Susana
Susana é un nome propio feminino de orixe exipcia na súa variante en galego.
Etimoloxía editar
Provén do exipcio medio Sšn (‘flor de loto’). Aparece por vez primeira nun sarcófago da Undécima Dinastía do 2000 a. C.[Cómpre referencia]
Aparece tamén en Persia (onde se corresponde co nome do ‘lirio’), na antiga cidade de Susa. Nos mitos persianos, Shushan é tamén o nome do fillo (ou a filla, nalgunhas traducións) de Elam.
No aramaico shoshana significa tamén ‘lirio’. No entanto, a raíz hebraica do nome do lirio שושן deriva de שוש ou ששנ, que significa ‘ledo, brillante ou feliz’, e é a base da verba ששון sasson, que significa ‘ledicia’.
Aparece unha Susana no Evanxeo de Lucas (8:3), como unha das mulleres que acompañaban a Xesús Cristo.
Variantes editar
Variantes noutras linguas | |
---|---|
Español: Susana | |
Alemán: Susanne | |
Catalán: Susanna | |
Checo: Zuzana | |
Dinamarqués: Susanne | |
Eslovaco: Zuzana | |
Esloveno: Suzana | |
Esperanto: Susano | |
Francés: Suzanne | |
Galego: Susana | |
Grego: Σουσάννα | |
Finlandés: Susanna | |
Hebraico: Chochana, Shoshana | |
Húngaro: Zsuzsanna o Zsuzsa (diminutivo: ZsaZsa) | |
Inglés: Susan, Suzanne | |
Italiano: Susanna | |
Latín: Xuxa | |
Malaio: Sosamma | |
Ruso: Сусана (Susana) | |
Noruegués: Susanne | |
Polonés: Zuzanna | |
Portugués: Suzana | |
Serbio: Жужана | |
Sueco: Susanna |
Santoral editar
Estatísticas editar
O nome Susana é abundante en todo o norte do estado español, tamén en Galicia, pero especialmente en Asturias e León. En setembro de 2015, 6.566 mulleres levaban o nome de Susana en Galicia[1].
Santa Susana de Braga é patroa dunha parroquia na cidade de Santiago de Compostela.[2]
Persoeiros editar
Santas e beatas editar
- Santa Susana de Roma (século III), virxe e mártir romana; festividade: 11 de agosto.
- Susana de Braga, virxe mártir do século III - Festividade: 14 de abril. Ten especial devoción en Santiago de Compostela.
- Santa Susana (século II), patricia romana, mártir; festividade: 29 de agosto.
- Santa Susana de Taormina; festividade: 7 de xuño.
- Santa Susana de Tavium, virxe e mártir; festividade: 24 de maio.
Galegas editar
- Susana Seivane, gaiteira galega.
- Susana Sánchez Aríns, poeta galega.
- Susana Dans, actriz galega.
- Susana López Abella, política galega.
- Susana Vázquez Dorado, política galega.
- Susana Fortes, escritora e xornalista galega.
- Susana Germade, cantante galega.
- Susana Quintás, economista e empresaria galega.
Outras editar
- Susana de Italia, condesa de Flandres.
- Susan McFadden, actriz e cantante irlandesa.
- Susana Díaz, política andaluza.
- Susana Giménez, actriz arxentina de cinema.
Susana na arte editar
Pintura editar
- Susana no baño, pintura de Tintoretto.
Música editar
- Susana Seivane (álbum), primeiro álbum de estudio da gaiteira Susana Seivane.
- A tradicional canción estadounidense Oh! Susanna (1847), de Stephen Foster (1826-1864) [3]
- Suzanne (1968), unha das cancións máis coñecidas de Leonard Cohen [4]
- Suzanne (1984), é un clásico dos anos oitenta de The Art Company [5]
Cinema editar
- O filme Susana (1951) —tamén coñecido como Demonio y carne—, do director hispanomexicano Luis Buñuel (1900-1983).
- O filme dinamarqués Susana (1951).
Publicacións editar
- a revista Susana, editada por Susana Giménez.
Toponimia editar
- Susana, comuna no Departamento Castellanos, provincia de Santa Fe (Arxentina).
- A Susana, lugar da parroquia do Viveiró, no concello de Muras;
- A Susana, lugar da parroquia de Marrozos, no concello de Santiago de Compostela;
- Estación da Susana, apeadoiro de Adif, situado na Susana.
- Carballeira de Santa Susana, carballeira en Santiago de Compostela.
Notas editar
- ↑ Fonte: Instituto Nacional de Estadística, nome Susana
- ↑ "Santiago (Santa Susana De Afora)". Listings (en castelán). 2023-11-06. Consultado o 2023-11-10.
- ↑ Versión de James Taylor & Johnny Cash.
- ↑ YouTube.com.
- ↑ YouTube.com.
Véxase tamén editar
Outros artigos editar
- Santa Susana, homónimos.
- Carballeira de Santa Susana.