María Cristina de Habsburgo-Lorena

política española

María Cristina de Habsburgo-Lorena (de nome completo Maria Christina Désirée Henriette Felicitas Rainiera von Habsburg-Lothringen), nada en Gross-Seelowitz, Moravia (Imperio Austríaco) o 21 de xullo de 1858 e finada en Madrid o 6 de febreiro de 1929, Exerceu de raíña consorte de España entre 1879 e 1885 polo seu casamento con Afonso XII (foi a segunda esposa). Cando este morreu converteuse na raíña rexente durante a minoría de idade do seu fillo Afonso XIII entre 1885 e 1902. Era coñecida popularmente co alcume de "dona Virtudes".[2]

María Cristina de Habsburgo-Lorena[1]
Raíña consorte de España e raíña rexente do Reino.
Raíña consorte de España
29 de novembro de 1879
25 de novembro de 1885
PredecesorMaría das Mercedes de Orleáns
SucesorVitoria Uxía de Battenberg
Raíña rexente do Reino
26 de novembro de 1885
17 de maio de 1902
PredecesorAfonso XII
SucesorAfonso XIII

Nome completoMaría Cristina Desiré Enriqueta Felicidad Raniera de Habsburgo-Lorena
Nacemento21 de xullo de 1858
Castelo Židlochovice,
Groß Seelowitz, Brno, Moravia, Imperio austríaco
Falecemento6 de febreiro de 1929
(70 anos)
Palacio Real de Madrid,
Madrid, España España
Cónxuxe/sAfonso XII (18791885)
Descendencia
  • Casa realCasa de Habsburgo-Lorena
    Himno realMarcha Real
    ProxenitoresCarlos Fernando de Austria
    Isabel Francisca de Austria

    Na rede
    IMDB: nm0703074 Musicbrainz: 2b83c5f7-d170-4f39-928f-252dcfc6611d WikiTree: Von_Habsburg-Lothringen-1 Find a Grave: 8857586 Editar o valor em Wikidata

    Por dereito de nacemento era arquiduquesa de Austria e princesa de Hungría, Bohemia, Croacia, Dalmacia e Eslavonia. Por vía materna, gardaba parentesco coa familia real española e austríaca, posto que era tataraneta de Carlos III de España e bisneta de Leopoldo II de Austria.

    Traxectoria editar

    Familia editar

    Filla do arquiduque Carlos Fernando de Austria e da arquiduquesa Isabel Francisca de Austria. Foi sobriña dos emperadores de Austria e de México: Francisco Xosé e Maximiliano I, e segunda esposa do rei Afonso XII de España. Exerceu a rexencia durante a minoría de idade do seu fillo, o rei Afonso XIII desde 1885 ata 1902. Gobernou España durante a Guerra Hispano-Estadounidense. Logo da derrota no conflito, e poloTratado de París (1898) o país perdería as últimas posesións do seu imperio colonial.

    En 1879 converteuse na segunda esposa do rei Afonso XII, tras enviuvar este de María das Mercedes de Orleáns. Non conxeniou moi ben co extravertido monarca por mor do seu carácter tímido e tranquilo.

    Rexencia editar

    Dado que cando faleceu o soberano (1885) se achaba embarazada dun fillo que nacería póstumo, tivo que asumir a rexencia. Meses máis tarde naceu o futuro Afonso XIII, quen se converteu na grande esperanza para o trono español. A raíña, inexperta nos negocios da política, deixouse asesorar por Sagasta, con quen acabaría trabando unha estreita amizade. María Cristina guiouse pola sensatez e o equilibrio nos seus dezasete anos de rexencia. Tivo por confesor a José Fernández Montaña, ao cal lle encargou a educación de Afonso XIII como preceptor. Pouco logo da morte do rei Afonso XII, co obxectivo de evitar os erros que deron lugar á crise do reinado de Isabel II, chegouse ao Pacto do Pardo, un acordo subscrito por Cánovas e Sagasta que instituíu o sistema de quendas pacíficas no exercicio do poder entre liberais e conservadores e consolidou a Restauración ata finais do século XIX e principios do XX. O papel de Cristina no sistema de goberno foi representativo, xa que non participou nos enfrontamentos entre os partidos dinásticos, respectando a quenda á hora de chamar os candidatos a formar goberno aínda que se sentiu máis próxima a Sagasta e non puxo dificultades ao mantemento de longos períodos de goberno do partido liberal. Promulgáronse, entre outras, a Lei de Sufraxio Universal e a Lei de Asociacións.

    Nos seus últimos anos de rexencia agravouse o problema marroquí e agudizouse a conflitividade social. Desta época datan tamén os inicios do catalanismo político. Ademais, a perda das tres últimas colonias hispanoamericanas en 1898 e o inicio da descomposición dos dous partidos da quenda ao desaparecer Cánovas e Sagasta poucos anos despois, sumiron o país nunha grave crise, que evidenciou de xeito claro a inoperancia que adquiriu coincidindo co cambio de século o réxime da Restauración. O seu máis fervente desexo era traspasar a Coroa ao seu fillo, desexo que viu cumprido en 1902, cando Afonso XIII alcanzou a maioría de idade e foi proclamado rei de España. Desde ese momento consagrouse ás obras de caridade e á súa vida familiar e, a partir de 1906, ao contraer matrimonio o seu fillo Afonso con Vitoria Uxía de Battenberg utilizou o título de "Raíña Nai". Faleceu no Palacio Real de Madrid o 6 de febreiro de 1929 e foi enterrada no Mosteiro do Escorial.

    Descendencia editar

    Tivo tres fillos con Afonso XII:

    Títulos, tratamentos e distincións editar

    • 21 de xullo de 1858-29 de novembro de 1879: A Súa Alteza Imperial e Real a arquiduquesa María Cristina de Austria, Princesa Real de Hungría e Bohemia
    • 29 de novembro de 1879-25 de novembro de 1885: A Súa Maxestade a Raíña de España
    • 25 de novembro de 1885-17 de maio de 1902: A Súa Maxestade a Raíña Rexente de España
    • 17 de maio de 1902-31 de maio de 1906: A Súa Maxestade a Raíña de España
    • 31 de maio de 1906-6 de febreiro de 1929: A Súa Maxestade a Raíña Nai de España

    Dende 1885 até 1902, período no que exerceu a rexencia, o seu título completo foi: A Súa Maxestade a Raíña Rexente do Reino Dona María Cristina de Habsburgo-Lorena.

    Distincións honoríficas editar

    •  Rosa de Ouro da Cristiandade (Cidade do Vaticano, 1886).
    •  Gran Mestre da Orde das Damas Nobres da Raíña María Luisa (Reino de España).
    •  Dama da Orde da Cruz Estrelada (Imperio Austrohúngaro).
    •  Dama gran cruz de honor e devoción da Orde de Malta.
    •  Dama da Real Orde de Victoria e Alberto (Reino Unido).

    María Cristina na ficción editar

    • ¿Dónde vas, triste de ti? (película). A arquiduquesa foi interpretada por Marga López.
    • Acacias 38
    Predecesor:
    María das Mercedes de Orleáns
    Raíña consorte de España
    1879 - 1885 (Rexente 1885-1902)
    Sucesor:
    Vitoria Uxía de Battenberg

    Notas editar

    1. O 28 de novembro de 1901 María Cristina mandou rectificar a súa partida matrimonial. Así, Habsburgo-Lorena foi substituído por Austria. No rexistro figura así a rectificación: «Se subsana el error de la partida de matrimonio de Doña María Cristina con Don Alfonso XII; el apellido Austria debió figurar allí antes que el de Habsburgo y Lorraine».
    2. Trías Sagnier, Jorge (09-02-2004). "Doña Virtudes". abc.es. Consultado o 22-09-2017. 

    Véxase tamén editar

    Bibliografía editar

    • Rubio, María José (2009). Reinas de España: siglos XVIII-XXI. De María Luisa Gabriela de Saboya a Letizia Ortiz (1ª ed.). Madrid: La Esfera de los Libros. ISBN 978-84-9734-804-1. 
    • Pericot García, Luis (dir.); VV. AA. (1983) Historia de España: La Casa de Borbón. Barcelona: Ediciones Océano. Instituto Gallach de Librería y Ediciones. ISBN 84-7505-725-X.