Super Bock

compañía cervexeira portuguesa

Super Bock é unha compañía cervexeira portuguesa propiedade da empresa Unicer. Foi lanzada en 1927[1]. Actualmente lidera, xunto co seu principal competidor Sagres, o mercado cervexeiro portugués, representando ámbalas dúas marcas o 89.5% do mercado luso.[2]

Super Bock

Painel en Luanda, Angola.
TipoSociedade anónima
Fundación1927
MatrizUnicer Bebidas de Portugal, SGPS, SA
LocalizaciónLeça do Balio, Matosinhos Portugal Portugal
IndustriaAlimentación cervexa
ProdutosSuper Bock Original, Super Bock Sem Álcool, Super Bock Classic, Super Bock Stout, Super Bock Green, Super Bock Abadia, Super Bock Selecção 1927, Super Box Mix
Na rede
http://www.superbock.pt/
Facebook: 100064792868148 Twitter: superbock Instagram: superbock Youtube: UCltxfXhhIMWsD9n-lQbGChA Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Cervexas editar

Nunha estratexia de diversificación de sabores da marca, Super Bock lanzou nos últimos anos, unha nova e variada gama de produtos:

  • Super Bock: cervexa branca que conta con 35 medallas (28 de ouro consecutivas) no Monde Selection de la Qualité. Ten un aroma lixeiramente afroitado e sabor suave e lixeiramente amargo. Ten unha gradación alcohólica de 5,2 graos.
  • Super Bock Cool: cervexa con menos alcohol e fácil de abrir.
  • Super Bock Stout: cervexa negra elaborada con maltes especiais. Ten un aroma suave, caramelizado e lixeiramente afroitado. O seu sabor é entre amargo e suave, lixeiramente tostado de malte. Ten un 5,0 % de alcohol.
  • Super Bock Green: cervexa enriquecida cun 1 % de zume de limón. Destaca o aroma a limón e ten un sabor lixeiramente doce cun pouco de limón. Ten un baixo volume alcohólico, cun 4,0 %.
  • Super Bock Abadia: cervexa con fermentación extra e cor rubí, máis escura. O seu aroma é máis forte e con corpo a malte e caramelo, mentres que o seu sabor é pouco amargo e doce. A súa gradación é de 6,4 graos.
  • Super Bock Abadia Rubí: cervexa gourmet pensada para acompañar pratos de carne. Cor rubí. O seu aroma ten notas de malte e caramelo e o seu sabor é suave e redondo na boca e cun final lixeiramente doce. Ten 6,8 graos.
  • Super Bock Abadia Gold: cervexa de gourmet seca e afroitada, suave e pouco amarga, está pensada para acompañar os pratos de peixe. Cervexa de fermentación completa, sen deixar azucres ao final do proceso. Ten un aroma exuberante e afroitado, mentres que o seu sabor é suave e pouco amargo, pouco doce e cunha lixeira acidez. Ten un 6,8 % de alcohol.
  • Super Bock XpresS en Garrafa: cervexa en botella elaborada coa mesma fórmula e proceso que a Super Bock de barril. Ten un aroma lixeiramente esterificado, afroitada, con corpo e cun amargor equilibrado. O seu sabor é lixeiro e refrescante. Ten un 4,9 % de alcohol.
  • Super Bock sem Álcool Pilsener: cervexa totalmente fermentada, o alcohol é retirado ao final da elaboración mediante un proceso físico. Ten a metade de calorías que unha cervexa normal. O seu aroma é igual ao de calquera cervexa con alcohol e o seu sabor é suave e moderadamente amargo.
  • Super Bock sem Álcool Preta: cervexa sen alcohol negra e coa metade de calorías. Ten un aroma suave, caramelizado e lixeiramente afroitado e o seu sabor é doce e lixeiro. O seu volume de alcohol é inferior ao 0,5 %.
  • Super Bock sem Álcool Limão: cervexa con sabor a limón cun 0,0 % de alcohol e baixa en calorías. Doce e suave na boca e lixeira acidez.
  • Super Bock Tango: cervexa con grosella.
  • Super Bock Twin: cervexa sen alcohol.

Patrocinio editar

Super Bock dinamizou o panorama dos Festivais de Verán en Portugal co lanzamento do "Super Bock Super Rock" en 1995, festival que atrae a Portugal, dende o seu inicio, a algunhas das bandas de prestixio e intérpretes solistas, espallándose polos palcos lusos e doutros puntos da Península Ibérica.

Notas editar

  1. "Marcos Históricos (sitio oficial)". Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2011. Consultado o 17 de setembro de 2011. 
  2. Tvi24, 02/03/2009: «Sagres» começa 2009 a ultrapassar «Super Bock» Arquivado 10 de setembro de 2018 en Wayback Machine.(en portugués)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar