Domingo Fontán

ilustrado galego, autor do primeiro mapa topográfico científico de Galicia

Domingo Fontán Rodríguez,[1][2][3][4] nado en Porta do Conde (Portas) o 17 de abril de 1788[5][6] e finado en Cuntis o 24 de outubro de 1866,[7] foi un ilustrado galego, xeógrafo, matemático, político e empresario, coñecido sobre todo por ser o autor do primeiro mapa topográfico científico de Galicia, a Carta xeométrica de Galicia. Foi secretario da Deputación Provincial de Galicia, director do Observatorio Astronómico de Madrid, deputado en Cortes e presidente da Real Sociedade de Amigos do País de Santiago. Os seus restos están no Panteón de Galegos Ilustres.[8]

Infotaula de personaDomingo Fontán

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de abril de 1788 Editar o valor em Wikidata
Porta do Conde, España Editar o valor em Wikidata
Morte24 de outubro de 1866 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Cuntis, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaPanteón de Galegos Ilustres Editar o valor em Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmatemático , político , topógrafo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeManuela Ribas y Gómez
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 393 BUSC: fontan-rodriguez-domingo-1788-1866

Traxectoria editar

De familia acomodada, os seus pais foron Rosendo Fontán Oliveira e Sebastiana Rodríguez Blanco. O seu pai e toda a familia Fontán é orixinaria de Briallos, parroquia de San Cristovo de  Briallos (hoxe Concello de Portas).[9]

Foi o segundo de cinco irmáns, dous homes e tres mulleres. Domingo e Andrés, o seu irmán máis vello, foron educados por un tío materno, cura párroco en Noia.[10]

Pasou boa parte da súa vida vencellado á Universidade de Santiago de Compostela, onde primeiramente cursou os estudos de Filosofía, matriculándose ao longo dos anos en Leis e Cánones, Ciencias exactas e Teoloxía e foi discípulo de José Rodríguez González, "o matemático de Bermés". En 1811 comezou a súa carreira de profesor como substituto do catedrático de Retórica e durante o curso 1813-14 substituíu o titular da cátedra de Lóxica e Metafísica. Foi procesado pola Real Audiencia en 1814; en 1815 restituíronlle os seus dereitos.[6]

En 1817 comezou os seus traballos de medición para realizar a Carta xeométrica de Galicia, labor ao que consagrou dezasete anos da súa vida e polo que é lembrado hoxe en día. Durante o Trienio liberal foi secretario da Deputación Provincial de Galicia. En 1834 rematou os traballos da carta e presentouna oficialmente á Raíña Gobernadora, María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias, quen mandou imprimila, se ben non se puido realizar esta tarefa ata o ano 1845 en París.[6] Este foi o primeiro mapa realizado en España con métodos científicos e medicións matemáticas.

Foi elixido deputado polo Partido Liberal pola provincia de Pontevedra en 1837, ocupando este posto ata 1843, ano no que se retirou. Fontán fixo da súa causa a defensa de Galicia, sobre todo na abolición dos foros e na loita contra o caciquismo. Non obstante, o seu liberalismo valeulle a perda da súa cátedra universitaria até en dúas ocasións.[11] Foi bibliotecario primeiro e presidente despois (de 1860 a 1861) da Real Sociedad Económica de Amigos del País de la ciudad de Santiago.[12]

Tivo parte, por herdanza, nunha fábrica de papel no Castro, Lousame, que en 1863 chegou a ser enteiramente da súa propiedade.[13][14] Traballou tamén no deseño do trazado da primeira liña férrea de Galicia en 1858, que uniu Santiago de Compostela con Carril, proxecto aprobado polas Cortes en 1861, e que non foi inaugurado ata dez anos despois.

 
PLANO DE LA RÍA DE AROSA
por
el D.rD. Domingo Fontán
año de 1828.

(o norte está á esquerda).

Finou nun balneario en Cuntis, por mor dunha cistite aguda.[6] Os seus restos foron soterrados no cemiterio xeral de Santiago e, o 30 de decembro de 1988, trasladados ao chan do Panteón de Galegos Ilustres, na igrexa do convento de San Domingos de Bonaval.[15]

Na cultura popular editar

Levan o seu nome rúas de varias cidades: Santiago de Compostela, Pontevedra, A Coruña, Ourense, Poio e Madrid. En 2015 a Editorial Galaxia publicou a novela de Marcos S. Calveiro, Fontán, baseada na súa vida.[16]

Recoñecemento editar

A Real Academia Galega de Ciencias designouno como Científico Galego 2018.[17]

Galería de imaxes editar

 
PLANO DEL PAIS
adyacente a las tres rías de la
CORUÑA, BETANZOS Y FERROL,
llamado de las Mariñas,
Por el D.r D.n Domingo Fontán

Notas editar

  1. "Fontán Rodríguez, Domingo". Diccionario enciclopédico galego universal 28. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 94. ISBN 84-7680-429-6. 
  2. "Fontán Rodríguez, Domingo". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 107. 
  3. "Fontán Rodríguez, Domingo". Diciopedia do século 21 2. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 924. ISBN 978-84-8288-942-9. 
  4. "Fontán Rodríguez, Domingo". Enciclopedia Galega Universal 9. Ir Indo. 1999-2002. p. 225. ISBN 84-7680-288-9. 
  5. Méndez Martínez, Gonzalo (2005). "Fontán Rodríguez, Domingo". Gran Enciclopedia Galega (DVD). ISBN 84-87804-88-8. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 "Apuntes biográficos" Fundación Domingo Fontán (en castelán).
  7. "Ficha no Congreso". congreso.es. Arquivado dende o orixinal o 13-04-2020. Consultado o 08-11-2017. 
  8. Xema Aguiar: "Domingo Fontán, el ilustre olvidado", Galiciaé. 20/5/2008.
  9. Arquivo familiar
  10. Suso de Toro: "Domingo Fontán, matemático sublime" El País, 1/4/2011.
  11. Miguel-Anxo Murado (2008). Otra idea de Galicia, p. 11. Debate. ISBN 978-84-8306-771-0.
  12. 12,0 12,1 "Real Sociedad Económica de Amigos del País de la ciudad de Santiago". Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2016. Consultado o 02 de decembro de 2016. 
  13. "Fontán polifacético" Fundación Domingo Fontán (en castelán).
  14. Asociación Galega do Patrimonio Industrial 31/1/2010 (en castelán).
  15. Xosé Lois Vila Fariña: "As súas cinzas"
  16. "«A novela reivindica a figura de Fontán e o papel da ciencia»" La Voz de Galicia, 27/1/2016.
  17. "Recursos sobre Domingo Fontán". Blog Carta xeométrica. 14 de outubro de 2018. Consultado o 17 de outubro de 2018. 
  18. Carta geométrica de Galicia dividida en sus provincias… en Galiciana.

Véxase tamén editar

Reportaxe sobre o mapa de Fontán en Nós TV.

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar