Tomás Pérez Vidal

político galego

Tomás Pérez Vidal, nado en Casaio (Carballeda de Valdeorras) o 21 de decembro de 1954, é un político galego do Partido Popular de Galicia.

Infotaula de personaTomás Pérez Vidal
Biografía
Nacemento21 de decembro de 1954 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Carballeda de Valdeorras, España Editar o valor em Wikidata
Presidente do Parlamento de Galicia
13 de maio de 1986 – 16 de xaneiro de 1990
← Antonio RosónVitorino Núñez → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade Complutense de Madrid e con coñecementos de Dereito polo Real Centro Universitario María Cristina de El Escorial. Foi Subdirector xeral de Xestión Económica da Xunta de Galicia (1982) e Director xeral de Relacións Institucionais (1983-1985). Elixido deputado do Parlamento de Galicia na I e II lexislaturas, en 1985 foi elixido Vicepresidente do Parlamento. Foi presidente do Parlamento de Galicia, logo da morte do seu antecesor Antonio Rosón, entre o 13 de maio de 1986 e o 16 de xaneiro de 1990. Foi designado senador pola Comunidade Autónoma de Galicia na IV Lexislatura (1989). Foi concelleiro en Ourense logo das eleccións de 1991, deputado provincial na Deputación de Ourense e ao pouco de ser nomeado conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes en 1991, abandonaría o seu asento no Senado. Continuaría de conselleiro ata 1997, cando foi substituído por Cástor Gago.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


Predecesor:
José Manuel Romay Beccaría
  
Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes
 
1991–1997
Sucesor:
Cástor Gago