Partido Verde de Inglaterra e Gales

O Partido Verde de Inglaterra e Gales (en galés: Plaid Werdd Cymru a Lloegr, en inglés: Green Party of England and Wales) é un partido político ecoloxista británico fundado en 1973. Non ten representantes no Parlamento de Westminster, mais si no Parlamento Europeo e a nivel local. Mantén boas relacións co Partido Verde Escocés e co Partido Verde de Irlanda do Norte. A súa líder é Caroline Lucas.

Green Party of England and Wales (GPEW)
Plaid Werdd Cymru a Lloegr
Partido político de Inglaterra e Gales
Dirixentes e organización
LíderCaroline Lucas
MocidadesYoung Greens
Filiación internacionalPartido Verde Europeo
Historia
Fundación1973
Posicións políticas
IdeoloxíaEcoloxismo
Socialdemocracia
Euroescepticismo
Representación
Representación2 deputados no Parlamento Europeo
Outros datos
SedeWaterlow Road, 1. Londres N19 5NJ
Na rede
www.greenparty.org.uk/
Twitter: TheGreenParty Editar o valor em Wikidata

Ideoloxía editar

De xeito paralelo a outros grupos ecoloxistas e ambientalistas, ven de promover un manifesto para unha sociedade sostíbel. Tamén se opoñen á experimentación con animais e á mutación xenética dos alimentos, dando tamén apoio á ratificación do convenio de Quioto e se opón ao uso da enerxía nuclear. Tamén mantén correntes de representación interna de diversos colectivos, como o LGTB.

Drogas editar

O partido sostén que a prohibición das drogas non funciona. Apoia a legalización da posesión, comercio e cultivo do cánnabis. Despenalizaría a posesión de pequenas cantidades de drogas recreativas como o MDMA e legalizaría de xeito gradual tódalas drogas recreativas. Con isto agardan "retirar o comercio de drogas do control criminal e colocalo nun marco legal regulamentado e controlado"[1] e cita estudos que amosan como nos países onde o cánnabis está despenalizado, o seu uso é moito menor que no Reino Unido[2]. O partido tamén quere prohibir a publicidade de marcas de alcohol e tabaco[1].

Benestar animal editar

O Partido Verde oponse á toda experimentación con animais e avoga por substituíla por alternativas non animais. Quere rematar tamén coa gandaría intensiva. Apoia a prohibición das exportacións de animais vivos, da manipulación xenética, dos deportes sanguentos, dos circos, dos zoolóxicos (agás cando sexa en beneficio do animal) e das ropas de pel[1].

Goberno editar

O Partido Verde quere "modernizar e descentralizar" o actual sistema gobernamental de Inglaterra e Gales. Quere rematar coa monarquía británica e substituír a Casa dos Lords por unha segunda cámara elixida[3].

Historia editar

Foi fundado en 1973 como o PEOPLE Party, en 1975 trocou o seu nome polo de Ecologic Party, en 1985 por Green Party e en 1990 adoptou o nome actual. Nas eleccións europeas de 1999 obtivo 2 eurodeputados (Caroline Lucas e Jean Lambert), que mantivo nas eleccións europeas de 2004.

Non tivo éxito nas eleccións á Asemblea Nacional de Gales de 2007, nin nas eleccións ao Parlamento do Reino Unido de 2005, nas que non acadou representación, pero si nas da Asemblea do Grande Londres, onde teñen 2 de 25 membros (Darren Johnson e Jenny Jones).

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Young Greens (youth section of the Green Party of England and Wales) Policy Website". Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2006. Consultado o 17 de xullo de 2009. 
  2. cite="http://www.greenparty.org.uk/policies/health.html Arquivado 18 de maio de 2009 en Wayback Machine."
  3. Government and Democracy: Politics for People, Green Party, (en inglés)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar