Tirso Rodrigáñez y Sagasta

vogado, xornalista e político español (1853-1935)

Tirso Timoteo Rodrigáñez y Mateo Sagasta, nado en Logroño o 24 de xaneiro de 1853 e finado en Madrid o 2 de agosto de 1935, foi un avogado, xornalista e político español. Durante a rexencia de María Cristina de Habsburgo-Lorena, e durante o reinado de Afonso XIII, foi ministro de Facenda.

Infotaula de personaTirso Rodrigáñez y Sagasta

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de xaneiro de 1853 Editar o valor em Wikidata
Logroño, España Editar o valor em Wikidata
Morte2 de agosto de 1935 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Ministro
Deputado no Congreso dos Deputados
Senador do Reino
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Central Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , avogado , xornalista Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Liberal Fusionista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Era sobriño do presidente do Goberno e fundador do Partido Liberal, Práxedes Mateo Sagasta. Despois de estudar Dereito na Universidade Central de Madrid, comezou a súa carreira profesional como avogado ao mesmo tempo que desenvolveu a súa actividade profesional no xornal liberal La Iberia, do que foi director entre 1876 e 1883. En 1883, casou con María Sánchez-Guerra Martínez, filla de José Sánchez Guerra Martínez.[1]

Nas eleccións xerais de 1881, foi elixido deputado no Congreso por Logroño, polo partido Liberal.[2] Ao non conseguir revalida-la acta de deputado nas vindeiras eleccións, presentouse polo distrito de Arnedo ao que representou nas eleccións entre 1886 e 1903. Finalmente,1905, foi elixido senador vitalicio[3] até 1923, cando se produciu o golpe de estado de Primo de Rivera.

Cargos políticos editar

Foi presidente interino do Congreso dos Deputados entre o 28 de xuño e o 2 de xullo de 1901. Foi ministro de Facenda entre o 19 de marzo e o 15 de novembro de 1902 nos gobernos presididos por Sagasta que pechaban a fase da rexencia de María Cristina e comezaban a do reinado de Afonso XIII. Máis tarde, volveu ocupar esa carteira, entre o 3 de abril de 1911 e o 12 de marzo de 1912, no goberno presidido por José Canalejas y Méndez.[4]

Tamén foi subsecretario do Ultramar e Gobernación e foi gobernador do Banco de España en tres ocasións (entre 1910 e 1911, entre 1917 e 1919, e, finalmente, en 1923).

Notas editar

  1. Sampedro Escolar, José Luis (2005-2006). "Genealogía de don Práxedes Mateo-Sagasta y Escolar". Anales De La Real Academia Matritense De Heráldica y Genealogía (Madrid: Real Academia Matritense De Heráldica y Genealogía). IX (2005-2006): 229–277. ISSN 1133-1240. 
  2. Ficha no Congreso dos Deputados
  3. Expediente personal del Senador vitalicio D. Tirso Rodrígañez y Sagasta
  4. Rull (1991), p. 168

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Rull Sabater, Alberto (1991). Diccionario sucinto de Ministros de Hacienda (s. XIX-XX). Col. Documentos de trabajo del Instituto de Estudios Fiscales. Madrid: Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas-Secretaría General Técnica. ISBN 978-8471969675. 

Outros artigos editar