Templo do Sol (Sogamoso)

sitio arqueolóxico en Colombia

O Templo do Sol de Sogamoso era un templo construído polos muiscas como sitio de adoración para o seu deus do Sol, Sué. O templo foi construído en Sogamoso, Colombia, daquela parte da Confederación muisca e chamada Sugamuxi. Era o templo máis importante da relixión muisca. O templo foi destruído polo lume dos conquistadores españois liderados por Gonzalo Jiménez de Quesada, que devecía por atopar o lendario El Dorado.[1] Unha reconstrución moderna foi erixida no Museo Arqueolóxico de Sogamoso.

Templo do Sol (Sogamoso)
Reconstrución do Templo do Sol (Museo Arqueolóxico de Sogamoso).
Datos xerais
País Colombia
RexiónBoyacá
TipoTemplo
AdvocaciónDeus Sué (o Sol)
LocalizaciónSogamoso
Coordenadas5°42′35″N 72°55′27″O / 5.709603, -72.924188Coordenadas: 5°42′35″N 72°55′27″O / 5.709603, -72.924188
Culto
CultoRelixión muisca
editar datos en Wikidata ]

Estrutura e adoración editar

 
Escudo de armas de Sogamoso, a Cidade do Sol.

O Templo do Sol foi construído na marxe dereita do pequeno río Monquirá. O templo era unha grande estrutura redonda feita de feita de postes e arxila cun teito feito de cana. O templo non tiña ningunha fiestra. As columnas que arrodeaban o templo en tres aneis concéntricos estaban feitas de madeira de Casanare. O templo representaba o cosmos e foi construído na honra do deus do Sol, Sué. O templo tamén era un lugar de enterramentos para os máis importantes caciques e sacerdotes (en muisca: ogques).[2]

Os muiscas tiñan coñecementos de astronomía e o templo foi construído de acordo coas posicións do Sol.[2] Tamén construíron deste xeito outros lugares ó longo dos seus territorios, como El Infiernito, preto de Villa de Leyva, ou o Templo da Lúa de Chía.

No templo, os rituais eran organizados polos caciques e os zaques da Confederación muisca, que vestían roupas de cor vermella. O cacique mitolóxico Idacansás realizaba reunións onde os nenos (moxas) eran sacrificados. Eles converteron a cidade de Sugamuxi nun lugar sagrado.[3] O tamén mítico Thomagata viaxaba cada noite dende Hunza ó templo, unha marcha que repetía dez veces cada noite.[4]

Destrución editar

 
Os soldados do exército de Gonzalo Jiménez de Quesada destruíron o templo cos seus fachos.

O consquistador español Jiménez de Quesada escoitou falar do Templo do Sol e entrou en Sogamoso en setembro de 1537. Chegou pola tarde e decidiu esperar ata a mañá seguinte para sacar o cacique de Sugamuxi do templo.

Curioso por ver os tesouros do templo, dous dos seus soldados, Miguel Sánchez e Juan Rodríguez Parra, foron ó lugar sagrado a noite do 4 catro de setembro, iluminando o seu camiño con fachos. Cando entraron no templo atoparon ricas xoias e momias de antigos nobres. Cando estaban a recoller partes do tesouro do templo, accidentalmente prendéronlle lume cos fachos.[2]

Reconstrución editar

 
Interior do Templo do Sol en Sogamoso.

En 1942, o arqueólogo Eliécer Silva Celis descubriu un cemiterio muisca en Sogamoso. O cemiterio contiña tumbas de indíxenas muiscas, con momias aínda preservadas. Baseándose nos descubrimentos arqueolóxicos foi quen de localizar o sitio orixinal onde se atopaba o templo e decidiuse reconstruílo.

A réplica do templo ten unha altura de 18m. Os símbolos da cúpula contan a historia da creación da Terra por Chiminigagua, a deidade suprema dos muiscas. As pequenas aberturas dos lados serven como calendario; cada ano, o 22 de decembro os raios do sol caen xusto sobre o piar central. Arredor do templo reconstruíuse tamén o cemiterio coas momias, que orixinalmente estaban no interior do templo. No presente, todo o conxunto forma parte do Museo Arqueolóxico de Sogamoso, baixo a dirección da Universidade Pedagóxica e Tecnolóxica de Colombia con sede en Tunja.[2]

Outros templos do Sol no mundo editar

Notas editar

  1. Ocampo López, 2013, Ch.1, p.18
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Temple of the Sun - Sogamoso - Pueblos Originarios - consultado o 4 e maio de 2016 (en castelán)
  3. Ocampo López, 2013, Ch.12, p.77
  4. Ocampo López, 2013, Ch.14, p.85

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar

  • Ocampo López, Javier (2013). Mitos y leyendas indígenas de Colombia - Indigenous myths and legends of Colombia (en castelán). Bogotá, Colombia: Plaza & Janes Editores Colombia S.A. pp. 1–219. ISBN 978-958-14-1416-1. 
  • Ocampo López, Javier (2007). Grandes culturas indígenas de América - Great indigenous cultures of the Americas (en castelán). Bogotá, Colombia: Plaza & Janes Editores Colombia S.A. pp. 1–238. ISBN 978-958-14-0368-4.