Tamsin Omond, nada o 19 de novembro de 1984, é unha autora, activista ambiental e xornalista británica. Fixo campaña para que o goberno do Reino Unido tome medidas para evitar o cambio climático provocado polo ser humano.[1] En 2009, Omond foi incluída na lista "Top 30 Power Players Under-30" do xornal The Sunday Times.[2]

Infotaula de personaTamsin Omond

(2011) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de novembro de 1984 Editar o valor em Wikidata (39 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónTrinity College
Westminster School
Open University Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , activista climático , xornalista , ecoloxista Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Verde Escocês (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
ParentesSir John Victor Elliott Lees, 3rd Bt. (pt) Traducir (bisavó)
Geraldine Mucha (pt) Traducir (avoa) Editar o valor em Wikidata

Twitter: tamsinomond Instagram: tamsinomond Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Despois de completar a súa educación secundaria na Westminster School, Omond graduouse no Trinity College en Cambridge, e obtivo tamén un máster en Ecoloxía e Xustiza social en The Open University. Omond é a neta de Sir Thomas Les, un barón inglés.[3][4]

En 2009, Omond publicou o libro Rush!: The Making of a Climate Activist.[5] Escribiu ademais artigos sobre cristianismo, cambio climático e dereitos humanos que foron publicados en Church Times, The Ecologist, The Guardian, Evening Standard e The Mail on Sunday.[6]

Omond orixinalmente fixo campaña como membro do grupo activista Plane Stupid, aínda que xa non é parte dese grupo.[7] É tamén fundadora do grupo activista Climate Rush.[8] Organizaron unha serie de protestas de alto nivel, incluída a escalada ao teito da Cámara dos Comúns para protestar contra a aviación, polo que foron arrestados e rescatados co compromiso de non volver acceder ao Parlamento. En outubro de 2008, incumpriron esta condición ao organizar unha carreira de 500 persoas contra o Parlamento do Reino Unido.[3] Isto provocou que se lles volvese a deter e foran ameazados con penas de prisión por incumprimento da liberdade baixo fianza. En lugar diso, foron rescatados cun aumento das condicións da fianza para prohibirlles achegarse a menos dun quilómetro do Parlamento.[9] Tamén organizou protestas contra a ampliación do aeroporto de Londres-Heathrow, e máis tarde uniuse ao Partido Verde de Inglaterra e Gales.[10][11]

Omond explica que todas estas accións están inspiradas nas sufraxistas, que usaran a acción directa para conseguir que as mulleres puidesen votar no Reino Unido a principios do século XX. De feito, chegouse a vestir como unha sufraxista para participar nunha protesta sobre o uso dos coches dirixida contra o automobilista e xornalista especializado en automobilismo Jeremy Clarkson.[12] Por todo iso, realizouse unha película independente sobre a conexión de Omond coas técnicas de campaña do movemento do sufraxio feminino.

Política editar

Omond presentouse como candidata ás eleccións xerais do Reino Unido en 2010 na recentemente creada circunscrición de Hampstead e Kilburn. Creou un novo partido independente, The Commons, e propúxose involucrar aos mozos nas eleccións e promover a sostibilidade a nivel local.[13] Tamén foi eloxiada polo xornalista Giles Coren.[14] Conseguiron 123 votos (0.2% do total de votos emitidos).[15]

En 2015, volveu presentarse ás eleccións xerais de 2015 no distrito electoral de East Ham polo Partido Verde de Inglaterra e Gales[16] e quedou en cuarto lugar, por diante do candidato demócrata liberal, logrando o 2.5% dos votos.[17]

Recoñecementos editar

En 2009, Omond entrou no "Top 30 Power Players Under-30" elaborado polo periódico The Sunday Times.[18] Ese mesmo ano, tamén foi incluída no posto 56 da "Pink List" do Independent on Sunday's, unha lista dos 101 homes e mulleres homosexuais máis influentes de Gran Bretaña.[19]

Obra editar

  • 2009 – Rush!: The Making of a Climate Activist. Marion Boyars Publishers Ltd. ISBN 978-0714531465.

Notas editar

  1. Bramley, Ellie Violet (26 de xullo de 2019). "Extinction Rebellion: 'Fashion week should be a declaration of emergency'" (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 24 de setembro de 2019. 
  2. Warrington, Ruby (8 de novembro de 2009). "The top 30 power players under 30". The Sunday Times (en inglés). ISSN 0956-1382. Consultado o 13 de decembro de 2019. 
  3. 3,0 3,1 https://www.telegraph.co.uk/news/3197706/Cambridge-graduate-banned-from-Palace-of-Westminster.html The Telegraph, 14 de outubro de 2008, Cambridge graduate banned from Palace of Westminster
  4. Tamsin Omond: Eco starlet The Sunday Times, 14 de decembro de 2008
  5. Unwin, Henry (6 de outubro de 2009). "Rush! The Making of a Climate Activist". Ecologist. Consultado o 3 de febreiro de 2010. 
  6. "Tamsin Omond". journalisted.com. Consultado o 19 de xullo de 2010. 
  7. "Climate activists get frosty with the glam face of Plane Stupid". The Evening Standard. Consultado o 14 de decembro de 2009. 
  8. "Jerome Taylor The Independent, 15 de outubro de 2008 'Green suffragette' is freed despite breach of bail conditions". Londres: Independent.co.uk. 15 de outubro de 2008. Consultado o 13 de abril de 2010. 
  9. Taylor, Jerome (15 de outubro de 2008). "'Green suffragette' is freed despite breach of bail conditions – Home News, UK". Londres: The Independent. Consultado o 19 de xullo de 2010. 
  10. "'People loved the idea of a posh girl falling on her face': Tamsin" (en inglés). Consultado o 3 de setembro de 2018. 
  11. carotomes, Author (22 de marzo de 2015). "Meet the candidates: Tamsin Omond" (en inglés). Consultado o 13 de decembro de 2019. 
  12. Vidal, John (17 de setembro de 2009). "Jeremy Clarkson targeted in manure dump protest by climate campaigners". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 13 de decembro de 2019. 
  13. Eoghan (5 de maio de 2010). "Eoghan O'Neill: Living in a marginal (3): Hampstead & Kilburn – the final showdown". Eoghan.org.uk. Consultado o 19 de xullo de 2010. 
  14. Coren, Giles (3 de abril de 2010). "Vote for someone you can trust Yourself". Londres. 
  15. "Hampstead and Kilburn – Camden elections 2010". .camden.gov.uk. Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2010. Consultado o 19 de xullo de 2010. 
  16. carotomes, Author (22 de marzo de 2015). "Meet the candidates: Tamsin Omond" (en inglés). Consultado o 13 de decembro de 2019. 
  17. "East Ham parliamentary constituency - Election 2019" (en inglés). Consultado o 13 de decembro de 2019. 
  18. Warrington, Ruby (8 de novembro de 2009). "The top 30 power players under 30". Londres. 
  19. "56 Tamsin Omond eco activist One of the protestors who last year scaled Parli". Londres: Independent.co.uk. 28 de xuño de 2009. Consultado o 13 de abril de 2010. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar