Sociedade anónima

En España unha sociedade anónima ou S.A. é unha sociedade mercantil que ten un capital mínimo de 60.000€ dividido en accións. As débedas que contraia saldaranse unicamente có capital social, non respondendo persoalmente os accionistas por estas débedas. Réxense polo Texto Refundido da Lei de Sociedades Anónimas aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1564/1989 do 22 de decembro.

Constitución editar

A sociedade debe constituírse mediante escritura pública e esta inscribirse no Rexistro Mercantil, co que adquire así personalidade xurídica