A Torre Colpatria é un rañaceos que se atopa na cidade de Bogotá, na zona norte do barrio Las Nieves. A súa zona comercial constitúe unha prolongación do Centro Internacional da cidade. Cos seus 50 pisos, é o segundo edificio máis alto da cidade así como unha das súas iconas. Foi rematado en 1979 e ten unha altura de 196 m.[1] Nela atópanse as oficinas de diversas compañías, entre as cales están as empresas do Grupo Colpatria, propietario da torre. Na súa azotea hai un miradoiro para apreciar gran parte da cidade e da sabana de Bogotá. En 1998, instaláronse trinta e seis luces de xenon, que a finais de 2012 foron substituídas con luces de tecnoloxía LED.

Torre Colpatria
Torre Colpatria
Coordenadas4°36′39″N 74°04′13″O / 4.6108333333333, -74.070277777778Coordenadas: 4°36′39″N 74°04′13″O / 4.6108333333333, -74.070277777778
editar datos en Wikidata ]

Localización editar

Atópase na Carreira 7 Nº. 24 – 89, sobre unha das avenidas máis importantes de Bogotá: a Avenida Eldorado, que une o Centro co oeste e co Aeroporto Internacional El Dorado, e a Carreira Sétima, que conecta a zona cos centros financeiros do norte.

Altura editar

 
A torre Colpatria, no centro da imaxe, é a segunda construción máis alta de Bogotá e a terceira de Colombia, vista dende o Edificio Avianca.

A torre Colpatria foi un rañaceos de altura relevante no eido continental e rexional. En 1979, superou o Centro de Comercio Internacional como o edificio máis alto de América Latina. Foi superada en 1982 pola Torre Executiva Pemex de Cidade de México, á que á súa vez en 1983 pasaron as Torres de Parque Central en Caracas. Durante a última década, construíronse varios edificios de maior altura en diferentes países de América Latina. En Suramérica ocupa o cuarto lugar e en América Latina ocupa o lugar 26, despois de edificios situados en Cidade de México, Panamá, Caracas e Santiago de Chile.

O 19 de abril de 2015, a estrutura en construción do BD Bacatá, superou en número de pisos á Torre Colpatria, e o 2 de xuño, superouna en altura.[2] A Torre Colpatria foi durante 36 anos o edificio máis alto de Colombia.[3]

Notas editar

  1. skyscraperpage (ed.). "Torre Colpatria". Consultado o 21 de marzo de 2010. 
  2. Torres, Guillermo (18 de abril de 2015). "El techo de Colombia". Semana. Consultado o 19 de abril de 2015. 
  3. "Edificio BD Bacatá es oficialmente el más alto de Colombia y será entregado en agosto". El Espectador. 2 de xuño de 2015. Consultado o 3 de xuño de 2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar