Baron Davis

baloncestista estadounidense

Baron Walter Louis Davis, nado o 13 de abril de 1979 nos Ánxeles, California, é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional. Actualmente é analista da National Basketball Association (NBA) na canle estadounidense TNT.

Baron Davis
Posición Base
Información persoal
Nacemento 13 de abril de 1979 (45 anos)
Os Ánxeles, California
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,91 m (6 ft 3 in)
Peso oficial 96 kg (212 lb)
Información da carreira
Instituto Crossroads School
(Santa Monica, California)
Universidade UCLA (1997–1999)
NBA Draft 1999 / Rolda: 1 / Elección: 3
Por Charlotte Hornets
Carreira 1999–2016
Historial de equipos
Charlotte Hornets (1995–1998)
New Orleans Hornets (2002–2005)
Golden State Warriors (2005–2008)
Los Angeles Clippers (2008–2011)
Cleveland Cavaliers (2011)
New York Knicks (2011–2012)
Delaware 87ers (2016)
Premios e galardóns
All-Star (2002, 2004)

Traxectoria profesional editar

Davis foi seleccionado na 3ª posición do Draft da NBA de 1999 polos Charlotte Hornets, onde xogou durante tres tempadas ata que no verán de 2002 os Hornets trasladáronse de Charlotte, Carolina do Norte a Nova Orleáns. Nesta nova etapa Davis xogou para os Hornets durante tres tempadas máis, nas cales foi elixido para xogar o All-Star Game da NBA en dúas ocasións, nos anos 2002 e 2004.

O 24 de febreiro de 2005, Davis foi traspasado ós Golden State Warriors a cambio de Speedy Claxton e Dale Davis.[1]

O 1 de xullo de 2008, Davis acordou cos Los Angeles Clippers un contrato por 5 anos e 65 millóns de dólares,[2] que asinou oficialmente o 10 de xullo de 2008.[3]

O 24 de febreiro de 2011, Davis foi traspasado xunto a unha elección da primeira rolda do Draft ós Cleveland Cavaliers, a cambio de Mo Williams e Jamario Moon.[4]

O 19 de decembro de 2011, Davis asinou un contrato dun ano cos New York Knicks.[5]

Notas editar

  1. "ESPN – Baron Davis going back to home state as Warrior – NBA". ESPN. 24 de febreiro de 2005. Consultado o 20 de maio de 2012. 
  2. Marc Stein (7 de xullo de 2008). "ESPN – Davis verbally agrees to go to Clippers, leave Warriors – NBA". ESPN. Consultado o 20 de maio de 2012. 
  3. "Davis signs with Clippers". NBA.com. 10 de xullo de 2008. 
  4. "Cavaliers Acquire 2011 First round Pick and Two-Time All-Star Baron Davis From Clippers". NBA. 24 de febreiro de 2011. Consultado o 24 de febreiro de 2011. 
  5. "Baron Davis: I Chose New York Knicks Over Los Angeles Lakers, Miami Heat « CBS New York". Newyork.cbslocal.com. 20 de decembro de 2011. Consultado o 20 de maio de 2012. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar