Tanzania nos Xogos Olímpicos

Tanzania participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1964, e dende entón competiu en cada edición dos Xogos Olímpicos de Verán, agás en 1976, cando se uniu a un boicot xunto con outros países africanos pola participación de Nova Zelandia (que daquela mantiña relacións coa Suráfrica do apartheid). O país nunca participou nos Xogos Olímpicos de Inverno.

Tanzania nos Xogos Olímpicos

Código COI TAN
Comité nacional Comité Olímpico de Tanzania
Medalleiro
Ouro
0
Prata
2
Bronce
0
Total
2

Os deportistas tanzanianos gañaron un total de dúas medallas, ámbalas dúas en atletismo.

O Comité Olímpico Nacional de Tanzania foi creado en 1968 e foi recoñecido polo Comité Olímpico Internacional ese mesmo ano.

Táboas coas medallas editar

Medallas nos Xogos de Verán editar

Xogos Atletas Ouro Prata Bronce Total Posto
  Toquio 1964 4 0 0 0 0
  Cidade de México 1968 - 0 0 0 0
  Múnic 1972 - 0 0 0 0
  Montreal 1976 non participou
  Moscova 1980 - 0 2 0 2
  Os Ánxeles 1984 - 0 0 0 0
  Seúl 1988 - 0 0 0 0
  Barcelona 1992 - 0 0 0 0
  Atlanta 1996 - 0 0 0 0
  Sydney 2000 - 0 0 0 0
  Atenas 2004 - 0 0 0 0
  Pequín 2008 - 0 0 0 0
  Londres 2012 - 0 0 0 0
  Río de Xaneiro 2016 - 0 0 0 0
  Toquio 2020 - 0 0 0 0
  París 2024 Evento futuro
  Os Ánxeles 2028
Total 0 2 0 2

Medallas por deporte editar

Xogos de Verán
Deporte Ouro Prata Bronce Total
  Atletismo 0 2 0 2
Total 0 2 0 2

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar