That's My Boy

filme de 2012 dirixido por Sean Anders

That's My Boy[4] é unha película de comedia norteamericana protagonizada por Adam Sandler, Andy Samberg e Leighton Meester. O guión foi escrito por David Caspe e dirixido por Sean Anders.

That's My Boy
Ficha técnica
Título orixinalThat's My Boy
DirectorSean Anders
ProdutorJack Giarraputo
Adam Sandler
Heather Parry
Allen Covert
GuiónDavid Caspe
IntérpretesAdam Sandler
Andy Samberg
Leighton Meester
James Caan
Susan Sarandon
Luenell
Ciara
MúsicaRupert Gregson-Williamscrit
FotografíaBrandon Trost
MontaxeTom Costain
EstudioHappy Madison Productions
Relativity Media
DistribuidoraColumbia Pictures
Estrea2012
Duración114 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroComedia
Orzamento$70 millóns[2][3]
Na rede
IMDB: tt1232200 Filmaffinity: 321326 Allocine: 189527 Rottentomatoes: m/thats_my_boy_2012 Mojo: ihateyoudad Allmovie: v535472 TCM: 869409 Metacritic: movie/thats-my-boy TV.com: movies/thats-my-boy
Facebook: ThatsMyBoyMovie Netlix: 70220030Editar o valor em Wikidata

A película foi producida baixo a compañía de produción de Sandler, Happy Madison; e foi rodada en Massachusetts, nos arredores de Boston, Everett, Lynn, Brockton, Stoughton e Cape Cod.[5] A película estreouse o 15 de xuño de 2012.[6][7] e é distribuída por Columbia Pictures.

Sinopse editar

O filme comeza cando o adolescente Donny Berger coñece a muller dos seus soños. O único problema é que esta muller, Mary McGarricle, é a súa profesora. Así, a profesora acaba tendo un fillo con el, feito que a acaba levando á cadea, deixando só a Donny para criar o neno.

Donny intentou ser un bo pai, pero non o fixo moi ben. Agora, trinta anos despois, Todd (Andy Samberg) xa é adulto e é un alto executivo en Wall Street. Afastouse de Donny tan pronto como puido e non o viu durante anos. Mais Donny ten problemas, xa que lle debe miles de dólares a Facenda, e é entón cando pensa que poñerse en contacto co seu fillo é a única maneira de conseguir os cartos para evitar o cárcere. Localiza o fillo cando este está preparando a súa voda con Jamie (Leighton Meester).

Elenco editar

Produción editar

A película titulouse orixinalmente I hate you, dad (Ódiote, papá). Logo cambiouse a Donny's boy (O rapaz de Donny) antes de que os produtores finalmente a chamaran That's my boy (Ese é o meu rapaz).[4][8]

Promoción editar

Un tráiler de banda vermella foi lanzado o 1 de marzo de 2012.[7] Un tráiler de banda verde foi lanzado máis tarde o 5 de marzo de 2012. O 1 de xuño de 2012, todo o elenco sentou coa MTV no escenario de City Walk para discutir a película, os seus próximos proxectos individuais e tamén participaron nun Q&A (Preguntas e respostas) co público. A película tamén foi promovida nos MTV Movie Awards de 2012, onde Adam Sandler, Andy Samberg e Leighton Meester foron os presentadores do «mellor bico».

Un tráiler falso foi publicado por Samberg na conta de The Lonely Island en YouTube o 1 de xuño de 2012.[9]

Acollida editar

Recadación editar

A película abriu o 15 de xuño de 2012 con $4.6 millóns e conseguiu $13 millóns no seu debut en toda a fin de semana, que sería a peor fin de semana inaugural de Sandler desde Reign Over Me en 2007,[10] que contou cun orzamento significativamente menor.

A película recadou $13.453.714 na súa fin de semana inaugural, ocupando o posto número catro detrás das segundas fins de semana de Madagascar 3: Europe's Most Wanted e Prometheus e a apertura de Rock of ages.[11] A 27 de xuño de 2012, a película recadou $30 447 403 a nivel nacional e $33 318 295 en todo o mundo.[3]

Resposta da crítica editar

As críticas foron principalmente negativas. Rotten Tomatoes reporta que só o 23% dos críticos de cine deu unha recensión positiva baseado en 85 comentarios, co consenso que indica que «se ben representa unha nova incursión en obscenidade para maiores de idade típica de Sandler, en That's my boy empeza a repetir un efecto decrecente, arrastrando a Andy Samberg con el».[12] Metacritic dálle unha cualificación de 30/100, o que indica «críticas xeralmente desfavorables». O programa de críticas en liña Half in the Bag, denomina a película «patética» e critica a Sandler como cómico, incluíndo a súa incapacidade para crear humor real que non estea baseado en chistes infantís.

A película foi criticada pola súa representación cómica de violación de menores, pedofilia e incesto.[13][14][15][16][17][18][19][20][21]

Notas editar

  1. That's my boy (15) - British Board of Film Classification
  2. Kaufman, Amy. latimes.com, ed. "Movie Projector: 'Madagascar 3' to top 'Rock' musical, Sandler comedy". Consultado o 10 de novembro de 2012. 
  3. 3,0 3,1 Ficha de That's My Boy en Box Office Mojo (en inglés).
  4. 4,0 4,1 Ngo, Binh (3 de febreiro de 2012). "La comedia de Adam Sandler Donny's boy cambió a That's my boy". Movies with Butter. Arquivado dende o orixinal o 29 de febreiro de 2012. Consultado o 10 de novembro de 2012. 
  5. "Thursday, July, 21: Filming Locations in NYC, Detroit, Chicago, & more including AWOL, Boss, and SVU". On Location Vacations. 9 de xullo de 2011. Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2013. Consultado o 10 de novembro de 2012. 
  6. "I Hate You, Dad". CraveOnline. Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2011. Consultado o 10 de novembro de 2012. 
  7. 7,0 7,1 Ng, Philiana (10 de novembro de 2012). "Thats My Boy Trailer. Adam Sandler, Andy Samberg". The Hollywood Reporter. Consultado o 1 de marzo de 2012. 
  8. Eisenberg, Eric (16 de xaneiro de 2011). "Adam Sandler Comedy I Hate You, Dad Retitled Donny's Boy, First Image Arrives Online". Cinema Blend. Consultado o 10 de novembro de 2012. 
  9. "That's My Boy Trailer - Samberg Cut" - YouTube
  10. Rosen, Christopher (16 de xuño de 2012). "'That's My Boy' Box Office: Adam Sandler Comedy Bombs, Tom Cruise's 'Rock Of Ages' Disappoints". Huffington Post. Consultado o 10 de novembro de 2012. 
  11. Weekend Box Office Results for June 15-17, 2012 - Box Office Mojo
  12. Ficha de That's My Boy en Rotten Tomatoes (en inglés).
  13. http://www.salon.com/2012/06/16/sympathy_for_adam_sandler/
  14. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2012. Consultado o 10 de novembro de 2012. 
  15. http://www.dailymercury.com.au/story/2012/06/21/movie-review-thats-my-boy-adam-sandler/
  16. http://www.qt.com.au/story/2012/06/21/movie-review-thats-my-boy-adam-sandler/
  17. http://ncfm.org/2012/05/news/discrimination-against-men-news/adam-sandlers-new-movie-thats-my-boy-exploits-child-victims-of-sexual-assault-please-boycott-the-movie/
  18. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2013. Consultado o 10 de novembro de 2012. 
  19. http://www.huffingtonpost.com/christopher-rosen/thats-my-boy-adam-sandler_b_1600054.html
  20. http://goodmenproject.com/noseriouslywhatabouttehmenz/thats-my-boy/
  21. http://goodmenproject.com/good-feed-blog/adam-sandler-and-rape-culture/

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar