Supercopa de España de hóckey a patíns 2018-2019

A Supercopa de España de hóckey a patíns 2018-2019 é a 16ª edición da Supercopa de España. A competición disputouse os días 15 e 16 de setembro de 2018 na localidade catalá de Sant Sadurní d'Anoia e foi organizada pola Real Federación Española de Patinaxe, a Asociación de Clubes de Hóckey a Patíns (ACHP) e o Club Esportiu Noia.[1] Coincidindo coa disputa da Supercopa de España, o 14 de setembro presentouse na sede de Cavas Freixenet en Sant Sadurní d'Anoia a tempada 2018-19 da OK Liga e a OK Liga Feminina con representantes de todos os cadros de xogadores de ambas competicións e as máximas autoridades do hóckey a patíns español.[2]

Supercopa 2018
O Pavelló Olímpic de l'Ateneu Agrícola acolleu todos os partidos da competición.
Detalles do torneo
CidadeSant Sadurní d'Anoia, Cataluña, España
PavillónPavelló Olímpic de l'Ateneu Agrícola
Datas15–16 de setembro de 2018
Posicións finais
Campión H.C. Liceo
Subcampión F.C. Barcelona
Galardóns e estatísticas

Ao finalizar a competición o Hockey Club Liceo da Coruña alzouse co título logo de derrotar na final ao Barça Lassa por 3-2 cun gol a falta de 10 segundos para a conclusión do partido. Esta foi a segunda vez na súa historia que o equipo coruñés gañou o título, dous anos despois do primeiro título conseguido en Reus fronte ao Reus Deportiu.[3]

Pau Bargalló do Barça Lassa, Carlo Di Benedetto e Eduard Lamas, ambos do H.C. Liceo, foron os tres máximos goleadores do torneo, con dous goles cada un, se ben Di Benedetto e Lamas foron os únicos que marcaron nos dous partidos. Todos os partidos da edición finalizaron con idéntico resultado (3-2).

Sede editar

A competición disputouse no Pavelló Olímpic de l'Ateneu Agrícola de Sant Sadurní d'Anoia, un pavillón deseñado polo arquitecto Joan Rovira inaugurado en 1981 e con capacidade para máis de 1 000 persoas.[4][5] Ten unha superficie de terrazo de 40 x 20 metros.[6]

Esta foi a segunda vez que o pavillón acolleu a Supercopa de España, logo de ter organizado a competición en 2011, así como as fases finais da Copa do Rei e a Copa da Raíña en 2001 e 2008 respectivamente, e foi sede da rolda preliminar da competición de hóckey a patíns dos Xogos Olímpicos de 1992. Ademais acolle os partidos disputados polo Club Esportiu Noia, tanto na OK Liga como nas competicións europeas dende a súa inauguración, substituíndo a pista descuberta na que o equipo xogaba ata a súa inauguración.[4][6][7]

Participantes e sistema de competición editar

O torneo disputouse en formato de final a catro, con eliminatorias directas de dúas semifinais e final. O xoves 26 de xullo de 2018 celebrouse o sorteo dos calendarios da tempada 2018-19 da OK Liga, OK Liga Feminina, OK Liga Prata, e a Supercopa de España. O acto tivo lugar no auditorio do Museu Olímpic i de l’Esport Joan Antoni Samaranch, en Barcelona, e contou coa presenza de Carmelo Paniagua, presidente da Real Federación Española de Patinaxe, e o Comité Nacional de Hóckey a Patíns, Josep Ribas. O sorteo das semifinais foi o terceiro que se realizou no acto, logo dos da OK Liga Feminina e a OK Liga Prata.[8]

Nesta edición participaron un total de catro equipos, os tres primeiros clasificados da OK Liga 2017-18 e o Club Esportiu Noia como anfitrión.[a] Os catro equipos participantes foron os seguintes:[9]

Cadros de xogadores editar

Os xogadores que integraron os equipos participantes nesta edición da Supercopa de España foron os seguintes:[b][10][11]

Barça Lassa
Número Nome Posición
1   Aitor Egurrola (C) POR
3   Marc Gual DEF/MED
4   Matías Pascual DIA
7   Pablo Álvarez DIA
8   Pau Bargalló DIA
9   Sergi Panadero DIA
24   Nil Roca DEF/MED
33   Ignacio Alabart DEF/MED
79   João Rodrigues DIA
10   Sergi Fernández POR
Corpo técnico
Adestrador Eduardo Castro
Segundo adestrador Jordi Roca Lázaro
HC Liceo
Número Nome Posición
1   Xavier Malián POR
3   Josep Lamas (C) DEF/MED
6   Eduard Lamas DEF/MED
8   David Torres DIA
9   Carlo di Benedetto DEF/MED
13   Facundo Bridge DIA
21   Fabrizio Ciocale DIA
23   Marc Coy DIA
55   Sergio Miras DEF/MED
10   Martín Garaboa POR
Corpo técnico
Adestrador Juan Copa
Reus Deportiu
Número Nome Posición
1   Candid Ballart POR
2   Joan Salvador Escala DEF/MED
5   Joan Salvat (C) DIA
6   Romá Bancells DEF/MED
14   Tiago Rafael DEF/MED
15   Marc Julià DIA
17   Cristian Rodríguez DIA
27   Alex Rodríguez DIA
55   César Carballeira DEF/MED
10   Juan José Matilla POR
Corpo técnico
Adestrador Jordi García Roselló
Segundo adestrador Ramón Margalef Torrell
Noia Freixenet
Número Nome Posición
77   Jesús Fernández POR
4   Aleix Esteller (C) DEF/MED
6   Xavier Costa DIA
7   Roger Coma DEF/MED
8   Humberto Mendes DEF/MED
9   Marc Grau DIA
44   Sergi Roca DIA
55   Sergi Aragonés DIA
66   Eduard Fernández DEF/MED
10   Martí Zapater POR
Corpo técnico
Adestrador Pere Varias Fernández
Segundo adestrador Antonia Aranda Córdoba

Resultados editar

  Semifinais Final
             
15 de setembro - Sant Sadurní d'Anoia
    Reus Deportiu 2  
    H.C. Liceo 3  
 
16 de setembro - Sant Sadurní d'Anoia
        H.C. Liceo 3
      Barça Lassa 2
15 de setembro - Sant Sadurní d'Anoia
    Barça Lassa 3
    Noia Freixenet 2  


Semifinais editar

Reus Deportiu vs H.C. Liceo

Na primeira semifinal enfrontáronse o Reus Deportiu e o H.C. Liceo nun partido moi intenso. O conxunto galego sentenciou o partido na primeira parte, na que Di Benedetto, e os irmáns Lamas despois, deixaban un claro 0-3 ao descanso. Na primeira parte o Liceo dominou a bóla e tivo numerosas ocasións para abrir o marcador, entre elas unha falta directa que Di Benedetto non conseguiu transformar, se ben uns minutos despois anotaba o primeiro tanto a pase de Miras, a este lle seguirían outros dous, primeiro por medio de Josep Lamas a pase de Eduard Lamas, que anotaría o terceiro a pase de seu irmán. Na segunda parte o Liceo limitouse a esperar ao Reus, dándolle vida ao conxunto catalán, ao que lle anularon un gol, e por mediación de Cristian e Julià reducía a vantaxe liceísta, e unha directa errada por Julià a pouco máis dun minuto evitaba o empate dos xogadores de Jordi García.[12][13][14]


Reus Deportiu 2 – 3 H.C. Liceo 15 de setembro de 2018, 19:00 – Ateneu Agrícola, Sant Sadurní d'Anoia
Asistencia: 800[12]
Árbitro: G. Sandoval e A. De la Hera
Cristian   39'
Julià   43'
Informe
Di Benedetto   14'
J. Lamas   18'
E. Lamas   19'
 
F.C. Barcelona vs C.E. Noia

Na segunda semifinal o anfitrión recibiu ao Barça Lassa, bicampión de liga e copa na tempada precedente. Os culés adiantáronse no marcador por medio de Bargalló e o coruñés Alabart na primeira metade, mais o Noia conseguiu recurtar a diferenza cun gol do angolano Mendes logo dun disparo de Esteller pouco antes do descanso. Na segunda parte Eduard empataba o encontro ao transformar unha falta directa, mais poucos minutos despois un novo tanto de Bargalló deixaba o definitivo 3-2 no marcador, a pesar dos intentos do Noia, os anfitrións non conseguiron chegar con suficiente perigo á portería de Egurrola.[14][15]


Barça Lassa 3 – 2 Noia Freixenet 15 de setembro de 2018, 21:00 – Ateneu Agrícola, Sant Sadurní d'Anoia
Asistencia: 1 000[15]
Árbitro: J.A. Ribó e R. Burgos
Bargalló   9',   33'
Alabart   24'
Informe
Mendes   24'
Eduard   29'
 

Final editar

O Liceo e o Barcelona, os dous finalistas da Copa do Rei de 2018 e os dous primeiros clasificados na OK Liga, disputaron unha final moi igualada. O primeiro gol do partido chegou dende o punto de penalti, dende onde Panadero puña en vantaxe aos azulgrana. A pesar do gol o partido non mudou e as defensas seguiron dominando ata que o pequeno dos Lamas igualou o encontro a tres minutos para o descanso. Pouco antes do descanso o equipo coruñés puido adiantarse no marcador logo dun cartón azul amosado a Panadero, mais Di Benedetto fallou a directo. Na reanudación, e co Liceo aínda en superioridade, o cadro herculino adiantouse grazas a un potente disparo de Coy. A falta de 15 minutos o Liceo púxose con nove faltas, a unha do lanzamento directo. A falta de sete minutos para o final do partido Matías Pascual igualou o partido. No tramo final do partido, e cos dous equipos con nove faltas, volveu o control que dominou o inicio do choque, ata que a dez segundos para o final Di Benedetto superou a Sergi Fernández e anotaba o terceiro gol liceísta a pase de Miras.[16][17][18]


H.C. Liceo 3 – 2 Barça Lassa 16 de setembro de 2018, 20:00 – Ateneu Agrícola, Sant Sadurní d'Anoia
Asistencia: 1 000[16]
Árbitro: I. González e M. Díaz
E. Lamas   22'
Coy   26'
Di Benedetto   49'
Informe
Panadero   3' (p)
Pascual   43'
 
Campión da Supercopa de España 2018-2019
 
H.C. Liceo
2º título

Notas editar

  1. O Club Esportiu Noia foi o cuarto clasificado da tempada 2017-18 da OK Liga.
  2. Os datos dos xogadores están tomados das estatísticas de cada partido disputado dispoñibles no sitio web da Real Federación Española de Patinaxe, así como do sitio web ceroacero.es. As posicións de cada un dos xogadores están tomadas da ficha de cada xogador no sitio web ceroacero.es. A nacionalidade dos xogadores está tomada de ceroacero.es.
Referencias
  1. "La Supercopa de España se celebra en Sant Sadurní d'Anoia" (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. 15 de setembro de 2018. Consultado o 15 de setembro de 2018. 
  2. "Presentada la OK Liga y la OK Liga Femenina en Sant Sadurní d'Anoia" (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. 14 de setembro de 2018. Consultado o 20 de setembro de 2018. 
  3. "1-2: El Liceo supera al Reus y gana su primera Supercopa de España". Mundo Deportivo (en castelán). 18 de setembro de 2016. Consultado o 20 de setembro de 2018. 
  4. 4,0 4,1 "The subsites" (PDF). 1992 Summer Olympics official report (en inglés) 2: 337–41. 
  5. "La Supercopa de España se celebrará en Sant Sadurní d'Anoia" (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. !2 de xullo de 2018. Consultado o 15 de setembro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 "Pavelló Olímpic de l’Ateneu" (en catalán). Club Esportiu Noia Freixenet. Consultado o 17 de setembro de 2018. 
  7. "Història" (en catalán). Club Esportiu Noia Freixenet. Consultado o 18 de setembro de 2018. 
  8. "La Supercopa de España de hockey patines será el 15 y 16 de septiembre". Sport (en castelán). 26 de xullo de 2018. Consultado o 18 de setembro de 2018. 
  9. "Barça, Liceo, Reus y Noia, a por la Supercopa en Sant Sadurní d'Anoia". Mundo Deportivo (en castelán). 14 de setembro de 2018. Consultado o !5 de setembro de 2018. 
  10. "Reus vs Liceo" (en castelán). ceroacero.es. Consultado o 22 de setembro de 2018. 
  11. "Noia vs Barcelona" (en castelán). ceroacero.es. Consultado o 22 de setembro de 2018. 
  12. 12,0 12,1 "2-3: El Liceo, primer finalista de la Supercopa tras vencer al Reus Deportiu". Mundo Deportivo (en castelán). 15 de setembro de 2018. Consultado o 16 de setembro de 2018. 
  13. "Dos caras que valen una final". La Opinión (en castelán). 16 de setembro de 2018. Consultado o 20 de setembro de 2018. 
  14. 14,0 14,1 "HC Liceo y Barça Lassa se enfrentarán en la final de la Supercopa" (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. 15 de setembro de 2018. Consultado o 20 de setembro de 2018. 
  15. 15,0 15,1 "3-2: El Barça, a la final de la Supercopa tras batir al Noia". Mundo Deportivo (en castelán). 15 de setembro de 2018. Consultado o 16 de setembro de 2018. 
  16. 16,0 16,1 "3-2: El Liceo gana la Supercopa al Barça a 10” del final". Mundo Deportivo (en castelán). 16 de setembro de 2018. Consultado o 17 de setembro de 2018. 
  17. "El Liceo, campeón de la Supercopa de España". La Opinión (en castelán). 16 de setembro de 2018. Consultado o 21 de setembro de 2018. 
  18. "El HC Liceo se proclama campeón de la Supercopa de España" (en castelán). Real Federación Española de Patinaxe. 16 de setembro de 2018. Consultado o 20 de setembro de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Resumos dos partidos
Ligazóns xerais