Xogos Olímpicos de 1976

Os Xogos Olímpicos de 1976 foron realizados en Montreal, Canadá, entre o 17 de xullo e o 1 de agosto de 1976, coa participación de 6.804 atletas de 92 estados competindo en 21 deportes, foron os primeiros marcados por un grande boicot de estados integrantes do movemento olímpico.

Modelo:Competición deportivaXogos Olímpicos de 1976
Editar o valor em Wikidata
Imaxe
Nome oficialSpiller vun der XXI. Olympiad Editar o valor em Wikidata
TipoXogos Olímpicos de Verán Editar o valor em Wikidata
MascotaAmik (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Composto porPolo aquático nos Jogos Olímpicos de Verão de 1976
Natação nos Jogos Olímpicos de Verão de 1976
Futebol nos Jogos Olímpicos de Verão de 1976 +
../... 24 Editar o valor em Wikidata
Número de participantes92
6.084 Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
Eventos olímpicos198 Editar o valor em Wikidata
LocalizaciónEstádio Olímpico de Montreal (pt) Traducir (Montreal)
Montreal (aglomeração urbana de Montreal (pt) Traducir) Editar o valor em Wikidata
PaísCanadá Editar o valor em Wikidata
Intervalo de tempo17 de xullo de 1976 – 1 de agosto de 1976 Editar o valor em Wikidata
Número de edición21  (1976) Editar o valor em Wikidata
Aberto oficialmente porIsabel II do Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Xuramento feito porPierre Saint-Jean (en) Traducir
Maurice Fauget (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Facho acendido porStéphane Préfontaine (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Outro
Páxina web oficialolympics.com… Editar o valor em Wikidata

1972 Editar o valor em Wikidata
1980 Editar o valor em Wikidata

Historia e características editar

Lideradas pola República do Congo, 26 estados africanos, Iraq e Güiana recusaron participar nos Xogos, en protesta pola recusa do Comité Olímpico Internacional en impedir a participación neles de Nova Zelandia, que mandara a un famoso equipo de rugby local de excursión por Suráfrica, país apartado da comunidade deportiva internacional pola súa política racial do Apartheid, facendo que o nivel de diversas probas do atletismo ficase abaixo do se podería agardar, xa que os africanos dominaban esas probas.

 
O Estadio Olímpico (Francés Le Stade Olympique). O prexuízo financeiro marcou os Xogos de Montreal

Montreal, conquistou o dereito de sediar os Xogos contra cidades importantes como Os Ánxeles e Moscova.

Economicamente, os Xogos foron un fracaso, causando o maior prexuízo financeiro da historia da competición, máis de 2 billóns de dólares americanos, levando ao Canadá a pasar décadas até conseguir eliminar a débeda contraída para a organización do evento. No campo deportivo, unha nova decepción, por primeira e única vez na historia, o país anfitrión terminaría a competición sen conseguir conquistar unha única medalla de ouro.

Nestes xogos introducíronse as modalidades femininas do baloncesto, balonmán e remo.

Fitos editar

  • A ximnasta romanesa Nadia Comăneci, de apenas 14 anos, foi a grande estrela de Montreal, ao ser a primeira atleta da historia en recibir a nota perfecta de 10.0 neste deporte, na modalidade de barras asimétricas. A nota tivo que ser presentada nos marcadores eletrónicos do ximnasio como 1.00, pois non fora fabricado para presentar dous díxitos antes da división da fracción, xa que a nota 10 era considerada imposible. Comaneci conquistou tres medallas de ouro e recibiu outras sete notas de 10 do equipo de xurados durante a competición.
  • A ximnasta soviética de ascendencia mongol Nelly Kim tamén conquistou tres medallas de ouro.
  • O ximnasta xaponés Shun Fujimoto conquistou unha excelente nota de 9.7 nas argolas, axudando a conseguir a medalla de ouro por equipos para Xapón, que disputaba a lideranza lado a lado coa URSS. Fujimoto realizou a proba co xeonllo quebrado. Anos despois, cando lle preguntaron se o volvería a facer, respondeu con contundencia: "Non, non o faría".[1]
  • O soviético Viktor Saneyev consagrouse tricampión olímpico do triplo salto, derrotando o entón marquista mundial, o brasileiro João Carlos de Oliveira.
  • Clarence Hill, das Bermudas, conquistou a medalla de bronce na categoría super-pesado do boxeo, dando ó seu país a honra de se tornar no de menor poboación do mundo (53 500 habitantes na época) en gañar unha medalla nuns Xogos Olímpicos.[2]
  • Jim Montgomery foi a primeira persoa que baixou dos 50 segundos nadando os 100 m libres, gañando na final con 49.99.
  • A República Democrática Alemá superou todas as expectativas finalizando segunda en número de medallas de ouro. Por exemplo, o equipo feminino de natación gañou todos os ouros agás dous, e Kornelia Ender gañou catro. Porén, estes éxitos foron logo socavados debido á dopaxe sistemática organizado polas autoridades deportivas.[3]

Modalidades disputadas editar

 
Participantes

Cadro de medallas editar

Cadro de Medallas  
Posición País                   Total
1   URSS 49 41 35 125
2   Alemaña do Leste 40 25 25 90
3   Estados Unidos 34 35 25 94
4   Alemaña do Oeste 10 12 17 39
5   Xapón 9 6 10 25
6   Polonia 7 6 13 26
7   Bulgaria 6 9 7 22
8   Cuba 6 4 3 13
9   Romanía 4 9 14 27
10   Hungría 4 5 13 22

Notas editar

  1. "Fujimoto caps Japanese success", BBC, 29 de setembro de 2000
  2. Plautz, Jason (26 de xullo de 2012). "The 21 Countries With One Olympic Medal" (en inglés). mentalfloss.com. 
  3. "Doping Scandal of East Germany in the 1970s". YouTube. Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2014. Consultado o 06 de agosto de 2021.