento Alberto Contador Velasco
6 de outubro de 1982 (41 anos)
Pinto, Madrid, España
Outros nome(s) El pistolero
Nacionalidade España España
Twitter: @albertocontador
Páxina de Alberto Contador no Facebook
Equipo
Último equipo Tinkoff
Equipo(s) Pro
2003
2004-2006
2007
2008-2010
2011-
ONCE
Liberty
Discovery Channel
Astana
Tinkoff-Saxo
Principais vitorias
Grandes voltas

Alberto Contador Velasco, nado en Pinto (Madrid) o 6 de decembro de 1982, é un ciclista español, especialista en tiradas de montaña.

Traxectoria deportiva editar

Alberto Contador debutou como profesional en 2003 co equipo ONCE-Eroski. Ao ano seguinte (2004) fichou polo Liberty, co que colleitou os seus éxitos máis importantes. En 2005 aparécelle un coágulo de sangue no cerebro durante a primeira tirada da Volta a Asturias, do que tivo que ser operado. O coágulo produciuse por un cavernoma, unha malformación xenética dunha arteria.

Meses despois, o seu nome aparecía implicado a canda o doutros coñecidos ciclistas (Jan Ullrich, Ivan Basso, Óscar Sevilla, Francisco Mancebo) na Operación Puerto dirixida a detectar casos de dopaxe no ciclismo. Contador saíu finalmente excluído, pero o seu equipo non puido participar no Tour de 2006. Un ano máis tarde, incluso despois de vencer no Tour de Francia, excluíuselle doutra proba ciclista en Alemaña (o Gran Premio de Hamburgo) por estar relacionado coa Operación Puerto.

En 2007 fichou polo Discovery Channel, co que se proclamou vencedor do Tour de Francia 2007, logo da retirada do anterior líder Michael Rasmussen. Nesa edición Contador gañara ademais unha das tiradas pirenaicas, e soubo despois resistir a vantaxe na contra o reloxo da antepenúltima tirada.

Resultados nas Grandes Voltas editar

Carreira 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016
Giro de Italia - - - - - Desc. - - - -
Tour de Francia 31º - - Desc. Desc. - Ab. Ab.
Vuelta a España - - - - - - - - -
Mundial Contra o reloxo   - - - Ab. - - - - - - -

A sentenza do Caso Contador suspendeu a Alberto Contador durante 2 anos por dar positivo nun control antidopaxe durante o Tour de Francia 2010. Por isto foi descualificado da táboa clasificatoria definitiva no Tour 2010, no Tour 2011 e no Giro 2011. Tamén se lle prohibiu participar no Giro 2012 e no Tour 2012. Reapareceu na Vuelta 2012.

Outras vitorias editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar