Terra Nomeada

colección literaria da Real Academia Galega

Terra Nomeada é unha colección editorial da Real Academia Galega, iniciada en 2016.

Características editar

 
Andrea Santiso Arias, Víctor Freixanes, Pilar García Porto e Ana Boullón na presentación do libro Toponimia de Antas de Ulla.

A colección inclúe volumes que describen a toponimia dos concellos de Galicia: os nomes de cada municipio e mais as súas parroquias e lugares, así como algúns accidentes xeográficos ou outros espazos. As publicacións coedítanse entre a RAG (a través do Seminario de Onomástica, da Sección de Lingua) e a Asociación Galega de Onomástica.

Con esta colección, a Real Academia Galega e a Asociación Galega de Onomástica pretenden recompilar e estudar os nomes de lugar habitados e algúns dos principais accidentes xeográficos dos concellos de Galicia, dun xeito divulgativo e ameno para axudar a coñecérmonos algo máis como galegos. Saber cal é a motivación e o significado dos nomes dos sitios onde vivimos e de onde vimos, onde naceron os nosos devanceiros e que acollerán os nosos fillos, faranos máis conscientes da relación co noso pasado, de como se conformou a nosa sociedade, de como é a natureza en que habitamos, a súa fauna e as plantas. Significará identificármonos mellor como sociedade e como pobo.[1]

Obras editar

  1. Toponimia de Agolada (Luz Méndez, 2016)[2]
  2. Toponimia de Begonte e Rábade (Paulo Martínez Lema, 2018)[3]
  3. Toponimia de Trabada (Xulia Marqués Valea, 2018)[4]
  4. Toponimia da Estrada (Fernando Cabeza Quiles, 2018)[5]
  5. Toponimia de Ames (Xosé Ramón López Boullón, 2019)[6]
  6. Toponimia de Carballo (Fernando Cabeza Quiles, 2020)[7]
  7. Toponimia da Pontenova (Xulia Marqués Valea, 2021)[8]
  8. Toponimia de Tordoia (Lidia Gómez e Luz Méndez, 2022)[9]
  9. Toponimia de Ribeira (Fernando Cabeza Quiles, 2022)[10]
  10. Toponimia de Antas de Ulla (Andrea Santiso Arias, 2023)[11]
  11. Toponimia de Muros (Alfonso Blanco Quintela, 2023)[12]

Notas editar

  1. "Terra Nomeada". Publicacións da Real Academia Galega. 
  2. Méndez, Luz (2016). Toponimia de Agolada. A Coruña: Real Academia Galega. 
  3. Martínez Lema, Paulo (2018). Toponimia de Begonte e Rábade. A Coruña: Real Academia Galega. 
  4. Marqués Valea, Xulia (2018). Toponimia de Trabada. A Coruña: Real Academia Galega. 
  5. Cabeza Quiles, Fernando (2018). Toponimia da Estrada. A Coruña: Real Academia Galega. 
  6. López Boullón, Xosé Ramón (2019). Toponimia de Ames. A Coruña: Real Academia Galega. 
  7. Cabeza Quiles, Fernando (2020). Toponimia de Carballo. A Coruña: Real Academia Galega. 
  8. Marqués Valea, Xulia (2021). Toponimia da Pontenova. A Coruña: Real Academia Galega. 
  9. Gómez, Lidia; Méndez, Luz (2022). Toponimia de Tordoia. A Coruña: Real Academia Galega. 
  10. Cabeza Quiles, Fernando (2022). Toponimia de Ribeira. A Coruña: Real Academia Galega. 
  11. Santiso Arias, Andrea (2023). Toponimia de Antas de Ulla. A Coruña: Real Academia Galega. 
  12. Blanco Quintela, Alfonso (2023). Toponimia de Muros. A Coruña: Real Academia Galega.