Susana Germade
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2023.) |
Susana Germade, nada o 6 de decembro de 1977, é unha cantante galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de decembro de 1977 (46 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | cantante |
Lingua | Lingua castelá |
Instrumento | Voz |
Traxectoria editar
Estudou tres anos de teoría musical e guitarra no Conservatorio da Coruña. Marchou a Chile aos 18 anos, estudou xornalismo así como técnica vocal e interpretación. Iniciou a súa carreira musical de forma profesional cantando en distintos locais de Santiago de Chile, e cantando fados nun restaurante portugués. En 1999 gravou un disco promocional con outros artistas mozos, o que lle permitiu participar nunha xira polo país.
Chegada á Península editar
Marchou a España en 2001 e estudou música moderna en Barcelona. Publicou o seu primeiro disco en 2004 titulado coma o seu nome Susana Germade, onde inclúe fados, boleros e cancións populares de autores tan diversos como Amália Rodrigues, Caetano Veloso, Joan Manuel Serrat, Maria Bethânia, Silvio Rodríguez, Chico Buarque, Carlos Cano, Chico César, Tom Jobim ou Violeta Parra, interpretadas en portugués, español e galego. En 2007 comezou a xira Todo isto é fado.[1]
Notas editar
- ↑ "Susana Germade". La Voz de Galicia (en castelán). 2007-05-17. Consultado o 2023-04-29.