The Fall of Math
The Fall of Math é o primeiro álbum de estudio da banda inglesa de post-rock 65daysofstatic, publicado o 20 de setembro de 2004 a través do selo Monotreme. O disco contén a que posiblemente é a súa canción máis coñecida, "Retreat! Retreat!".
The Fall of Math | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de 65daysofstatic | ||||
Publicado | 20 de setembro de 2004 | |||
Estudio(s) | 2Fly Studios | |||
Duración | 43:50 | |||
Xénero(s) | post-rock, math rock | |||
Selo(s) | Monotreme | |||
Producido por | Alan Smyth, 65daysofstatic | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Editáronse dous sinxelos do álbums, ámbolos dous despois do seu lanzamento. Mentres que "Retreat! Retreat!" foi un sinxelo normal en CD con dúas caras b,[1] "Hole" foi publicado como un EP de 7 temas cunha lonxitude de case trinta minutos.[2] Os dous temas estiveron acompañados de vídeos promocionais.
A canción "Aren't We All Running?" apareceu no primeiro trailer para o videoxogo Binary Domain.[3]
Listaxe de cancións editar
N.º | Título | Duración |
---|---|---|
1. | "Another Code Against the Gone" | 1:40 |
2. | "Install a Beak in the Heart That Clucks Time in Arabic" | 4:55 |
3. | "Retreat! Retreat!" (released as a single) | 4:09 |
4. | "Default This" | 1:43 |
5. | "I Swallowed Hard, Like I Understood" | 5:27 |
6. | "The Fall of Math" | 3:59 |
7. | "This Cat is a Landmine" | 4:45 |
8. | "The Last Home Recording" | 2:13 |
9. | "Hole" (released as a single) | 4:33 |
10. | "Fix the Sky a Little" | 5:29 |
11. | "Aren't We All Running?" | 4:51 |
Notas editar
- ↑ "65daysofstatic - Retreat! Retreat!". Discogs (en inglés). Consultado o 2019-12-22.
- ↑ "65daysofstatic - Hole". Discogs (en inglés). Consultado o 2019-12-23.
- ↑ "Binary Domain: Official Gameplay Trailer". Consultado o 2019-12-22.