Tomás Bilbao

arquitecto español

Tomás Bilbao Hospitalet, nado en Bilbao o 18 de setembro de 1890 e finado na Cidade de México o 16 de marzo de 1954, foi un arquitecto e político vasco, de ideoloxía nacionalista vasca e membro fundador de Acción Nacionalista Vasca.

Infotaula de personaTomás Bilbao
Biografía
Nacemento(es) Tomás Bilbao Hospitalet Editar o valor em Wikidata
18 de setembro de 1890 Editar o valor em Wikidata
Bilbao, España Editar o valor em Wikidata
Morte16 de marzo de 1954 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Cidade de México Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecto , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoEusko Abertzale Ekintza - Acción Nacionalista Vasca Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Destacado arquitecto, foi tenente de alcalde de Bilbao durante a Segunda República, ao ser elixido nas listas da conxunción republicano-socialista, da que ANV formaba parte, en abril de 1931. O 17 de agosto de 1938 substituíu o dimitido Manuel de Irujo do PNV como ministro sen carteira no Goberno da República, presidido polo socialista Negrín.[1][2] Permaneceu no Goberno até o final da Guerra Civil cando partiu ao exilio, primeiro en Francia e máis tarde en México onde morreu en 1954.

O escritor Jon Juaristi é sobriño neto de Tomás Bilbao.[3]

Notas editar

  1. Biografía na
  2. Breve historia de Euskadi Ed. DEBATE (2011) Google eBook.
  3. "O Bloque". Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2016. Consultado o 10 de novembro de 2016. 

Bibliografía editar