Tempada 2019-2020 da OK Liga

A tempada 2019-2020 da OK Liga foi a 51ª edición da máxima categoría do hóckey a patíns español.

OK Liga 2019-20
Liga OK Liga
Deporte Hóckey a patíns
Duración 20 de setembro de 2019 - 12 de marzo de 2020
Equipos 16
Campión FC Barcelona
Subcampión Deportivo Liceo
← 2018-19 2020-21 →

A expansión por España da pandemia por coronavirus provocou a suspensión do campionato, dándose por vencedor ao FC Barcelona, líder da liga no momento da suspensión.

Sistema de competición editar

A liga constou de 14 equipos, sendo o sistema de competición o dunha liga regular de todos contra todos e a dobre volta, onde os primeiros dez clasificados xogarían un play-off polo título e as prazas europeas mentres que os catro últimos xogarían un play-out pola permanencia.[1]

Con todo, a pandemia por coronavirus paralizou a competición en marzo, antes de que se disputase a última xornada da liga regular, sendo esta máis tarde suspendida definitivamente. O FC Barcelona, primeiro clasificado, foi declarado vencedor e os postos europeos repartíronse segundo a clasificación nese momento. Non houbo descensos.[2][3]

Equipos editar

Por primeira vez dende que a competición adoptou a súa denominación actual na tempada 2001-02, todos os equipos que tomaron parte na competición foron cataláns coa excepción do conxunto galego do HC Liceo da Coruña.

Equipo Cidade Estadio Adestrador
FC Barcelona   Barcelona Palau Blaugrana   Edu Castro
C.P. Calafell   Calafell Joan Ortoll   Ferran López
CH Caldes   Caldes de Montbui Torre Roja   Eduard Candami
Girona CH   Xirona Palau II   Ramon Benito
Igualada HC   Igualada Les Comes   Francesc Linares
HC Liceo   A Coruña Riazor   Juan Copa
Lleida Llista Blava   Lleida 11 de Setembro   Albert Folguera
C.H. Lloret   Lloret de Mar Municipal   Oriol Perarnau
CE Noia   Sant Sadurní d'Anoia Ateneu Agrícola   Pere Varias
CH Palafrugell   Palafrugell Pavelló Municipal   Xavier García
Reus Deportiu   Reus Pazo dos Deportes   Jordi García
CP Taradell   Taradell El Pujoló   Ferran Moreno
Club Patí Vic   Vic Olímpico de Vic   Quim López
CP Voltregà   Sant Hipòlit de Voltregà Municipal   Manolo Barceló

Clasificación editar

Pos Equipo Pts PX PG PE PP GF GC DG
1 FC Barcelona 72 25 24 0 1 158 43 115 Clasificados para a Liga Europea
2 Deportivo Liceo 61 25 20 1 4 126 51 75
3 CE Noia Freixenet 49 25 15 4 6 89 60 29
4 Reus Deportiu Miró 47 25 14 5 6 84 72 12
5 Garatge Plana Girona CH 41 25 11 8 6 54 64 -10 Clasificados para a Copa WSE
6 CH Caldes Recam Làser 40 25 11 7 7 87 77 10
7 Igualada Rigat HC 40 25 13 1 11 92 92 0
8 CP Calafell Tot L'Any 36 25 10 6 9 68 61 7
9 CE Lleida Llista Blava 25 25 7 4 14 61 88 -27
10 CP Voltregà Stern Motor 21 25 5 6 14 45 68 -23
11 Corredor Mató CH Palafrugell 21 25 6 3 16 51 104 -53
12 CP Taradell 16 25 4 4 17 47 100 -53
13 CH Lloret Vila Esportiva 15 25 4 3 18 46 89 -43
14 CP Vic 13 25 3 4 18 49 88 -39

Goleadores editar

Pos Xogador Equipo Goles
1   Pablo Álvarez FC Barcelona 38
2   Marc Grau Deportivo Liceo 34
3   Àlex Rodríguez Reus Deportiu Miró 32
4   Pau Bargalló FC Barcelona 32
5   João Rodrigues FC Barcelona 32
6   Jordi Méndez Igualada Rigat HC 31
7   Dava Torres Deportivo Liceo 26
8   Marc Julià Reus Deportiu Miró 21
9   Ignacio Alabart FC Barcelona 19
10   Ferran García Corredor Mató CH Palafrugell 19
11   Xavi Costa Noia Freixenet 19

Notas editar

  1. "Se vienen cambios en las OK Ligas" (en castelán). 11 de xuño de 2019. Consultado o 16 de decembro de 2020. 
  2. "Resolución para las competiciones de Hockey Patines" (en castelán). 2 de maio de 2020. Consultado o 16 de decembro de 2020. 
  3. "La RFEP proclama campeones al Barça y al Manlleu en la OK Liga masculina y femenina" (en castelán). 2 de maio de 2020. Consultado o 24 de xuño de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar