Trabada

concello da comarca da Mariña Oriental, na provincia de Lugo

Trabada é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Oriental. Segundo o IGE en 2014 tiña 1 203 habitantes (1 398 no 2009, 1 479 no 2006, 1 504 no 2005, 1 552 no 2004, 1 579 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «trabadés».

Modelo:Xeografía políticaTrabada
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 43°26′50″N 7°11′39″O / 43.4472, -7.1943Coordenadas: 43°26′50″N 7°11′39″O / 43.4472, -7.1943
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Lugo Editar o valor em Wikidata
CapitalTrabada Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación1.107 (2023) Editar o valor em Wikidata (13,38 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie82,71 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude571 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor em WikidataMayra García Editar o valor em Wikidata
Eleccións municipais en Trabada Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal27000–27999 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE27061 Editar o valor em Wikidata

Sitio webtrabada.gal Editar o valor em Wikidata
Facebook: 100064695638935 Twitter: TurismoTrabada Instagram: turismotrabada Editar o valor em Wikidata

Xeografía editar

O concello, de 82,7 km², sitúase no nordés da provincia de Lugo, na comarca da Mariña Oriental. Ao norte limita cos concellos de Barreiros e Ribadeo, ao oeste con Lourenzá, ao suroeste con Riotorto, ao sur coa Pontenova, ao sueste con Santiso de Abres e ao leste coa A Veiga, estes dous en Asturias.. Dista 65 km da capital provincial, Lugo.

O seu relevo é accidentado, cun territorio que alterna os cumios de serras como A Cadeira (alto de Cerrochao, 770 m; O Picato, 752 m) con vales profundos e fértiles que desembocan na ría de Ribadeo. Está regado polo río Eo e mais os seus afluentes, o Trabada e o Vilapena. Ten un clima oceánico suave con leve oscilación térmica provocada pola proximidade ao mar Cantábrico. Está comunicado con Lugo e Ribadeo a través da N-640. Amais, a estrada LU-132 cruza o concello de oeste a leste.

O concello de Trabada está incluído na Reserva da biosfera Río Eo, Ozcos e Terras de Burón.

Demografía editar

Censo total 2014 1.203 habitantes
Menores de 15 anos 92 (7.65 %)
Entre 15 e 64 anos 680 (56.53 %)
Maiores de 65 anos 431 (35.83 %)

Historia editar

O topónimo Trabada ten orixe no latín Tabulata. Así aparece mencionada nun documento do século VIII (o máis antigo conservado na Península Ibérica, datado o 23 de agosto do 775 e conservado no arquivo da Catedral de León), no que o rei Silo doa terreos de dominio real situados entre os ríos Eo e Masma para que se constrúa neles un lugar de oración ou mosteiro, a través do abade Sperautano. Así fundouse o mosteiro de San Martiño de Esperautano, do cal non quedan vestixios.

Na Idade Moderna construíron casas grandes e pazos familias como os Rocha, Pardo, Montenegro, Aguiar, Aenlle, Barreras, Miranda, Oia ou Rego, como se pode observar nas labras heráldicas conservadas. As máis antigas das que se conservan son do século XVI, de estilo renacentista. A casa de Rigoio (parroquia de Sante) ten as armas dos Díaz da Rocha. O pazo e torre de Terrafeita (Santa María de Trabada), ten no escudo os emblemas dos Rocha, Aguiar e Pardo, rodeada por unha coroa laureada. A ermida de San Martiño (en Ría de Abres) foi construída en 1585 por Pedro de Miranda e Villar e mais a súa dona, María Osorio. Leva as armas dos Villar asturianos, Osorio, Miranda e Aguiar. Xa do século XVII son a casa do Mosteiro (en Sante), con brasóns dos Rocha, Baamonde, Luaces e Moscoso, e a casa de Boca de Canle (Ría de Abres), con armas dos Rocha, Baamonde e Miranda. Outras casas grandes destacadas son as de Vinxoi (en Vilafernando, A Valboa) e a de Saavedra (en Vilapena).

Durante a guerra da independencia española, o alcalde de Sante ofreceu resistencia ante as tropas francesas, dirixidas polo xeneral François M. Fournier. En 1808 constituíuse a Xunta de Defensa de Ribadeo cunha gornición de vinte e cinco soldados, pero as tropas napoleónicas entraron na vila sen resistencia o 25 de xaneiro de 1809, con 150 homes enviados desde Mondoñedo, que xa estaba conquistada. Logo de que as tropas esixisen comida ás aldeas da periferia, Melchor Díaz de la Rocha convocou a veciñanza de Sante, Vidal, Vilaosende, Cedofeita, Valboa e Couxela para se armaren en defensa. O 29 dese mesmo mes 300 veciños con escopetas, chuzos e fouces presentaron batalla ante os franceses no camiño da Nosa Señora da Ponte, entre Mondoñedo e Ribadeo, provocando a retirada do exército francés cara a Mondoñedo, logo de provocar a baixa de 60 soldados e 25 cabalos. Porén, despois de recibir reforzos de Lugo e Ferrol, finalmente os franceses lograron asaltar Ribadeo. Na actualidade, o luns de Pentecoste conmemórase a batalla no santuario de Nosa Señora das Virtudes da Ponte, na parroquia de Arante, Ribadeo. Alí asisten representantes das sete parroquias de Ribadeo e Trabada que participaran naquela batalla, portando os pendóns e emblemas das mesmas.

Membro de ilustres liñaxes da nobreza galega, casou con Isabel Bermúdez y Santiso de Sante, e fundou no ano 1720 a Capelanía do Rosario, na parroquia de San Xiao de Sante. Díaz de la Rocha, home culto, de carácter enérxico, forte e dominante, morreu á idade de 83 anos no seu pobo natal, tras vivir na Coruña, totalmente ignorado, durante varios anos. Trala fin do antigo réxime, e coa división territorial de España en 1833, parroquias de varias xurisdicións constituíron os concellos de Sante, Trabada e Vilaformán. En 1840 fusionáronse no de Sante, e a partir de 1841 pasou a denominarse Trabada.

Cultura editar

Toponimia editar

O topónimo Trabada (do latín Tabŭlāta) fai referencia ao río Trabada, que desauga no río Eo.[1] Menciónase no Diploma do rei Silo, documento datado o 23 de agosto do 775 e conservado no arquivo da catedral de León), no que o rei Silo doa terreos de dominio real situados entre os ríos Eo e Masma para que se constrúa neles un lugar de oración ou mosteiro, a través do abade Sperautano.

Patrimonio editar

 
Marco da Pena Verde, no límite entre as parroquias de Arante (Ribadeo), A Fórnea (Trabada) e Vilamartín Pequeno (Barreiros).

Da época do megalitismo consérvanse diversas mámoas, aínda sen escavar. Da cultura castrexa permanecen os castros de Trabada, Sante e Vidal. O menhir do Marco da Pena Verde aparece citado xa no diploma do rei Silo como confluencia de camiños.

A igrexa de Sante construíuse no século XVI e foi reformada no XVIII. A de Vilapena conta na capela maior cun retablo barroco restaurado recentemente, e na nave esquerda outro do século XVI. A igrexa de Valboa, reformada en 1923, conserva dous retablos laterais do século XVII, e a de Vilaformán ten un de 1735. Na capela de Vilafernando hai unha escultura en pedra de Santo Antón e destaca tamén o retablo maior. Na igrexa de Trabada hai unha imaxe da Inmaculada.

Amais están as igrexas parroquiais de Fórnea e Vidal, e mais as capelas de San Xosé, Santo Antón e San Bricio (Sante); San Román, Santo Antón, San Marcos, Santo Estevo e San Miguel (Trabada); San Ramón (Ría de Abres); San Fernando (Valboa) e Santo Antón (Bargo-Vilapena).

Economía editar

A actividade económica xira arredor da agricultura, a gandería (produción de leite de gando vacún) e o sector forestal.

Galería de imaxes editar

Artigo principal: Galería de imaxes de Trabada.

Lugares de Trabada editar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Trabada vexa: Lugares de Trabada.

Parroquias editar

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Trabada

A Fórnea (Santo Estevo) | A Ría de Abres (Santiago) | Sante (San Xiao) | Trabada (Santa María) | A Valboa (Santa María Madanela) | Vidal (San Mateo) | Vilaformán (San Xoán) | Vilapena (Santiago)

Notas editar

Véxase tamén editar