Juan Negrín

presidente do Goberno de España (1937-1945)

Juan Negrín López, nado en Las Palmas de Gran Canaria o 3 de febreiro de 1889 e finado en París o 12 de novembro de 1956, foi un fisiólogo e político español. Catedrático de Fisioloxía, como eminente investigador nese ámbito chegou a ser considerado un precursor da bioquímica. Mestre, entre outros, dos profesores Severo Ochoa (galardoado co premio Nobel de Fisioloxía e Medicina) e Grande Covián. Presidente (1937-1945) do Goberno da Segunda República Española.

Infotaula de personaJuan Negrín

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Juan Negrín López Editar o valor em Wikidata
3 de febreiro de 1892 Editar o valor em Wikidata
Las Palmas de Gran Canaria
Morte12 de novembro de 1956 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
París
Lugar de sepulturaCemiterio do Père-Lachaise, 88 48°51′46″N 2°23′50″L / 48.862644, 2.397256
Grave of Negrín López (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cargos
Presidente do Goberno da Segunda República Española
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónInstitución Libre de Enseñanza Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , médico , profesor universitario , catedrático Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Central Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPSOE
AlumnosSevero Ochoa, José María García Valdecasas Santamaría (pt) Traducir, Francisco Grande Covián e José Domingo Hernández Guerra Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá, lingua inglesa, lingua francesa, lingua alemá, lingua rusa e lingua italiana Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 110776776 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Placa conmemorativa na rúa Ferraz de Madrid

Nomeado ministro de Facenda en setembro de 1936 no goberno de Largo Caballero.

Membro do PSOE, trala dimisión de Largo Caballero en maio de 1937 o Presidente da República Manuel Azaña nomeouno Presidente do Goberno, coa esperanza de fortalecer o poder central fronte a sindicatos e anarquistas, aliándose coa burguesía e clases medias, poñendo así fin ao movemento revolucionario e creando unha economía de guerra. Todo iso coa intención de enlazar o conflito español coa segunda guerra mundial, que cría inminente, aínda que o pacto de Múnic fixo esvaecer definitivamente toda esperanza de axuda exterior.

Convenceu a Azaña para que autorizase o envío de parte do tesouro do Banco de España a Moscova a fin de poder pagar o armamento que a República se vía obrigada a comprar á Unión Soviética, xa que esta esixía o pago por adiantado. Esta fonte de fornecemento era a única alternativa viable ante a negativa das potencias democráticas a vender armas a España, amparándose na política do "Pacto de non intervención" do que, paradoxalmente, Alemaña e Italia, principais subministradores dos nacionalistas, tamén eran signatarios.

No plano militar lanzou unha serie de ofensivas (Brunete, Belchite, Teruel e Ebro).

Ante o derrubamento de Cataluña, propuxo na reunión das Cortes en Figueres (Cataluña) a rendición coa soa condición do respecto ás vidas dos perdedores, pero ao non poder atinxir este obxectivo trasladouse en febreiro de 1939 á zona centro coa intención de lograr a evacuación co mesmo éxito con que se realizou en Cataluña, pero a rebelión de Segismundo Casado frustrou este último plan.

Presidente do Goberno da República no exilio ata 1945, organizou o SERE para axudar aos exiliados.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Miralles, Ricardo. Prólogo de Paul Preston. Juan Negrín. Ed. Temas de Hoxe. Madrid, 2003.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar