Torre de Quitapesares

fortaleza en Pombeiro, Pantón

A torre de Quitapesares foi unha fortaleza construída na primeira metade do século XV polo Duque de Arjona, Fadrique Enríquez, nun lugar entre os ríos Sil e Miño, nun paso do Camiño Real entre Os Peares e Monforte de Lemos. Posteriormente foi abandonada.

Torre de Quitapesares
ConcelloPantón
ProvinciaLugo
Comunidade
autónoma
Galicia
Coordenadas42°28′11″N 7°41′15″O / 42.469730555556, -7.6874166666667Coordenadas: 42°28′11″N 7°41′15″O / 42.469730555556, -7.6874166666667
Estilo arquitectónico
Estilo orixinalséculo XV
Estilo actualDesaparecida
editar datos en Wikidata ]

Localización editar

Existe controversia sobre a súa localización, dentro do concello de Pantón. Hai fontes que a sitúan na aldea do Cotillón, na parroquia de Acedre, xunto ao curso do río Cabe, debido a unha mala interpretación dun documento do 17 de febreiro de 1591, onde Rodrigo Enríquez de Castro, conde de Lemos, aforaba a Álvaro de Lornís, aforado este anteriormente polo mosteiro de San Vicenzo de Pombeiro; a frase da controversia foi "la mi possa de Quitapesares, que yo tengo e está en el monte de Cotillón cerca de Pombeiro".

A asociación Segredos de Pantón, trala realización dunha investigación determinou finalmente que esta fortificación se atoparía na aldea da Torre de Vilamirón, na parroquia de Pombeiro [1].

 
Carta xeométrica de Galicia

Na toponimia gárdanse marcados lugares cun significado relacionado á torre. Así, o lugar denominado como “Suatorre” fai referencia a "debaixo da torre". O lugar denominado “Forca”, clara alusión á construción para executar os condenados a morte e que está formada por dous paus verticais e outro horizontal colocados no extremo superior deste e do que colga unha corda cun lazo ademais de existir un prado chamado “Chaira da Forca”. Outra proba é que ó pé da Torre de Vilamirón está a aldea de Vilamirón, lugar relacionado co lugar de Penamirón, onde se atopa un castro, e de aí a derivación do seu nome. Co paso dos anos, a proximidade da Torre de Quitapesares a Vilamirón deu como resultado a coñecida Torre de Vilamirón.[2]

No Couto de Pombeiro antes da súa integración no de Santo Estevo de Ribas de Sil, non estaba comprendido o lugar de Cotillón. Sábese con certeza que a torre foi edificada na área de xurisprudencia do Couto, polo tanto a aldea estaba incluída.[3] Xeograficamente é un lugar por onde pasa o Camiño Real proveniente de Bazal e próximos ós ríos Miño e Sil como ditara no seu día o Duque de Arjona.

Na Carta xeométrica de Galicia de Domingo Fontán amósase no lugar da Torre de Vilamirón a Torre de Quitapesares.[4]

Lenda editar

Na aldea da Torre de Vilamirón ao redor da Torre de Quitapesares existe a lenda, que explica desta forma o nome da torre medieval:

"A unha raíña de España desaparecéralle o seu fillo, buscándoo e buscándoo atopouno aquí e mandou construír unha torre chamándoa Torre de Quitapesares, ao quitarlle os seus males ao atopalo”.[Cómpre referencia]

 
Lenda da Torre de Quitapesares.

Así a asociación cultural Segredos de Pantón, encargou unha banda deseñada sobre a devandita lenda. O cómic foi elaborado por El Fisgón histórico.

Planos editar

No Arquivo Histórico Provincial de Ourense consérvanse os planos da edificación.

Galería de imaxes editar

O colectivo Segredos de Pantón levou a cabo recreacións en 3D da desaparecida Torre de Quitapesares, en base aos planos do Arquivo Histórico Provincial de Ourense.

Notas editar

  1. "A nova vida en 3D da Torre de Quitapesares". GCiencia. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2018. Consultado o 14 de xullo de 2018. 
  2. "Mapa base Vectorial 2003". Información Xeográfica de Galicia. Consultado o 1 de xullo de 2018. 
  3. Lucas Álvarez e Lucas Domínguez, Manuel e Pedro (1996). El priorato bendictino de San Vicenzo de Pombeiro y su colección diplomática en la Edad Media. Dos Castros. ISBN 847492815X. 
  4. "Carta de Domingo Fontán". Información Xeográfica de Galicia. Consultado o 1 de xullo de 2018. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Fernández de Viana y Vieites, J. Ignacio. (1994-1995) "Colección diplomática del Monasterio de Santa María de Ferreira de Pantón". Deputación Provincial de Lugo, Servizo de Publicacións.
  • Ferro Couselo, X. (1950-51): "La torre de Quitapesares y el duque de Arjona". Boletín del Museo Arqueológico de Orense, VI, pp. 101-21.
  • Lucas Álvarez, L. e Lucas Domínguez P. (1996) "El priorato bendictino de San Vicenzo de Pombeiro y su colección diplomática en la Edad Media". Galicia Medieval: Fontes.